O Encontro XIX: À la recherche du propre style

A Lucía Novas, que atopou o seu propio estilo perseguindo cervatos.

Erro vagus et profugus!
Abelardo
Podreceu como un xabaril nun cortello.
Rancé
A diferencia de los Beatles, que ya disponían de una visión clara de la dirección en que querían moverse, los Byrds embrionarios todavía estaban en fase de búsqueda de una identidad.
Guillermo Soler
Todos imos
a xogar
A IMITAR, A IMITAR
David Otero
Os nomes propios están sempre nesta conexión mutúa de afinidades e desafectos.
Danilo Kiš

É un escritor veterano (non pola idade senón pola súa TERRIBLE e desgraciada debilidade polo brandy auténtico de Mr Gordon) que aínda anda a buscar non personaxes nin cogumelos senón un estilo (propio?). Quere atopalo antes de que podreza como un xabaril nun cortello. Fixo ata un estudio de mercado. Business is business. Rexeitou o estilo de Michel Houellebecq. Non só lle aburre profunda e radicalmente Alain Robbe Grillet senón tamén Luis Gonzalez Tosar, Jacques Prevert, Nick Drake falando durante vinte e oito minutos e trinta segundos da súa lúa rosa, Mike Olfield a quen quere ver sempre a máis de cinca millas de distancia, Gary Brooker coa súa insistencia-durante sete minutos e dous segundos para quedar con el no Ledreborg Castle para falar sobre as falsificacións e fetiches, Papa Wemba, Chicago e a súa BIG SURPRISE, Wim Mertens e os seus birds for the mind, Caetano Veloso cantando Fina Estampa (non cando canta Maria Bethania), Chris Rea (sobre gustos no hay disputas, dinos o refrán castelán) e a pregunta e ti, nerd do carallo, de quen ves sendo? dos Burgas Beat ou dos Amigos dos Músicos? dos Jam ou dos Style Council? de Beck Hansen ou de Hevi? de Xosé Carlos Caneiro ou de Santiago Jaureguizar? de Miles Davis ou de Chet Baker? De Miguel de Unamuno ou da Marquesa de Cieguí? de Terenci Moix ou de Ana María Moix? de Anton Patiño ou de Menchu Lamas? de Amy Winehouse ou de Duffy? de Yolanda Castaño ou de María Xosé Queizán? de Manuel de Lorenzo ou de Juan Tallón? Da Coral de Ruada ou do Orfeón Donostiarra? O viaxeiro pensou, novamente, que dentro de tres horas chegaría a esta miña Compostela dos derrotados e do amor fou de Florinda e Alfonso Espiño, les amoreux des bancs publics. Tamén rexeitou o estilo de Teresa Moure e de Iolanda Zúñiga, porque a súa língua non estaba suficientemente preparada para a calentura da novela (apréciese o pero) e de Agnese. Intentou o boogaloo literario de Diego Giráldez, pero a súa cadeira sufriu. O seu non é danzar in a green bay senón que é cantar no lugar silencioso (Peter Handke, obviamente) o milk cow blues. Tamén fixo un pequeno intento seguindo o estilo de Lucía Novas, pero o papel acabouse cando tiña apuntadas, coa a súa descoidada caligrafia (que só puña de manifesto que vivía preso dun eterno ataque de nervios e que só lograba controlar escoitando a música de Ataque Escampe e a dos Dexys Midnight Runners) as palabras coas que pretendía escribir largos textos en los que la imaginación no tenga que trabajar e así evitar que as mesmas acabaran no fondo do Sar (que por certo xa está cheo das cancións que non van cantar os Malandromeda e que un concelleiro non logrou quitar do fondo do río)*: gandra, I smell a rat(o), Brighton 64, marciano, o diñeiro non dá felicidade pero calma os nervios, morcego, Los Imposibles, clic, Roger Mcguinn, corvos, Torino, bola e cadea, Jackie Wilson, sabugueiro, Chet Baker, catecismo, Sam Cooke, a repetición é transgresión, And the dancers move On the departed, pardal, Torrebruno, tambores, EL naceu en decembro, o día en que en Salzsburgo Jean Amery abriu e pechou definitivamente a porta, sex museum, ángulos, Valentine, José Lezama Lima, brasa, northern soul, J J Cale, os poetas alemans son Kant, Hegel, Schopenhauer,Nietzsche,etc., non os poetas e escritores, estrela, Donny Hathaway, a casa da bomba non é feísmo, convalecencia, Pardon si je