O medo muda de bando

Iniciar certos debates no eido parlamentar pode supoñer recibir toda clase de improperios e ameazas. Isto non é que se entendería por unha democracia madura, senón máis propio da pseudo-ditadura dalgúns grupos de interese. Queda claro que o tema das touradas xera unha agria polémica e que ambos dous bandos tentan confrontar argumental e moralmente contra o espazo contrario.

Iniciar certos debates no eido parlamentar pode supoñer recibir toda clase de improperios e ameazas. Isto non é que se entendería por unha democracia madura, senón máis propio da pseudo-ditadura dalgúns grupos de interese

O pasado 29 de Abril tiven a oportunidade de participar na presentación da Proposición de Lei que o BNG rexistrara ese mesmo día no Parlamento solicitando a reforma da normativa vixente de protección dos animais para eliminar a excepción que posibilita a celebración de festexos taurinos. Resulta estraño que no ano 2013 un grupo de deputadas e deputados teña que votar a prol da abolición dun espectáculo de maltrato animal que ten lugar grazas a unha anormalidade lexislativa. Queda claro que as touradas están fora da Época.

Os aficionados e os grupos de presión protaurinos son insignificantes no territorio galego. Non é opinión dun abolicionista, e postura sociolóxica de todos os estudos e sondaxes realizados na nosa terra nos últimos anos. Isto non impide que algúns permítanse o luxo de criticar e incendiar as redes sociais con toda clase de insultos contra os e as representantes electas da cidadanía, votados por unha importante porcentaxe das persoas que participan nas Eleccións. E teñen a pouca cara de pretender condicionar un voto.

Como reflectía unha recente campaña de comunicación co lema O medo muda de bando, semella ser esta a actitude que están a tomar os taurinos. Saben que a súa afección pola crueldade e a tortura animal non está ben vista, que na Inquisición o una Guerra Civil non había problema porque a violencia e a masacre eran tónica xeral, pero nun momento social onde se están a recortar gravemente os servizos e conquistas sociais máis elementais é canto menos noxento que algúns gobernos continúen a subsidiar os festexos taurinos.

A Coruña, Pontevedra, Sarria ou Padrón forman parte deste selecto clube da violencia cara os animais. E os cidadáns están fartos

A Coruña, Pontevedra, Sarria ou Padrón forman parte deste selecto clube da violencia cara os animais. E os cidadáns están fartos. Por iso muda de bando, porque a Época, as maiorías sociais, cada vez máis deputadas e deputados, rompen o cerco mediático, a demagoxia e o populismo da Fiesta Nacional, das iniciativas para declarar BIC esta barbarie, para apoiar as propostas de abolición.

Veremos o que sucede no Parlamento galego, pero en todo caso, a iniciativa xa se gañou, nas rúas e nas casas dos milleiros de persoas que aborrecen a tauromaquia e desexan a súa fin anunciada e ben regada con cartos de todas e de todos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.