O máximo común multiplicador

Julián Hernández non puido estar no acto que o Encontro Cidadán por unha Marea Galega celebrou o pasado 10 de agosto, pero enviou unha mensaxe de apoio á confluencia que, canto máis pasa o tempo, máis atinada me parece: “Apoio a confluencia por que estou pola república, polo Máximo Común Multiplicador e pola miña terra galega”.

Esta situación so pode resolverse por tres vías: reducimos as restricións, deixamos fóra algunha das partes ou non celebramos o acordo.

A frase epatante (como non podía ser menos) esconde un pequeno tesouro. En política, como noutros ámbitos, a negociación entre as partes adoita guiarse por un criterio oposto ao anterior: a delimitación do Mínimo Común Divisor. Se tentaramos representar dun modo gráfico está lóxica, a forma máis fácil é a intersección entre conxuntos. O espazo posible de intersección entre dous grupos é a práctica totalidade da superficie e, polo tanto, a marxe para o acordo é elevada. Pero cantos máis conxuntos delimiten a intersección, menor será a área común. Dito de outro modo, se cada un dos actores que queren formar parte dun proceso de confluencia acude a el con unha serie de restricións, o espazo para compatibilizar a totalidade delas e mínimo. Esta situación so pode resolverse por tres vías: reducimos as restricións, deixamos fóra algunha das partes ou non celebramos o acordo.

A idea do Máximo Común Múltiplo remite á potencia, ao infinito e, por tanto, non establece límites. É obvio que nese espazo cabemos todos e, tal vez por iso, quizais deba ser este o punto de partida para encontrarnos. A propia traxectoria converxente vai a acabar por acoutar o espazo, pero para que esta se produza temos que darnos a oportunidade de que haxa sitio para todxs.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.