O meu editor

Teño dito, e escrito, que o que nunca me faltou na miña, xa longa, vida, de escritora galega, foron editores. Sempre o souben e sempre o cuestionei. Por que quererán editarme sabendo que a crítica non me vai salientar, nin os premios favorecer? Por que quererían editar a unha escritora proscrita? A pregunta non impediu que me sinta igualmente agradecida por editarme.

Por que quererán editarme sabendo que a crítica non me vai salientar, nin os premios favorecer? Por que quererían editar a unha escritora proscrita? A pregunta non impediu que me sinta igualmente agradecida por editarme

Tamén teño dito que non tiven capela, que o meu criterio  independente e mesmo intransixente, non permitiu a miña acollida, aínda que tamén sei que factores externos quixeron levarme a camiñar por unha corda frouxa. Porén, os meus criterios sempre foron firmes, que non quere dicir que sempre fosen acertados.
E isto a que vén? 

Hai xa anos que publico, maioritariamente, en E. Xerais. Diríase que a editorial acolleu a miña obra. Certo. Agora ben, debo dicir que non era unha autora da casa. Pouco visitaba a editorial, só en situacións necesarias, e non sentía que entrase nun fogar acolledor cando traspasaba a súa porta.

Ou sexa, mesmo se era a editorial que me publicou libros difíciles no relativo á venda, xéneros non comúns, a unha autora inqueda que choutaba dun xénero para outro, de flor en flor, como unha abella polígrafa, non era, ou non libaba dun xeito comunal nese panal. 

Sen embargo é o meu panal e desde hai moitos anos, e nos últimos 24, Manuel Bragado foi o meu editor, nome que lle daba sempre cando o aludía. Nome que xa non lle darei no sucesivo. Porque o binomio Xerais- Bragado está desfeito desde onte, e a vida do editor vai deixar paso á do pedagogo que nunca deixou de ser.

A vida do editor vai deixar paso á do pedagogo que nunca deixou de ser. Tal vez por iso mirou pola cultura galega dunha forma comprometida, didáctica e sabia, como un mestre

Tal vez por iso mirou pola cultura galega dunha forma comprometida, didáctica e sabia, como un mestre.  O seu labor non foi só o de editor, senón que percorría Galicia como unha Barraca de coñecemento, desas indispensables en cada momento histórico, que a nós nunca nos faltou.

Este 12 de abril  pensei que era un día nefasto. Agora sei que era Xoves o día de Xúpiter, un día fasto para un mestre co mester máis xubiloso do país.

Boa viaxe, editor.

Publicidade

{C}{C}{C}{C}

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.