t' importune, punk, trompeta, Clarence Carter, o que marcha sempre pousa a tristura no que queda, Emilio Aragon, pagina senza parole, barbeiro, Marlena Shaw, star, Jacques Vaché, sempre foi un chinchón!, Bieito Iglesias, I don´t want to die tonight, Beck,  pirañas, por eso eres tu tan grande, grande, grande que a tu lado vuelvo pronto a ser feliz, Nicola di Bari, Vanita Smythe, Back Door Man,  María Dolores Pradera, todos estivemos antes aquí, Arthur Conley, LÁNGUIDAMENTE, EU son tan frívola que amo o estilo, Rafael Chirbes, funky street, Lucía de Conxo, dama do meu pensamento, bambino capriccioso, Deus si que reparou en Pratos Combinados e en The Wire, coturnos, Roy Orbison, Matamala, avogados que citan a Chus Pato e non a Wallace Stevens, todo poeta construye previamente su Discurso del método, Nina Simone, diñeiro, strollin´in the park, watching winter turn to spring Walking in the dark  That´s the time i feel like making love to you, chuchona, Yoko Ono, Augusto Monterroso, so sei conducir por the rocky road to Dublin, Roberta Flack, non se deixar trabar polo can negro de Mac, Louis Jordan, I don´t want to die tonight, vinagre, no hai amor sen música, sabe alguén onde se merca potranca zaina?, Mina, o triunfo do estilo é non telo, Wardour Street, Curzio Malaparte, tríptico, Aufklärer, comunidade, Jackie Wilson said, voda, making love (at dark end of the street), aldea, Geno Washington, no seríamos nada sin la imitación y otras actividades parecidas, Steve Marriott, María da Lonia, dama do meu pensamento, nel cielo blu Non c´è una stella Più bella di te, David Crosby, Non son cancións normais! Este home está tolo!, onde esta o fodido refrán?, Gene Clark, I don´t want to die tonight, apartados de correos 422 de Berlín, Trio Mocotó,  fish fry, Don Walser, Kiss,kiss, kiss, kiss me love, tambor, entre toxos y silveiras, eu tamén son unha pastama de conxeturas e insignificancias, Dan Penn e Spooner Oldham, don´t go to strangers, UHF, Euxenia durme despois de visitar a funky street e o café Bleu, Johnny Ace, crego e monaguillo, Art school, cantigas, que el mundo fue y será una porquería, misteriosa, Junior Brown, well loving you was like a sugar party oh yeah, yeah, yeahhh, humano, supergroovalisticprosifunkstication, Ronnie Lane, de, Verneuil-sur-Avre, Marija Čudina, Undertones, la poésie au service de la verité, Raymond Roussel, Led Zeppelin, Charles Peguy e Enrique Vila Matas son os grandes repetidores da literatura, muchos ni siquiera advirtierón que la enumeración es uno de los procedimientos poéticos más antiguos- recuérdense los salmos de la Escritura y el primer coro de Los Persas y el catalogo homerico de las naves- y que su mérito esencial no es su longitud, sino el delicado ajuste verbal, las “simpatías y diferencias de las palabras, Peppino di Capri,  visione del silenzio, Caetano Veloso, así no papasito así no así no, diario,  Jackie Deshannon, What the world needs now is love, o relato é o meu pequeno imperio, Smokey Robinson, ariel, the gunhers of the sky, os críticos atribuíronse o dereito a dicir o que lles apetece dos mortos, Ismael Serrano, outro mundo posible, Paul Eluard, donne-moi un petit baiser, Rosa Cedrón, Ao pasar por Camariñas por Camariñas, xouba, singlier, sanglier, singular, you´re the one, Nat King Cole canta en español, livros, discos, videos á manchea, e deixa que digam, que pensem, que falem, El niño gusano, Joseph Roth, celafea, Debris, quedarse com una única y definitiva Fe: la de creer uma ficción que se reconoce como ficción, Luar na Lubre, cada un ten as súas teimas, Danilo Kis, Andres do Barro, Veintinco abriles que no volverán! Veinticinco abriles! volver a tenerlos! Julio Sosa, ahora que mi vida se ha convertido en cuento, París, no tienes que inventar pues tu ropa huele a leña de otro hogar, Chocolate Milk, nós, debaixo das árbores, non comprendemos que ven e a vellez, dexedrina, el soul es una