Non somos un problema, senón parte da solución

Nos últimos tres meses hai en España 400.000 novos parad@s. Isto engadido á suba da carestía da vida, a redución de salarios e o incremento dos impostos, fai que o día a día sexa tremendamente dramático para moitas familias. Ante esta situación, o mantenemento e fortalecemento dos servizos públicos básicos, como a educación, non soamente é necesario, senón imprescindible para manter a igualdade de oportunidades.

Non soamente supoñen un grave ataque e debilitan o ensino público e os seus profesionais, senón que abren aínda máis a fenda da desigualdade reducindo a mobilidade social

As medidas tomadas nas últimas semanas polo Goberno de Rajoy, como a redución dun 11.6% das bolsas e axudas a estudos, dun 41.4% as Erasmus, o incremento do ratio de alumnos por aula a 30 alumnos en Primaria, 36 en Secundaria e 42 en Bacharelato, a suba das taxas universitarias, o atraso na posta en marcha de ciclos de formación profesional, a non substitución das baixas do profesorado…, van xustamente no sentido contrario. Non soamente supoñen un grave ataque e debilitan o ensino público e os seus profesionais, senón que abren aínda máis a fenda da desigualdade reducindo a mobilidade social, fomentando unha Universidade elitista e segregadora e limitando o dereito a educación da clase traballadora.

Parece que o Goberno puxo como obxectivo truncar os soños e ilusións dos cidadáns e cidadás, pero non de todos, soamente daqueles que menos teñen, xa que, mentres asistimos ao deterioro do noso ensino público, o de tod@s,  presenciamos como se incrementan os concertos con centros privados, o 80 % dos cales pertence ao clero. Así pois o PP, no que á educación se refire, non soamente practica o amiguismo político-empresarial, senón que segue leal ao seu socio ideolóxico, a Igrexa.

O PP, no que á educación se refire, non soamente practica o amiguismo político-empresarial, senón que segue leal ao seu socio ideolóxico, a Igrexa

O 22 de Maio, alumnos/as e profesores/as están chamados a unha folga que é a de tod@s aqueles que cremos nunha educación pública de calidade. Un ensino que favoreza a competitividade e innovación do noso país e que permita a cada persoa desenvolver plenamente as súas capacidades. Unha educación pública que nos permita seguir atopándonos cada día con profesionais que chegaron a selo con independencia de cal sexa a súa orixe ou estamento social. Xa que, aínda que algúns se empeñen en decirnos o contrario, os cidadán s e cidadás non somos un problema, senón parte da solución.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.