O enfrontamento electoral do 21-O librouse no eido da contradición entre dereita e esquerda e moito menos na contradición Galicia-Estado. Diríase que, diante dos gravísimos recortes ao Estado do Benestar e diante da gravísima recesión da actividade económica e incremento do desemprego cumpría pór en valor as dinámicas de oposición á enxurrada dereitista (hai que paralos, para facerlles frente) acadando un valor moi secundarizado a reivindicación do autogoberno e de asumir Galicia como medida social, económica e política de todas as cousas. A propia intercoalición técnica entre a Anova de Beiras (que integra partidos formalmente independentistas como a FPG ) e a IU hexemonizada polo PCE respondeu (con grande suceso, de certo) a esta dinámica: segundo a que compre a unidade das esquerdas, sexan federalistas simétricas ou autonomistas, for independentistas.
Existe espazo entre a dereita ultraconservadora española e as formulacións frontistas de esquerdas, con claro predominio actual no seu seo das opcións altermundialistas ou vencelladas ao marxismo dogmático?
Existe espazo entre a dereita ultraconservadora española e as formulacións frontistas de esquerdas, con claro predominio actual no seu seo das opcións altermundialistas ou vencelladas ao marxismo dogmático? Da resposta depende a orientación política a desenvolver polos galeguistas. Poderán optar por ser bisagristas que garantan a maioría ao turnismo bipartidista e, tamén, por enfortecer a achega galega da fronte de esquerdas. Ou poderán traballar autonomamente para construír un espazo político e social de maiorías entre as formulacións desta dereita española e desta esquerda mixta.
A segunda opción é moito máis complexa, pero é máis proveitosa para o País. Opción que haberá de se construír sobre solucións mixtas e eclécticas alicerzadas no progresismo inclusivo e na socialdemocracia, con certas concesións no eido da promoción empresarial ás achegas máis social-liberais. Ou sexa, apoiar o emprendemento privado e defender eficazmente unha sanidade e educación gratuítas, universais e de calidade e un sistema galego de benestar que garanta a cohesión social.
Se o galeguismo non adopta este camiño, serán outros os que constrúan ese espazo de maiorías dende a centralidade política, pero dende a explicación de Galicia como mera rexión ou apéndice da España
Mais a liña individualizadora desta opción sería a adopción como eixo transversal a todos estes elementos dunha concepción do galeguismo como vertebrador da nosa sociedade e do autogoberno como o instrumento esencial para xerar crecemento económico e, xa que logo, emprego e benestar.
Se o galeguismo non adopta este camiño, serán outros os que constrúan ese espazo de maiorías dende a centralidade política, pero dende a explicación de Galicia como mera rexión ou apéndice da España.