droga, transfigurado, escribir es, en parte, regurgitar lo que uno ha leido, Josephine Baker, a vida non é unha marche funèbre, ni undesfilr do happy end, Marquee, nas cousas da vida non sempre é doada a identificación precisa daqueles intres biográficos decisivos, Dexys Midnight Runners, lectoras, Los Hermanos Cubero bubblegum, Scarborough fair, Peret,  les nits, les nits són inacabables pensant en tu, Los Tamara, non espertar cando teñas o Giles Farnaby´s dream, Louise Colet, the sun roars at the prayer's end, churrasco para cear, Carmen P e Maurizio P bailan Autumn Waltz e Galicia dos meus amores no campo dei Fiori baixo atenta mirada dos espiritos de Giordano Bruno e Pier Paolo Pasolini, Que pera! Que prea!, congreso de loucura, Pane, mentir vrai, Gesualdo Bufalino, Andres Barba, Dusty Springfield, you got a rambling mind, Van Morrison, ELA naceu en novembro o dia en que Eduardo Blanco Amor morreu, si al final es morir o ir a la carcel, Jorge Luis Borges,  a diversidade das miñas referencias, produto dunha educación na que converxían distintas herdanzas, subíranseme a cabeza, Texas, Sheryl Crow, ruínas sen ruínas, Otis sleep on, luxuria, Mercedes Peón, abano, IT WAS forty third year to heaven, preguiza, ahí te dejo Madrid yo no quiero cobardes que me hagan sufrir, Gato Pérez, A mellor banda de rock & roll do mundo non son os Rolling Stones. Cada noite , nalgún lugar, um grupo determinado está sendo a mellor, The Player´s, Mina, Kafka é o que abandona a fila dos asasinos, Caxade, I don´t want to die tonight, o terror dos lectores sofisticados, after the fire the fire still burns, bailar na escuridade, Louis Huart, castañas, this is my truth tell me yours, Sylvia Plath, non solicitar a vosa simpatía, Dolly Parton, conseguir o boletín do Instituto de Lingúistica de Lovaina no que aparece un artigo de Marcel Benabou, Ann Pebbles, aburrir ao hipotético lector coa lista de palabras a empregar nunha novela-rio Barbaña, en la boca llevarás Sabor a mí,  Roger Daltrey, o soño galego está devorando as súas fillas e as fillas das súas fillas, Procol Harum, si me emborracho pa olvidarte no te olvido por que en el fondo de mi copa te estoy viendo y desde el fondo de esa copa tú te burlas con una risa que me mata el pensamiento, Solomon Burke, o 25 de abril de 1816 Gustavo saliu de Galicia para sempre e case se atopa, por un minuto, con George Gordon na chaira de Waterloo, nobody knows you when you´re down and out, sacrificio, Odetta, a lectura era para el o mesmo que a comida e o sexo, Teresa Guiccioli, sempre fun un fracasado, Thomas Fersen, so sei conducir polo rocky road to Dublin, Los Arquinos,  mañá desaparecei da Avd Habana para aparecer no hotel luso-brasileiro cun libro de Castelo Branco no peto da chaqueta, Rudy Ray Moore, tengo un problema sin solución, Keith Richards, Y hasta cuando en la tierra, otra tierra te tape Ahí estarán mis besos pegados siempre a ti, J.A Jiménez, as palabras estralan, Kc & the sunshine band, androide, Sinéad O´Connor, Have I told you Lately That I love You?, as mans de Michel Camilo e de L.A.R Legido, I´m losing you what can I do, Goran Gregovic,  un artista poderoso se reinventa sus fuentes y sus influencias, Tennessee Waltz, María Casares, Gillo Dorfles, os encontros son un concepto, son impuras ideas feita LITERATURA, The Flying Burrito Brothers, predicamos no deserto, María e Gustavo toman un café no Buffy´s Quality Café mentres esperan a Luís que na súa nova furgoneta foi levar ao vello Noam a súa nova casa e continuar a súa conversa sobre a contaminación espacio-temporal, Ray Charles, son a única persoa que na historia do Penguin Cafe o seu propietario, un tal Simon, botou espido a rúa, The Chieftains, enseñar literatura es poco más que leer en voz alta y animar a la lectura atenta de lo que uno consider admirable, Bill Staines, bacharelato, Lola Beltrán, I don´t want to die tonight, mel e cervatos.

