A aparición na escena social e política do Movemento Cidadán A Quinta avogando por converter a Comarca do Bierzo na Quinta provincia da Comunidade Autónoma de Galiza puxo encima da mesa unha proposta distinta e novidosa a hora de falar de reforma constitucional. A proposta de fundo que pon encima da mesa A Quinta non só busca dar un mellor encaixe as nacionalidades periféricas dentro do estado, senón que tamén aposta por unha simplificación e adelgazamento administrativo mediante a redución de comunidades autónomas por medio da fusión e cambio de fronteiras interiores do Estado Español.
Nos vindeiros meses o debate territorial do Bierzo vai chegar á política galega e que desde aquí pode estenderse ao conxunto do estado cunha proposta de fundo que pasa por unha necesaria simplificación administrativa do estado baseada na aceptación da realidade cultural e lingüística existente
A aprobación da constitución española no 1978 viu a ratificar a división territorial de Javier de Burgos que o único que buscaba era dividir e polo tanto debilitar as nacionalidades periféricas. Ao debilitamento das nacións periféricas, pola falta da unidade administrativa, somóuselle a negación da unidade lingüística. O obxectivo non foi outro que dividir para vencer. Por sorte no Bierzo o debate idiomático está relativamente ben, xa que a veciñanza ten claro que no Bierzo se falaba e se fala galego. A día de hoxe aínda son moitas as familias que seguen a transmitir o galego de forma oral e tampouco debemos desprezar o feito que o galego foi elixido como sinatura optativa por milleiros de estudantes nos últimos anos.
Todo indica que nos vindeiros meses o debate territorial do Bierzo vai chegar á política galega e que desde aquí pode estenderse ao conxunto do estado cunha proposta de fundo que pasa por unha necesaria simplificación administrativa do estado baseada na aceptación da realidade cultural e lingüística existente. Un Estado con menos comunidades autónomas. E unhas comunidades autónomas máis pegadas a realidade. Está visión de futuro é xustamente o contrario da aposta que fai leonesismo que busca a creación dunha nova comunidade autónoma negando o carácter provincial do Bierzo (brutal) ou esa aposta (en falso) de dar cabida a reformas estatutarias (Asturias) que dea lugar a comunidades con tres idiomas cooficiais (brutal novamente).
A Quinta non ten un discurso que pretenda saltar as regras constitucionais senón que busca os consensos políticos para facer uso das mesmas
A aposta que fai A Quinta, ten ademais a virtude de deixar en coiros ese discurso do PP e o PSOE que fai causa na defensa das regras constitucionais. A Quinta non ten un discurso que pretenda saltarse as regras constitucionais senón que busca os consensos políticos para facer uso das mesmas. Negar a posibilidade que o Bierzo se constitúa en provincia e se integre na CAG é negar as regras constitucionais as que se agarran os partidos nacionalistas españois. Non dar cabida á lexítima demanda do Bierzo significará deixar ao descuberto as miserias dos españolistas que entenden que nada pode e nada debe cambiar senón se trata dun proceso recentralizador e negador da realidade pluricultural e plurilingüística do estado baseado nun recorte de dereitos colectivos en toda regra.