Outravolta a entrega dos premios Mestre Mateo do sector audiovisual galego pon baixo o foco a deconstrución inmisericorde nun sector que achegaba (canda o resto das industrias culturais) antes da Gran Depresión máis do 3% do PIB galego (6% na Europa).
Hai agora 25 anos das primeiras tres longametraxes galegas (Sempre Xonxa, Urxa e mais Continental) e 15 da Lei galega do Audiovisual do 1999 que o Parlamento galego aprobara por unanimidade
Hai agora 25 anos das primeiras tres longametraxes galegas (Sempre Xonxa, Urxa e mais Continental) e 15 da Lei galega do Audiovisual do 1999 que o Parlamento galego aprobara por unanimidade e definira un marco, hoxe semella que acaido, para o desenvolvemento dun sector que xerou moitísimos retornos. Pensemos que o 80% dos gastos dunha longametraxe invístense en pagar soldos aos traballadores (de 400 a máis de 1.000).
Mais o Goberno de Feijóo decidiu que o audiovisual non é un sector estratéxico. E o Goberno do Estado, ao subir o IVE do 8% ao 21%, decidiu que a creación cultural constituía un luxo asiático, mentres que a merca de obras de arte, actividade estratéxica para as elites, recibía de contado o agasallo da rebaixa do IVE ao tipo xeral do 10%. A mensaxe era nidia: o sector non lle era grato aos gobernantes. Nas prudentes verbas dun voceiro do sector no 2012 “de hoxe en diante convén confiar nos Poderes Públicos”.
Mais o Goberno de Feijóo decidiu que o audiovisual non é un sector estratéxico. E o Goberno do Estado, ao subir o IVE do 8% ao 21%, decidiu que a creación cultural constituía un luxo asiático
E, malia o 60% de taxa de desemprego sectorial e os máis de dous mil empregos perdidos desde que principiou a crise, a creación audiovisual galega segue viva, amosando a altísima capacidade técnica e profesional do sector. Mais ocorre que as canles de distribución, polo menos na Galicia e no Estado, non son quen de pagar dignamente uns produtos de grande calidade. Por mor da roñería dos Gobernos actuais, ben é certo, mais tamén por erros na planificación do desenvolvemento dun sector que debeu pensar na súa internacionalización.
Un país que non é quen de vender as súas historias será, sempre, un país irrelevante. Se non contamos as nosas historias, outros contarán as súas. E teremos que lles pagar royalties
Mais, no que atinxe ao mercado interno, sucede que os galegos gostan dos seus produtos audiovisuais. Pero é dez veces máis doado que un produto de serie D de Hollywood chegue aos nosos mozos ca un produto sobranceiro do noso audiovisual. E iso ten solución. Custa cartos, autoaprezo e imaxinación. Mais achegará un lote de retornos económicos e sociais.
Un país que non é quen de vender as súas historias será, sempre, un país irrelevante. Se non contamos as nosas historias, outros contarán as súas. E teremos que lles pagar royalties.