Agora, no tempo en que deixa de pensant en tu prezado lector e de escoitar a Pedro Infante, Lucho Gatica Alfredo Kraus, Les Surfs, Suicide Connie Francis, Bruno Lomas, Sylvie Vartan, La Orquesta Topolino, Mocedades, Karina, Betty Missiego, Juan & Junior, os homes odian aos escritores, Basilio, Willie Nelson e os coros do exercito ruso en discos de 45 rpm, anda a traballar os relatos extemporáneos, aprende o francés (escribir e falar) e a montar a cabalo, un tártaro, para ser un xínete da noite que camiña cara ao alba, coida un faisán, dúas perdices (macho e femia que o espertan todas as noites polos ruidos voraces dos seus salvaxes coitos) e tres pombas torcazas (ás que chama cariñosamente María Dolores, Santiago e Julián), cria trescentos corvos (de Xallas?) para Jeanette- a que sempre lle di por que te vas todas las promesas de amor se irán contigo me olvidaras me olvidaras, lava as orellas con auga do río Sar, un día si e un día non, busca o banco ideal para reposar os pés e fíxose jansenista.

Nota bene:

*O autor recomenda a todos aqueles que non admitan o Genuss na lectura dunha ristra de palabras amontoadas, producto dunha inxesta irracional de dúas botellas  de viño das citadas na paxina cento noventa e tres  de La Vie Mode d´Emploi, e a todos que, como Claude Sulzer e Ramón Area, esperan que a néboa e a confusión aclárense non inicien a lectura desta ristra de palabras, xa que no ten sentido que perdan o (seu) tempo, e que lean mellor textos  que conteñen un secreto e aos que si podan aplicar a Rezeptionsaestheik de H. R Jauss.

*

Chove. É París. É outubro.
Pascal Quignard
Bob Esponxa é o Balzac do século XXI. Chove. É Ourense. É febreiro. Por fin un brand new day e Lois Pérez expulsa palabras bravas on the new radio Carolina...
Xurxo Merino
*
You really know how to hurt a guy
You really really know how to make him cry.
Spooner Oldham/ Dan Penn
Me he indignado, primero en silencio
Enrique Vila-Matas

A Xurxo Merino o que máis lle doeu non foi o silencio antoniniano do seu amigo Luís Vila Pillado, un pianista competente con notables coñocementos literarios e autor do sabio consello que Xurxo Merino intenta seguir cando escribe un relato: todo relato ten que ter polo menos un mínimo de sentido e estar escrito dende un punto de vista que albergue o teu propio caos, senón que foi o que lle dixo (palabras que substitúen os normais gruñidos que intercambian cando coinciden no espazo e tempo propiedade da súa nai e do seu pai) o seu irmán, o químico admirador de Dmitri Mendeleiev, da súa filla, a Prekrásnoi Dame, de Basilio e de Aleksandr Blok, cando lle ensinou o seu último conto. Xurxo, (apréciese a pausa) esquenciches por completo o que dícia Chris Hillman: Era absurdo para un mozo surfer branco de clase media intentar imitar a Muddy Waters, e o que dícia Ricky Gil despois de adaptar as frases, palabras ou ideas de Willie Dixon Doors, Kinks, Neil Young, Supremes, The Times: al final llegas a la conclusión de que cantar en inglés en nuestro país es una verdadera imbecilidad. Non sigas por ese camiño. Ninguen vai dicir o teu nome. Se segues ese camiño vas perder o tren  e o único que vas crear é un verdadeiro e xenuino artefactoide (apréciese o ton de superioridade e autosuficiencia de profesor resabido de bacharelato. O ton é, por certo, o mesmo que sofren os seus alumnos dun instituto da cidade do Lérez e de Sabino Torres). Xurxo Merino calou, brutalmente, e por primeira vez, como Mazeppa cando the sun was sinking en Volhhynia, os seus dim eyes of death had need.

*
Tamén imaxinei excitada que a casa era unha metáfora do problema da escritura.
Janet Malcolm
O soño é unha segunda vida
Gérard de Nerval

Cando estaba a mollar unha galleta Fontaneda (as madalenas non as podo comer, repítenme) no café lembrei o soño que tiven a noite pasada. Non o apuntei, porque eu non teño no meu cuarto un caderno de soños como o escritor Michel Leiris nin un diario no que o principal personaxe en escena* sexa EU, xa que son unha sombra cheo de conxeturas e insgnificancias.

No soño eu estaba moi contento, non por bailar  Fa Fa Fa Fa Fa (Sad Song) de Otis Reeding nin I Wish I´never Loved You de Dusty Springfield, senón por atopar, por fin, EU,veterana sombra diletante (non pola idade,senón pola miña TERRIBLE e desgraciada debilidade polo brandy auténtico de Mr Gordon), o meu propio estilo e por deixar un espacio onde unhas cuantas ideas, imáxenes e sentimentos podan dispoñerse de tal modo que un lector quera permañecer un tempo entre eles, máis que fuxir.

O resultado de baleirar de palabras a miña casa era un relato inspirado e lexible no que contaba a historia dun escritor veterano, Xurxo Merino, que andaba a À la recherche du propre style.

Nota bene

*O diario é un traballo teatral, levado á escena das páxinas.Curzio Malaparte.Diario Di Uno Stranieri a Parigi.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.