O Encontro XX: Juan Tallón e a vertixe das 600 páxinas

A Juan Tallón, desexando que saia indemne do Salvaje Oeste e a quen non lle prometín un relato mellor.
A Manuel de Lorenzo, `por prestarme o seu nome e desexando que non  me mire con odio, como Roland Barthes decirlle que son un  inútil para inventar nomes.
Dinme conta en seguida de que miraba con odio.
Curzio Malaparte

EL, os días pares, pensaba que era un escritor sen atributos e cun corazón PÓRTATIL, que vive nun buque fantasma (nun barco sen luces xa vive un poeta e medico lugués), un insignificante e escuro proletario da literatura que non sabía que a novela é un espello que se desplaza ao largo do camiño (Stendhal), pero non un homme essentiellement sans qualificatifs e por iso, un día, que triste estaba escoitando Y ya* de María Dolores Pradera (EL xa fai moito tempo que superou a fase de estar estancado na quietude de Schoenberg, Luis Vila Pillado e Bach), sorprendeulle recibir, por certo un día impar, un correo electrónico no que un xornalista afamado de esta puta ciudad en la que matan a los pobres corazones e na que Laura (ou Denise?) pediulle un día par a Antón: Don´t smoke in bed/ Don´t look for me**, ao que EL no concerto do Hermanos Cubero no Torgal- ¿Quien electrificaría su alma?- mandoulle unha mirada*** coma a que lle mandou Albert Camus a Curzio Malaparte o día nove de xuño de 1947 na casa de Madame Cli Laffont ou a que lle mandou Denise (ou Laura?) a Antón o día nove de xuño de 2014 cando éste díxolle:: Líame a la pata de la cama/ no te quedes con las ganas de saber/cuanto amor no cabe de una sola vez, pedíalle se podía enviarlle un texto de catro folios, no que evite empregar moitas palabras de catro sílabas,  para un libro que estaba a preparar en homenaxe ao escritor Juan Tallón, sen que el o soubese e que en nome dos escritores-exhibicionistas ourensáns quería entregarlle no Restaurante Pingallo o día do seu aniversario****, despois, iso si, de dar de conta dun amplo abano de mariscos e viños do Ribeiro e da Ribeira Sacra, das cancións de José Alfredo Jiménez e das palabras dun artista completo e alleo ao inconcluso e que relemos para estudiar a calidade dos adverbios, das comas, das esdrúxulas e dos adxectivos (cando lle mandaron a EL o correo ainda non se sabía que en era o artista completo e alleo ao inconcluso) e  para esquencer que Problamente ya/ de mi te has olvidado.

A primeira, a segunda e mesmo a terceira reacción ao correo do xornalista que tivo EL foi negativa, xa que pensou que para que hai que celebrar a Juan Tallón, o autor non o seu amigo, se só plantou varios excelentes champiñóns, pero aínda non ten unha OBRA (Nótese aqui o resentimento do escritor sen atributos, o cal non é estrano xa que en todo escritor é vivísimo o desexo de fusilar aos demais escritores. Só hai crueldade consciente na natureza do home. Curzio Malaparte). Juan Tallón non precisa das miñas palabras de adulación, non o quero convertir no contrario ao Bill Withers, o heroe de Kiko Amat, non quero que termine convertido en producto e transformado nun home necio, superficial e adicto á adulación constante. A verdadeira santidade (literaria) non necesita mostrarse e ser recoñecida e como dicía Napoleon Bonaparte: Quen sabe adular,sabe calumniar. Ici J`étoufee!

Á cuarta reacción EL decidiu que si que lle ía mandar o texto de catro folios ao xornalista de sona e participar no circo beat e de adulación que o xornalista quería montar no restaurante Pingallo. Ao fin do cabo, Juan Tallón era o seu amigo e ao que lle estaba agradecido por permitirlle comparar as súas miserias coas del (Nos accesos de desesperación, o único recurso saudable é unha desesperación maior. Dado que ningún consolo é eficaz, un debe aferrarse a unha vertixe que rivalice coa que se ten, que mesmo a supere. E. M. Cioran) e lograr así superar o crónico spleen moldavo que padecia e que ningún ciruxán belga***** sería capaz de extraer da súa cabeza.

Á mañá seguinte de recibir o correo electrónico e de rachar el maravilloso silencio do seu salón MODerno non coa voz de France Gall senón de CA-TE-RI-NA******, deu resposta ao dilema co que todo escritor debe enfrentarse: aforcarse ou sentarse diante do ordenador e poñerse a escribir (ou mellor dito a trousar os seus segredos para desfacerse dos seus remordementos e rancores) e incumprir logo os versos manuscritos de Marina Tsvietáieva para a Knízhnaia lavka pisátelei de Moscova: Eu mesma sempre, ao mencer, as miñas creacións destrúo. Por medo e covardia (A calidade esencial do home é a covardia. Carlo Michelstaedter) decidiu poñerse a escribir e rexeitar a verdadeira noite da alma. Jesus Christ!

