O Filipe naceu no 68. Tiñamos 9 anos cando os nosos pais foran cominados nas eleccións lexislativas do 77 a lexitimar a democracia con Bourbon. Ese ano empezabamos quinto de Educación General Básica. A mestra de cuarto, que xa lle aprendera castelán a miña irmá, nai e tías era vítima da represión que recibira o seu marido, tamén mestre, cando foi apartado da docencia. Daquela érache unha sorte solar dar cun mestre que non agochara a realidade lingüística e cultural de noso. Porén, ambos emocionamos coas palabras compunxidas de Arias Navarro na televisión. Disque, a diferencia dos nosos pais, os do 68 fomos criados en democracia. Non recibín a primeira palestra de lingua materna até segundo de bacharelato. No entanto, o principiño comezara a dominar o inglés e o francés no Colegio Santa María de los Rosales de Madrid. Malia o exilio portugués, non lembro un só día que o seu pai Xan Carlos se dirixira aos galegos na súa lingua. El Rei non o era de todos os españois. Os nenos non entenden ben o silencio ou a omisión das palabras-aloumiño que os reconfortan e lles dan de comer. Dende aquela non espero nada. Será por ese motivo que o cidadán 015 é prudente e quere reinar mentres eu teimo en esquecerme dos números do DNI procurando as palabras que me roubaron, por iso sempre falo de máis.
A monarquía nunca tivo lexitimidade de seu. Só utilidade. Foi colocada polo franquismo e lexitimouse de cara a opinión pública a noite do 23F. Esa noite atopouse coa Historia. E gañouna na primeira volta
A monarquía nunca tivo lexitimidade de seu. Só utilidade. Foi colocada polo franquismo e lexitimouse de cara a opinión pública a noite do 23F. Esa noite atopouse coa Historia. E gañouna na primeira volta. Até o punto que o necesario debate entre monarquía e república non se fixo na altura, cando tocaba. Malia a negra sombra que arrastra viviu un reinado ben confortábel até que esqueceu que a súa utilidade derivábase de disimular a súa inutilidade. Os vindeiros días, ratificará o recambio un sistema que xa non representa o mapa político español porque un dos motivos fulcrais é a tutela da unidade do estado fronte o proceso catalán. Perdida a maioría social, a debilidade e devoción monárquica do PSOE impedirá, mais unha vez, o debate sobre a república.
A monarquía xustifica o recambio xeracional. Porén, quen pertencemos á mesma xeración do Filipe sabemos que aquela democracia non foi igual para todos, como desigual é agora
A monarquía xustifica o recambio xeracional. Porén, quen pertencemos á mesma xeración do Filipe sabemos que aquela democracia non foi igual para todos, como desigual é agora; que o poder que tivo o pai non o terá ele e que calquera mudanza terá de producirse cando a cidadanía, pasados os días da entronización, recuperen o principio de realidade: a dimensión social da crise, o descrédito das institucións, o proceso catalán e a reedición da Galiza arredada. Que caste de achega poderá facer ás nosas vidas editar máis do mesmo? Non espero nada ou moi pouco no novo reinado. Porque quen quixeron a mudanza da Coroa son os que queren que nada mude. Nen rastro de vergoña.
Unha vez Alexandre o Grande ao encontrarse con Dióxenes de Sinope preguntoulle o que podía facer por el, ao que o filósofo tamén coñecido como Dióxenes o Cínico, respondeu: “non me tires o que non me podes dar!" (variantes: "déixame ao meu sol", “non me fagas sombra»).