Podemos constatar avances que permitiron melloras en diferentes aspectos que marcan o noso percorrido profesional e persoal, pero tamén obstáculos que dificultan o desenvolvemento que merecemos
Como cambiou a miña profesión nos últimos anos? A situación laboral e profesional do noso colectivo é moi diferente á existente hai 20, 30 ou 40 anos?? É indubidable que a realidade que vivimos en 2023 non é a mesma que hai uns anos, non tantos, no noso país.
Podemos constatar cambios e avances que permitiron melloras en diferentes aspectos e ámbitos que marcan o noso percorrido profesional e persoal, pero tamén barreiras e obstáculos que dificultan e impiden o desenvolvemento que anhelamos e merecemos.
O feito de sermos unha profesión eminentemente feminina é o alicerce, firmemente arraigado desde hai moitos anos, sobre o que se levantan e manteñen moitas destas barreiras de maneira inxusta, inaceptable e artificial.
Nun novo Día Internacional da Muller, desde SATSE volvemos rebelarnos ante a discriminatoria e desigual realidade que seguen sufrindo as nosas compañeiras polo mero feito de ser muller desde o firme convencemento de que merecen ser recoñecidas polo seu excelente cualificación, experiencia e exercicio profesional.
Fenda de xénero, teitos de cristal, estereotipos sexistas... son realidades que acompañan e prexudican as enfermeiras ao longo de toda a súa traxectoria profesional e persoal e que, lamentablemente, son promovidas, en moitas ocasións, por persoas, colectivos e organizacións con pensamentos e ideoloxías profundamente arcaicas e retrógradas.
O feito de sermos unha profesión eminentemente feminina é o alicerce, firmemente arraigado desde hai moitos anos, sobre o que se levantan e manteñen moitas destas barreiras de maneira inxusta, inaceptable e artificial
Unha recente enquisa realizada pola nosa organización en todo o Estado reflicte que as nosas compañeiras e compañeiros pensan de maneira maioritaria que non temos o recoñecemento e visibilidade social que nos merecemos. De igual maneira, consideran que gran parte da sociedade nos ve aínda como unha profesión dependente e unicamente vocacional.
Queda, polo tanto, moito traballo por facer para que nos vexan e recoñezan polo que somos e facemos. Unha loita que require de toda a nosa implicación e tamén a das administracións e poderes públicos a través de medidas, estratexias e normativas valentes e comprometidas cos nosos dereitos e necesidades.
As enfermeiras, onte, hoxe e nun futuro, son as profesionais sanitarias líderes nos coidados. Poden e deben estar nos ámbitos de responsabilidade e decisión porque a súa visión integral e capacidade de organización fan posible, non só un mellor sistema sanitario, senón un mellor Estado do Benestar
As enfermeiras, onte, hoxe e nun futuro, son as profesionais sanitarias líderes nos coidados. Son profesionais autónomas, en base á súa cualificación e campo de coñecementos, e absolutamente imprescindibles para garantir unha atención sanitaria óptima e segura aos pacientes e ao conxunto da cidadanía do noso país e do resto do mundo.
Son iso e moito máis. Son investigadoras, xestoras, docentes... e, sobre todo, poden e deben aspirar a moito máis. Poden e deben estar nos ámbitos de responsabilidade e decisión porque a súa visión integral e capacidade de organización fan posible, non só un mellor sistema sanitario, senón un mellor Estado do Benestar.
Para iso, sempre, e hoxe con máis forza, Día Internacional da Muller, debemos fortalecer o noso lugar natural de coidados... o noso espazo profesional propio.
Por todas as compañeiras que desenvolven a súa actividade profesional en 2023 e polas que o farán no futuro. As enfermeiras, líderes e autónomas, teñen a chave para transformar o seu presente e, sobre todo, o seu futuro.