A X Asemblea Nacional de Iniciativa Per Catalunya Verds (ICV) será, sen dubida, un acto de grande percorrido político na política catalá e europea.
A X Asemblea Nacional de Iniciativa Per Catalunya Verds (ICV) será, sen dubida, un acto de grande percorrido político na política catalá e europea
E serao non só pola realidade consolidada dunha organización central na política catalá e española, polo que representa cuantitativamente cos seus preto de 10.000 afiliados e afiliadas, pola súa presenza institucional no parlamento catalá, no congreso dos deputados, no senado e no parlamento europeo, ou na presenza en varios centos de concellos gobernando en moitos, e coa responsabilidade da alcaldía en preto de 40 concellos.
Nin tan sequera por que o goberno de esquerda e catalanista da Generalitat durante dúas lexislaturas non seria entendible sen a súa presenza, sendo o único que reivindica a súa acción de goberno, e saíndo do mesmo fortalecido a diferenza do que estamos acostumados con partidos de esquerda que cando gobernan se esnaquizan. Aínda con erros e decisións criticables, a xestión das áreas desenvolvidas por ICV no goberno da Generalitat destacou que a esquerda transformadora tamén ten a obriga de asumir responsabilidades nos gobernos, por difíciles e complexas que sexan, e de desenvolver políticas que amosen a vixencia, rigor e solvencia dos seus programas políticos.
Serao fundamentalmente pola coherencia acadada en todas as súas formulacións políticas e a forza das ideas, dos debates e das propostas para Catalunya, para o Estado e para Europa
Serao fundamentalmente pola coherencia acadada en todas as súas formulacións políticas e a forza das ideas, dos debates e das propostas para Catalunya, para o Estado e para Europa, que lles vai permitir abordar, con garantías de éxito, novos retos e desafíos, nos peores contextos políticos e económicos en tódolos ámbitos.
Tal como dixemos na nosa intervención durante o acto "os membros de Espazo Ecosocialista pertencemos a unha xeración que namentres outros buscaban referentes en outras latitudes e en correntes políticas de moda, nos mirábamos ao mediterráneo, a Italia e a Catalunya. Aprendiamos da política nacional do PSUC, liamos a Manuel Sacristan, a Vázquez Montalban, a Francisco Fernández Buey e a tantos outros dos grandes intelectuais que teñen construído o pensamento da esquerda catalá, observábamos con gran interese a transformación da esquerda comunista transformadora do século XX á esquerda ecosocialista transformadora do século XXI".
"Os membros de Espazo Ecosocialista pertencemos a unha xeración que namentres outros buscaban referentes en outras latitudes e en correntes políticas de moda, nos mirábamos ao mediterráneo, a Italia e a Catalunya"
A asemblea celebrouse baixo o lema Xunt@s podemos cambialo todo e diso ían os debates políticos da mesma. Construír un programa radical democrático centrado nun novo modelo económico sostible e estacionario, un sistema financeiro baseado na banca pública e ética, impulsar a renda de garantía da cidadanía, un novo modelo enerxético baseado nas enerxías renovables, un plano de economía social e solidaria e o apoio a formular cooperativistas, a defensa do ben común, o decrecemento, o dereito a decidir,… Como destacou Joan Herrera, novo co-coordinador xunto con Dolors Camats, no seu resumo do debate dos relatorios, a maioría das emendas tiñan contido económico, dotando ás propostas de transformación económica da centralidade necesaria.
A maioría das emendas tiñan contido económico, dotando ás propostas de transformación económica da centralidade necesaria
Pero sen dubida se algún tema centrou o foco mediatico e social da asemblea, coma non podía ser doutro xeito, foi o proceso dun novo período constituínte e o dereito a decidir.
Non se trata de se se instaura a I república galega ou a III república española que tamén, senón de abrir un proceso a diferentes niveis complementarios para vertebrar unha nova democracia en Europa, en España e en Galicia. Obviamente unha nova democracia radicalmente participativa, republicana e laica, onde cohabiten diferente co-soberanias baixo o principio do dereito a decidir coa mesma facilidade sobre se incorporarse ou saírse, sustentable social e medioambientalmente, e onde a economía estea ao servizo das persoas e non dos beneficios privados.
A nivel Europeo. Vertebrando unha alianza ampla e europeista, onde xa traballan de de xeito estable as tres forzas da esquerda renovadora do mediterráneo Siryza, Sinistra Ecologia e Liberta e a propia ICV. Un proceso de refundación política sobre a tradición republicana da revolución francesa, as loitas e conquistas do movemento obreiro e as loitas democráticas contra o totalitarismo do fascismo e do stalinismo.
Vertebrando unha alianza ampla e europeista, onde xa traballan de de xeito estable as tres forzas da esquerda renovadora do mediterráneo Siryza, Sinistra Ecologia e Liberta e a propia ICV
A nivel estado. Por unha ampla alianza das esquerda, política, social e electoral, sen exclusións e sen hexemonía de parte, para abordar o fin do réxime saído da transición.
En Catalunya. Proceso Constituinte baseado nun chamamento aberto, na idea do amigo Arcadí Oliveres, para construír un novo pais diferente ao modelo neoliberal e corrupto do goberno de Artur Mas. Sendo o dereito a decidir un elemento tracionador dun proxecto alternativo no social fronte ao pais dos recortes que queren construír CiU e ERC. Dereito a decidir sobre a ligazón de Catalunya con España, pero tamén a como se constrúe a Catalunya social, ecolóxica, democrática e de benestar do futuro. O histórico lema de llibertat, amnistia i estatut d’autonomia actualizase hoxe como democràcia, sostenibilitat i sobirania.
O histórico lema de llibertat, amnistia i estatut d’autonomia actualizase hoxe como democràcia, sostenibilitat i sobirania
Sen dubida para levar adiante todo este programa político necesítanse construír espazos cooperativos desde a esquerda, con programas democráticos amplos e sobre os nosos respectivos substratos nacionais; porque efectivamente somos o 99% pero só temos un 1% de posibilidades de gañarlle a partida ao sistema.
Un ecosocialismo antisistemico moi distante de propostas socialliberais verdes. Non é casual que este movemento estase dando no Sur da Europa desde Grecia ata Galicia
E para iso tamén faise necesario construír o novo paradigma político, o ecosocialismo, fronte a modelos e propostas esgotadas, desarrollistas e corporativistas. Aproveitando a asemblea xuntámonos Synaspismós (Syriza), Sinistra Ecologia e Liberta de Italia, Chunta Aragonesista, Iniciativa del Pobla Valenciá (Compromís), Iniciativa Verds (coalición MES) de Balears, Primavera Andaluza e Espazo Ecosocialista Galego, xunto coa propia ICV, na idea de seguir vertebrando o ecosocialismo. Un ecosocialismo antisistemico moi distante de propostas socialliberais verdes. Non é casual que este movemento estase dando no Sur da Europa desde Grecia ata Galicia.
Xoán Hermida e Juan Martinez ( Coordinador Nacional e Vicecoordinador de Relación Políticas de Espazo Ecosocialista)