O imparable declive do imperio estadounidense

Campamento de persoas sen fogar en California CC-BY-SA Russ Allison Loar

O enorme barullo e os desordes que no sistema mundial están a provocar as barbaridades de Donald Trump e os seus oligarcas non poden ocultar o que realmente está a pasar no interior dos Estados Unidos pois as informacións que nos chegan conducen a pensar que o imperio estadounidense está nun declive que parece imparable

O enorme barullo e os desordes que no sistema mundial están a provocar as barbaridades de Donald Trump e os seus oligarcas non poden ocultar o que realmente está a pasar no interior dos Estados Unidos pois as informacións que nos chegan conducen a pensar que o imperio estadounidense está nun declive que parece imparable.
 

Perda de peso na economía mundial

Seguramente que o primeiro indicador desta decadencia sexa a sua perda de peso na economía mundial. Atendendo aos datos que nos facilita o Banco Mundial a altura do 2024 o PIB estadounidense representaba o 27,5% da economía mundo, valor que si a segue colocando como a economía líder a nivel mundial tamén reflicte a citada perda de peso (35,3% en 1985). Un liderado que, por outra parte, pode conducir a engano xa que está medido en valores nominais -as respectivas moedas nacionais se converten a dólares estadounidenses segundo o tipo de cambio medio oficial dese ano- xa que si tomamos o PIB a paridade de poder adquisitivo nos atopamos con que China a altura do 2023 (25,4 billóns de dólares) xa tiña superado claramente aos Estados Unidos (19,5 billóns de dólares), algo impensable fai pouco mais dunha década.

Si agora analizamos a participación dos Estados Unidos no comercio internacional vemos como este pais ven rexistrando déficits comerciais -importa mais do que exporta- dende 1976. O peso das exportacións no PIB sitúase entre o 10 e o 11%, que o coloca como segundo exportador de mercadorías a nivel mundial -entre o 8 e o 10%-. Un comercio internacional que na actualidade -dende o ano 2024- ten a China como potencia dominante, como o principal pais exportador -3,6 billóns de dólares no 2024, unha cifra que practicamente dobra a dos Estados Unidos: 1,9 billóns de dólares- e que, segundo as autoridades chinas, acadou nese ano un superávit comercial de case 1 billón de dólares.

 

Liderado monetario en risco

Seguramente que a maior ameaza para o liderado mundial venlle aos Estados Unidos pola vía monetaria con un dólar que empeza a ver como periga a súa condición de moeda de reserva internacional que patentaba dende 1944 -Bretton Woods-. Un cambio que de producirse afectaría, entre outras variables, a súa enorme débeda (38 billóns de dólares a outubro do 2025 equivalentes ao 140% do PIB, 32% en 1980) que lle supoñen un custos elevadísimos (970.000 millóns de dólares anuais en xuros: o terceiro gasto mais elevado dos orzamentos públicos).

A realidade é que nos derradeiros anos o dólar utilizase menos como moeda da reserva internacional e así, segundo o FMI, o seu peso no total de reservas de divisas caeu do 72% -a principios deste século- ao 58% da actualidade -o nivel mais baixo dende 1994-. O mesmo tempo que se producía, como subliñaba antes, unha perda de peso dos Estados Unidos na economía mundial e unha grande caída na distancia coa segunda potencia económica -China- que si en 1970 era 10 veces maior na actualidade é de apenas un 1,5. Neste marco económico si os Estados Unidos conseguen manter ao dólar como moeda de uso universal é grazas ao su peso nas institucións financeiras internacionais (BM, FMI, OMC..), ás ameazas militares e ás sancións. Unha posición que non pode evitar que as economías se resintan e que as crises se reproduzan. Unha situación que está provocando que se puxeran en marcha proxectos de creación de moedas de reserva mais seguras que cuestionan o liderado exclusivo do dólar e que se están presentando como divisas alternativas (euro, yuan, rublo, ....).

Algúns autores de prestixio afirman que co gallo das actuacións da Administración Trump os BRIC veñen de dar un paso que significa un gran golpe (definitivo?) a un sistema monetario que tiña ao dólar como divisa internacional de referencia. Un paso que significaría funcionar sin o dólar, sin o sistema SWIFT, sin o FMI e sin o BM -as bases do sistema creado en Bretton Woods-, e que supón quitarlle aos Estados Unidos a fortaleza que supón selo único país capaz de imprimir a moeda que o mundo precisa para comercializar, selo banco do mundo ao que todos piden prestado. Pois ben, segundo estes autores, parece que os BRICS veñen de anunciar un sistema de pagos alternativo ao dólar e ao sistema SWIFT e que supón a creación dun sistema que funcione permanentemente sen o dólar e que lle vai permitir aos países BRIC poder comercializar entre si utilizando as súas propias moedas respaldadas polas súas reservas de ouro e comodities e tamén con un sistema de mensaxería financeira propio independentemente do SWIFT o que, entre outras cousas, lle pode supoñer pagar menos custos e ademáis de independizarse dos Estados Unidos. Un sistema que se vai a apoiar nas grandes reservas de ouro en poder dos países do BRIC que estes foron acumulando nos últimos anos e que teñen depositadas nos seus propios bancos.

