O motivo real de ir a eleccións (outra vez)

CC-BY-SA Praza Pública

Escribo este relato ao fío da media tarde do luns 16 de setembro, en plenas consultas do monarca do reino de España cos distintos candidatos e candidatas dos partidos políticos con representación parlamentaria para intentar non ir as urnas o 10 de novembro. Unha repetición de eleccións que en nada favorece nin ao país nin a xente, pois aparte de ter o goberno bloqueado dende febreiro, os novos comicios abren a porta a que a dereita si sume para sacar adiante un goberno que promete moitas medidas que non buscan a xustiza social.

Pero, ¿Como é que se chegou a esta situación e non hai ata o momento un goberno de coalición entre PSOE e Unidas Podemos?

¿Cales son os motivos reais de esa falta de entendemento?

Recapitulemos un pouco...

A mediados de febreiro Pedro Sánchez non da quitado os orzamentos e uns días despois anuncia eleccións estatais. ¿Cal é o motivo de que anuncie esas eleccións adiantadas? Hai varios motivos, pero un de eles e posiblemente o que maior peso ten, é o ascenso de VOX. Este ascenso de VOX intenta sacarlle proveito o PSOE dando o discurso do voto do medo.

A vitoria do “trifachito” en Andalucía reforza este discurso.

Días despois de que Sánchez anuncie e convoque eleccións para o 28 de abril, a executiva de Ciudadanos decide pechar a porta a calquera pacto co PSOE para gobernar. Toca dicir, que uns días despois a por aquel entón presidenta do PSOE, a señora Narbona, envía unha misiva ao señor Rivera, na cal lle pide que recapacite e levante ese veto imposto dende o partido laranxa.

Comenza a campaña. O PSOE tira do voto do medo, e proba de isto é que Pedro Sánchez só decide ir ao debate onde estea o señor Abascal. Esta estratexia de enfrontarse ao radicalismo da dereita máis conservadora e rancia, busca un fin clarísimo: que o electorado crea que o PSOE será o único partido capaz de parar a extrema dereita.

En ningún momento Pedro Sánchez descarta que non teña intención de negociar con Cs, pese as declaracións de Rivera.

Dous días antes das eleccións Pedro Sánchez di a certos medios de comunicación que non habería ningún problema en que UP entrase nun goberno presidido por el mesmo.

E o 28 de abril danse estes resultados (traducidos a escaños no congreso):

PSOE......123

PP.............66

Cs.............57

UP.............42

VOX..........24

ERC...........15

JxCAT.........7

PNV............6

BILDU.......4

Cca.............2

NA.............2

Compromis...1

PRC...............1

De non existir ese veto posto polo señor Rivera temos que PSOE+Cs nos darían 180 escaños.

O que buscan tanto IBEX, CEOE, banca e resto de poderes fáticos e defensores do capitalismo.

Pero aquí, aparte do veto de Rivera está o propio veto que lle din as bases socialistas que acoden a Ferraz a celebrar os resultados electorais: “CON RIVERA, NO”.

E ao día seguinte Carmen Calvo xa desvela parte da estratexia preparada polo PSOE. Anuncia que o PSOE intentará un goberno monocolor. Sin pactos nin coalicións. Este anuncio ven motivado polo relato dado dende o principio por UP: que si UP tiña que entrar no goberno, sería en coalición. Nada de cheques en branco.

A partir de aquí, para o PSOE todo foron escusas.

A primeira foi dicir que un goberno de coalición podía restar en vez de sumar. Claro, tamén resta no resto de Europa onde a maioría de países teñen gobernos de coalición.

Despois veu o tema de Cataluña. Pero UP deixou claro que si ese era o problema, dende UP se comprometían a cumprir as peticións e esixencias do POSE en temas de estado.

A seguinte foi vetar a Pablo Iglesias. Un caso único na historia da democracia. Vetar ao candidato do partido preferente como socio de goberno. O señor Iglesias faise a un lado.

Despois está o tema dos ministerios. Pero hai que ver cal é a diferencia real entre o que ofrecía o PSOE e que pedía UP.

A oferta do PSOE de unha vicepresidencia de servizos sociais e dependencia e 3 ministerios (vivenda e economía social, sanidade e consumo, e igualdade) sumaban 4.230 millóns de euros, un 2,6% do gasto dos orzamentos do estado do 2019.

En esta oferta “ridícula” a nivel económico (¿que políticas podes facer si non se dispón de orzamento para levalas a cabo?) súmase a problemática de que o ministerio de igualdade era unha secretaria de estado pero coa categoría cambiada, a cal pertencía ao departamento da señora Calvo.

A petición de Unidas Podemos era unha vicepresidencia de servizos sociais e igualdade e 3 ministerios (sanidade e consumo / traballo / ciencia) cun orzamento ao cargo de 22.240 millóns de euros. O 13,5% de todo o gasto do estado.

Dende o PSOE dixeron que esa petición de UP era desorbitada e non era acorde ao que reflexaron as urnas o 28 de abril. Nada máis lonxe da realidade. Unidas Podemos tivo o 14% dos votos, que traspasado a escaños serían o 25% da suma de diputad@s que conformarían esa hipotética coalición.

Nun último momento, xa case como ultimatum para intentar sacar adiante un goberno, o señor Iglesias dixo que renunciaba ao ministerio de traballo a cambio de as políticas activas de emprego.

Oferta seguida de outra negativa por parte do PSOE.

Ademais da problemática e abismal diferencia orzamentaria da oferta do PSOE a demanda de UP hai que sumarlle o tema das competencias, cousa que a xente non lle da importancia.

