Vendo e prima de “risco” nestes intres a 540 puntos, e pensando nas diversas e curiosas terminoloxías que os gobernantes poderían empregar para non mencionar a palabra rescate dun xeito explícito, comeza a virme preocupantemente unha serie de cuestións vencelladas ao noso tempo libre e lecer…
Se botamos man do sociólogo francés J.Dumazedier, que nos dá unha definición extensa do que podemos considerar lecer (ocio), eu voume a poñer no papel dunha familia galega calquera, sen ingresos (ou moi reducidos), que buscan desesperadamente traballo para poder tan só xantar diariamente…
Pregunta: poden chegar a ter un lecer de calidade? ata onde chegamos? Ata onde o Estado non ten que asegurar o crecemento integral da persoa a través de, por exemplo, actividades de lecer?
Pregunta: poden chegar a ter un lecer de calidade? ata onde chegamos? Ata onde o Estado non ten que asegurar o crecemento integral da persoa a través de, por exemplo, actividades de lecer?
Isto é tan sinxelo como pensar en xogar nun equipo, practicar un deporte, ou ben, acudir no verán a un campamento... para os máis cativos/as é unha expresión de liberdade compartir momentos que os/as farán formarse coma persoas, nun espazo non formalizado e convivindo sen comparar clases sociais ou ingresos familiares.
Pensemos que si temos a opción de acceder a un lecer de calidade (por certo, a definición corresponde a actividades que nós escollemos libremente, polo feito de facelas, e que nos reportan satisfacción) , aproveitando os recursos que nos oferta a Administración. Pensemos pois en bibliotecas, parques, andainas,... son iguais en todos os Concellos? Porque falamos dun Estado do Benestar que para algúns/algunhas depende da xestión dos noso queridos/as políticos?
Cando nun país, máis de dous millóns de rapaces pasan fame, igual é que xa non temos ese Estado de Benestar....cando resulta que o que xera unha crise é a educación e a sanidade e non o despilfarro e corrupción, xa non se nos pasa pola cabeza pedir, ou nin tan sequera preguntar, que pasa co noso tempo libre e o lecer...
Seguimos dando pasos cara atrás. Seguimos botando terra nas xeracións que son o futuro da humanidade. Seguimos máis preocupados por contar cantas persoas asubían ou deixan de asubiar nun partido de fútbol...
A solución non é o crecemento económico unicamente, a solución é conseguir que ese crecemento vaia vencellado ao crecemento integral de miles de persoas
A solución non é o crecemento económico unicamente, a solución é conseguir que ese crecemento vaia vencellado ao crecemento integral de miles de persoas, a través da vida, das súas experiencias, da opción persoal para poder escollelas.
Xa dicía Jose Luis Sampedro: "El tiempo no es oro; el tiempo es vida".