Un movemento deste tipo pode supoñer, de materializarse, que os Estados Unidos se atopen con unha superabundancia de dólares -por que o resto do mundo xa non os precisa- e como consecuencia unha baixa no tipo de cambio de súa divisa que, ao tempo, perde peso no total de reservas a nivel mundial. Unha situación que colocaría a USA nun grande dilema: si sube o tipo de xuro para manter o valor do dólar se lle vai a disparar a débeda, unha débeda xa de por si exorbitante pero si o baixa debilitará o valor de cambio do dólar e disparará a inflación.

Un movemento dos BRIC que supón a posible creación dun sistema monetario alternativo que afondará o declive do imperio estadounidense por que aínda que é certo que o vello sistema monetario baseado no dólar funciona tamén é certo que está agromando un novo sistema monetario -en base a outras divisas- que o cuestiona e vai sumando socios o que ampla a fenda do sistema de poder baseado no dólar que é o mesmo que dicir o sistema de poder dos Estados Unidos. 

Un dato aclaratorio: non se está afirmando que esteamos diante dun colapso do dólar -suma o 80% das transaccións- nin do sistema SWIFT pero si se pode falar dunha erosión gradual e continuada do vello sistema monetario que era unha das grandes fortalezas do Imperio estadounidense.

Un pais cada vez mais desigual

Si o cambio na posición dos Estados Unidos na economía mundo capitalista é un claro signo do seu declive resulta aínda mais significativo o que está pasando ao interior deste pais. Así é por caso o IDH (Índice de Desenrolo Humano) colocaba a Estados Unidos (año 2023, ultimo do que se dispón de datos) no lugar dezasete (0,938) claramente por detrás non so dos estados europeos mais avanzados (Países nórdicos, Alamana, Países Baixos....) senón incluso de estados doutros continentes (Australia, Nova Zelanda, Singapur....). A relevancia deste dato vese confirmada polo feito de que nos anos 90 do século pasado Estados Unidos ocupaba o primeiro lugar no mundo polo seu IDH.

Un indicador que reflicte como a desigualdade nos Estados Unidos se disparou nas últimas décadas algo que tamén se ve confirmado polo Índice de Gini que no ano 2023 acadou un dos valores (41,8) mais elevados de sempre (1981: 35,5) Para facernos unha idea digamos que é claramente superior ao de España e os estados europeos do noso entorno (España: 31,5; Alamana: 29,4; Reino Unido: 33,5; Francia: 29,7; Italia: 31,5; Portugal 33,7). Na actualidade nos Estados Unidos o 1% mais rico posúe unha riqueza coase 500 veces maior que o 50% mais pobre. E para rematar con este apartado vale a pena subliñar que segundo o último censo oficial en Estados Unidos a desigualdade medrou de tal xeito que na actualidade unhas 37,9 millóns de persoas viven na pobreza das cales uns 15,3 millóns (1 de cada 5) son nenos/as. En relación aos nenos e os seus dereitos segundo HUMAN WRIGHTS a maioría dos estados dos Estados Unidos incumpren cos estándares internacionais en catro cuestións fundamentais: o matrimonio infantil, o castigo corporal, o traballo infantil e a xustiza xuvenil.

En relación a igualdade de xénero compre destacar que Donald Trump suprimiu medidas destinadas a combater a discriminación laboral, a lenda salarial, o acoso sexual no traballo, o abuso sexual nas escolas e as universidades así como a garantía dos dereitos sexuais. Na actualidade os Estados Unidos cunha lenda de xero do 74,7% ocupa no raking de xénero o posto 43 -España co 79,7% ocupa o posto 10-.

En canto ao benestar social subliñar que moitos/as estadounidenses viven o drama da xubilación pois case 5,3 millóns de persoas maiores de 65 anos -1 de cada 10- viven na pobreza. Unha desigualdade que leva a que os adultos maiores con ingresos baixos morran de prometio 9 anos antes que os seus pares ricos e teñan ademais unha taxa de mortalidade -17,5/21%- que case duplica a destes -10,5/11%-. Unha lenda que non para de medrar. Esto leva a que “as mortes por desesperación” -especialmente o suicidio, a sobredoses de drogas e o alcoholismo- non paren de medrar entre os adultos maiores con menores recursos.

 

Unhas políticas públicas que favorecen a desigualdade

Unha situación social que actualmente se ve alimentada polas políticas públicas da Administración Trump. En relación a a política tributaria as medidas adoptadas por esta administración camiñan na dirección de que as diferencias entre as familias con mais recursos (10%) seguirán medrando mentres os das familias con menos (10%) seguirán diminuíndo o que incrementará a desigualdade. Unha dinámica que se ve favorecida polos recortes que a administración republicana aplicou a programas sociais básicos como o Medicard -programa que proporciona cobertura médica a persoas, familias e nenos con baixas ingresos, a mulleres embarazadas, a anciáns/as e a persoas minusválidas- e o Programa de Asistencia Nutricional Suplementario -SNAP: programa de cupóns para alimentos destinado a persoas e familias de baixos ou ningún ingreso-.