Porque un ministerio sin competencias é igual que un coche sin rodas e sin volante. Non sirve para máis nada que mirar para el.

O ministerio de vivenda que ofrecía o PSOE era só a secretaria do mesmo, sin capacidade para obrar sobre normativa de desahucios, sobre a lei hipotecaria, IBI, transmisións patrimoniais ou actuar sobre os fondos boitre ou outras capitalizacións que afectasen a temas de vivenda.

O ministerio de sanidade e consumo non tiña competencias para regular o xogo on line, que depende de facenda.

E o ministerio de igualdade non ten competencias sobre regulación da fenda salarial, sobre o trato a inmigrantes ou sobre sistemas de ensinanza.

Repito: o PSOE ofrecía unha vicepresidencia e 3 ministerios que eran cáscaras vacias. Sillóns e nada máis.

Non houbo investidura e pasou agosto. En ese mes Unidas Podemos en un intento de formar goberno envía unha nova proposta ao PSOE para negociar. Un documento de 119 páxinas , das cales 108 eran de programa de goberno e as outras plantexaban catro alternativas (abertas) de participación no goberno de coalición.

Este documento é moi parecido só que máis extenso, ao que no seu día firmaron Sánchez e Iglesias para sacar os orzamentos do 2019, que non se chegaron a aprobar.

Pero o PSOE volveu a decir que non lle valía esta proposta.

E a partir de aquí o PSOE decidiu acudiu a sociedade civil e manter xuntanzas para recoller a súas demandas. Demandas que só lle pareceron acertadas ao CEOE.

Fai uns días volveron a xuntarse para negociar con UP. A situación lonxe de mellorar, empeorou. De coalición xa nada. A oferta xa caducou. Nin que estivésemos comprando iogures.

E hoxe, aparte de comenzar unha nova ronda de consultas o monarca do reino de España, resulta que o señor Rivera lle lanza unha oferta magnífica ao PSOE: abstención de Cs e presuntamente do PP a cambio de tres esixencias: que o PSOE rompa o seu pacto con Bildu en Navarra, garantir a aplicación do 155 en Cataluña e novas políticas económicas.

O señor Sánchez contestou que iso xa se está afacer. Que se absteña o PP e Cs sin pedir nada. Abstención técnica para sacar un goberno monopartido cando as urnas non lle deron esa maioría absoluta que tanto busca nos pactos de silencio o PSOE.

E con este panorama, o máis seguro é que o vindeiro 11 de novembro iremos a eleccións, novamente. E resulta que a culpa de iso é de Unidas Podemos. E é de Pablo Iglesias polo seu afán de amasar poder para si e por querer máis do que os resultados electorais lle dan.

O relato do voto do medo, de parar a dereita xa non vale. Porque non podes pedir o voto para parar a dereita e despois facerlle guiños a Cs para que te apoien sacando un goberno de centro-dereita.

A realidade é que o PSOE e Pedro Sánchez nunca tiveron intención de que Unidas Podemos entrase en coalición a un goberno progresista. E non porque o PSOE teña ou tivese pouco interese en pactar coas forzas da súa esquerda, senón porque hai outras presións por detrás.

Porque para o CEOE sería máis cómodo negociar recortes laborais con Rivera que con Iglesias.

Porque poñer un imposto a banca sería unha herexía para a señora Arrimadas mentres que para Irene Montero sería case unha obrigación urxente.

Porque non pode entrar ao poder un partido republicano onde ainda temos unha monarquía “paralamentarla”.

Porque os fondos voitres non poderían actuar impunemente si houbese unha lexislación e fiscalización real e eficaz sobre os alugueiros.

O PSOE nunca tivo como socio real preferente a Unidas Podemos. Porque habería entón que facer o prometido:

- Derogar a reforma laboral do PP;

- Derogar a lei Mordaza;

- Blindar as pensións acorde ao IPC;

- Xulgar os crímenes franquistas;

- Publicar a lista das persoas amnistiadas fiscalmente;

- Publicar a lista Falciani de evasores fiscais;

- Solicitar a comparecencia de Villarejo no congreso;

- Rematar coa inviolabilidade do noso monarca e os seus privilexios;

- Recuperar os 60.000 millóns do rescate da banca;

- Exhumar ao pequeno de Ferrol do Valle de los Caidos;

- Poñer un imposto a banca;

- Xestionar a inmigración e retirar as concertinas;

- Recuperar dereitos da clases traballadora;

- Reformar o código penal no tocante a delitos sexuais;

- Promover a Lei de Violencia de Xénero;

- Reducir as listas de espera das persoas dependentes;

- Facer real a accesibilidade universal;

- Aprobar a Lei de Transición Enerxética e de Cambio Climático;

- Rebaixar a factura da luz;

- Acabar co copago/repago farmacéutico...

E si o PSOE fai todo isto, vai en contra dos intereses da xente poderosa que manexa de verdade o noso país. E so non pode pasar.

Fixádevos ata que punto Pedro Sánchez non lle interesa un goberno con Unidas Podemos que nin tan xiquera el mesmo cumpre cos estatutos do seu partido, onde el mesmo deixou claro que ante calquera pacto de goberno sería consultado as súas bases.

E, salvo que haxa entre hoxe luns e mañá martes, 16 e 17 de setembro, algún xiro dramático no acontecer das cousas, o 10 de novembro voltaremos a ter eleccións.

E o motivo real é que o socio preferente do PSOE sempre foi Ciudadanos.

E o peor non é que os resultados de estes novos comicios nos volvan por en esta situación, senón que os resultados poñan en esta situación a dereita.

Porque si se da ese escenario, a dereita non tardará nin un día en negociar ata os sobresoldos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.