Nota bene

*https://www.youtube.com/watch?v=uxWjLSexnEc
**https://www.youtube.com/watch?v=aftMtcse15w
***A mirada de odio do escritor sen atributos debíase a que o xornalista de sona anda dicir polos bares  que a derradeira novela do escritor sen atributos, na que invirtira sete anos-como James Joyce co Ulysses- da súas patéticas vixilias, é un texto-enfermo, un balbuceo de parvos posto en prosa e que o mellor lugar para a novela non era o libro senón a barra de calquera dos bares da rúa Lepanto. EL é un caso e non un escritor. Nunca chegara a convertirse nun succesful literaty man que coñeza a celebridade e mesmo unha gloria de calidade que leve aos ladrons de libros a afiar os seus cabeiros ca aparición dun novo libro seu ou que a un parvo, que non saiba tremer, a súa lectura lle produza febre. Sería incomprensible para nós que houbera outro escritor que escribira parafraseando o que lle escribiu T.. S Eliot a Francis Scott Fiztgerald sobre O Gran Gastby: Eu, , lin tres veces a tua ultima novela!
**** Ademáis do libro, os escritores-exhibicionistas de Ourense querían agasallar a JuanTallón un cabalo branco, que salio de Guadalajara un domingo, para que poida cantar montado en él: Cascorro, Cibeles /Y el Arco de Cuchilleros/Mirando tus ojos/ Para decirte: "Te quiero"
*****https://www.artehistoria.com/es/obra/el-cirujano
******https://www.youtube.com/watch?v=iIHglJEp8vY

*
O NOVO DELICADO*
“A consagración é o peor dos castigos para el escritor en xeneral é moi especialmente para un escritor do seu xénero. A partir do momento en que todo o mundo o cita, xa non podemos cítalo, ou se o facemos temos a impresión de aumentar a masa dos seus inimigos”.
E. M Cioran
Non sei se o escritor e amigo Juan Tallón coñece estes versos de Lao Tse: O Gran Camiño é fácil de seguir/pero os homes prefiren os carreiros, pero el escolleu non seguir o carreiro da novela que evita hesitar entre a perfeiçao e o desastre (Gonçalo M. Tavares) e seguir o Gran Camiño da NOVELA. 600 páxinas nas que personaxe, clima e acción teñen pleno significado e nas que nos ensina a mirar o mundo cos ollos que camiña pola cidade, sen outro horizonte que ó espectaculo, sen mais poder que os seus propios ollos (Roland Barthes). Quen no século XXI escribe 600 páxinas cando sabe que ninguén le nada neste golgota de lixo e chatarra no que se convertiu o SALVAJE OESTE no que vivimos o noso desengano?   A resposta a esta pregunta é parafresando a Andre Gide: Só un tolo escribe un libro a propósito de que ninguén o lerá?  Who Knows!!!
....
Para rematar (Non máis verborrea ... xenial! pensaran alguns igual de desesperados que aquel xornalista que leu o artigo sobre Rodin, escrito con estilo heideggeriano, dun filosofo que se vanagloria de non haber exercido nunca oficio algún nin de haber traballado en libros serios) agradecerlle a Juan Tallón, que non é unha vella estúpida a quen alguén deixou un diamante senon unha little sweet soul, que coa lectura sismógrafica dos seus libros podemos exercitar sen pecar de fanáticos (aínda que si de fonéticos) o que dícia José Bergamín: Leer para releer, para ligarnos y religarnos, religiosamente, a los otros, al mundo: a la vida, a la verdad. Para no estar solos, ademais de darnos a posibilidade de parafrasear a Andre Gide: Deixemoslle crer o que queiran del, ÉME indiferente. El escribiu FIN DE POEMA .
Nota bene
*Encarga feita a un coñecido xornalista, que sempre repite para definirse a  frase do diario de Edith Wharton: Meu único merito é que son despiadadamente sinceira, para celebrar o aniversario do escritor Juan Tallón a un ser escuro, que cre que EL, como Elvis,  se fixo escritor com uma vingança. O texto foi finalmente rechazado e as páxinas que estaban reservadas para o autor sen atributos foron enchidas por un brillante, fino e lúcido texto do escritor e músico Manuel de Lorenzo que logrou espertar  e provocar febre aos distraídos.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.