Pola súa parte a política de aranceis, da que tanto presume Donald Trump, está provocando unha suba nos prezos dos produtos importados entre os que abondan aqueles relacionados, por caso, coa alimentación e que consumen as rendas mais baixas que deste xeito son quen mais teñen que soportar as alzas mais elevadas nos prezos o que está afectando ao seu patrón de consumo. 

As políticas fiscal e de rendas de Donal Trump tamén favorecen que medre a desigualdade por mor tanto da redución de impostos as rendas mais altas como por que os salarios baixos están medrando menos que os salarios medios e altos.

Non menor impacto na desigualdade ten a situación do sector sanitario. De todos é coñecido que a sanidade nos Estados Unidos é un dos grandes problemas de política interna. Trátase dun sistema privatizado, de mala calidade, caro, ineficiente e que, como sinalaba, incrementa a desigualdade: en 2022 había 25 millóns de estadounidenses -8% da poboación- sen cobertura sanitaria. Un déficit que se reflicte na esperanza media de vida dos estadounidenses que en 2022 era de 76 años para unha media de 80 años na OCDE.

 

As manifestacións dun declive

Velaí algunhas das manifestacións e causas internas mais relevantes do crecente declive dos Estados Unidos que non poucos consideran irreversible. Manifestacións e causas que atinxen a diferentes campos como o económico, o comercial, o financeiro e o social de xeito destacado aínda que con diferente intensidade. Campos que poñen de releve como o declive dos Estados Unidos como imperio ten causas e efectos basicamente internos.

Algo que podemos comprobar regularmente a través das novas e imáxenes que nos chegan e que mostran crecentes fracturas sociais e un alarmante auxe da violencia nas rúas e en centros comerciais e de ocio: tiroteos, explosións, ataques con coches, disputas entre bandas...Especialmente preocupante resulta o incremento da violencia armada non so entre a poboación civil senón tamén a cargo das forzas de seguridade. As cifras non enganan: segundo Amnistía Internacional os tiroteos masivos, con matanzas incluídas, non pararon de medrar ano a ano pasando, por caso, de 300 no ano 2014 a case 700 no 2022. A cifra de persoas mortas por violencia armada pasou de 12.000 vítimas mortais no 2014 as mais de 21.000 na actualidade. Segundo Gun Violence Archiva durante o ano 2025 producíronse entre 15 e 17 asasinatos masivos, mais de 330 foron as persoas falecidas e sobre unhas 1.740 as feridas en eventos clasificados como tiroteos masivos, 75 dos cales tiveron lugar en centros educativos. 

Velaí algunhas das manifestacións e causas internas mais relevantes do crecente declive dos Estados Unidos que non poucos consideran irreversible. Manifestacións e causas que atinxen a diferentes campos como o económico, o comercial, o financeiro e o social de xeito destacado aínda que con diferente intensidade. Campos que poñen de releve como o declive dos Estados Unidos como imperio ten causas e efectos basicamente internos

Nun artigo publicado no New York Times, Robert Pape director do Proxecto de Chicago sobre Seguridade e Ameazas, advertía de que o pais podería estar ao borde dunha era extremadamente violenta na política estadounidense. “A violencia política actual estase producindo en todo o espectro político e hay un aumento tanto na dereita como na esquerda”. Para mellor entender este fenómeno compre saber que segundo os datos mais fiables nos Estados Unidos hai mais de 42 millóns de armas e que o 32% da poboación afirma ter armas no seu domicilio. Como dixo Noam Chomsky, “Estados Unidos é un pais asombroso, ten o 4% da poboación mundial é o 40% das armas do planeta”. 

Todo isto reflicte que o declive dos Estados Unidos e maiormente social e político tal que empeza a adoptar as características dun estado do Sur global -é o único pais do Norte onde a mortalidade segue medrando-. Un declive social e político que, certamente, ten as bases económicas que anteriormente se sinalaron e que debuxan unha desigualdade de rendas e riqueza que non ten parangón entre os estados do Norte. Pero quero terminar subliñando a relevancia do declive sociopolítico que está alcanzando con Donald Trump na presidencia.

Nos últimos anos os Estados Unidos pasaron de ser a potencia hexemónica -unha hexemonía recoñecida pola comunidade internacional- a ser unha potencia imperial pero débil que se ve desbordada polos conflitos internacionais que a superan. Unha posición que se está facendo cada vez mais visible con Donald Trump na presidencia cando os intereses particulares se impoñen aos xerais como mostra o abandono dos Estados Unidos de practicamente tódalas institucións multilaterais que se crearon logo da II guerra mundial e que contribuíron a súa consolidación e aceptación como potencia hexemónica.

Un comportamento que, como estamos vendo, provoca un crecente rechazo na escena internacional e que, en contra do que se pode pensar, reflicte a decadencia dunha potencia hexemónica, dun imperio.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.