O futuro do novo galeguismo

Con certos atranco e atrasos, mais dun xeito que se vai facendo evidente, estase a construír unha outra alternativa política dende o novo galeguismo. Unha alternativa que atopa o campo aboado pola incapacidade do BNG para ser a casa común dos galeguistas, mais tamén pola incapacidade do PSOE para defender o Estado do Benestar e pola deriva recentralizadora e radicalmente dereitista do PP.

Semella que este proxecto situouse onde tiña que se situar: no amplísimo espazo dos galegos que rexeitan as solucións liquidacionistas do Estado do Benestar que defende a dereita española e non cren nas propostas antisistema ou colectivista

Semella que este proxecto situouse onde tiña que se situar: no amplísimo espazo dos galegos que rexeitan as solucións liquidacionistas do Estado do Benestar que defende a dereita española e non cren nas propostas antisistema ou colectivistas. É dicir, os que cren na mellor coexistencia do público e do privado, nun Estado do Benestar redefinido e ampliado que anime, ao tempo, os valores do emprendemento e da libre empresa.

Un espazo tan amplo outórgalle a esta nova política (nomeadamente representada por CXG) unha grande capacidade de sumar dende todos os sectores` pola súa transversalidade, integrando s tres grandes correntes políticas do Estado do Benestar europeo: social-liberais ou liberal-progresistas, socialdemócratas e ecoloxistas. Unha integración que non habería prexudicar a súa centralidade, é dicir a súa capacidade de dar solucións pragmáticas e mixtas aos gravísimos problemas económicos e sociais de hoxendía, atendendo aos intereses das clases medias e das maiorías sociais. Nin tampouco á súa aposta pola democracia de calidade, priorizando as primarias, os referendos e as listas abertas e brancas.

Velaí que sería suicida para esta nova política partillar alianzas anticapitalistas con organizacións estatais guiadas por partidos comunistas

Nun tan amplo espazo é evidente que habería coller toda cidadanía que non estea pola inxustiza do capitalismo financeiro salvaxe nin  pola subversión do sistema para construír algunha caste do colectivismo que tanta dor xerou no mundo. Velaí que sería suicida para esta nova política partillar alianzas anticapitalistas con organizacións estatais guiadas por partidos comunistas. Cando o que lle compre é artellar esa transversalidade, da que non tería sentido non fixeran parte, tamén, aqueles sectores da esquerda nacionalista que, na praxe, están por solucións substancialmente socialdemócratas, como as que exitosamente encarnou Beiras no 1997 e no 2001.

 

A arrincadeira. O cinema galego trunfa con Vilamor

Como fixera hai catro anos con Pradolongo, Ignacio Vilar amosou en New York con Vilamor que a calidade do cinema galego e a súa capacidade de sedución argumental está a un altísimo nível  internacional. Unha mágoa que moita xente non poida asistir á exhibición desta fita, incomprensibelmente ausente das principais salas de exhibición das cidades galegas.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.