Santiago de Compostela, cidade patrimonio da humanidade, vive unha situación de deterioro e perda do seu patrimonio natural e construido nestes dous anos trancurridos de goberno municipal do PP. A cidade, exemplo mundial de boas prácticas en rehabilitación, con gran dotación de parques e espazos verdes coidados é agora unha cidade con ruínas, suxa, abandonada, deteriorada. Mais o problema mais grave esta na destrución de espazos singulares como neste caso a Finca do Espiño, espazo de borde do casco historico, na beira do rio Sarela, un espazo natural dunha enorme calidade que conserva no seu interior un palacete modernista de unha gran singularidade; despois de conquerir, grazas á intervención activa da cidadanía, a súa protección, fronte a unha das meirandes operacións de especulación urbanistica ideada polo ex alcalde Conde Roa, condenado por un delito fiscal nunha operación urbanistica; que pretendia converter esta fermosa finca en urbana residencial, fronte ao uso dotacional para persoas maiores que ten hoxe.
Santiago de Compostela, cidade patrimonio da humanidade, vive unha situación de deterioro e perda do seu patrimonio natural e construido
A parte pública, o parque e a construción singular, están sendo reconstruidas e rehabilitadas para así abrir o seu uso e desfrute á cidadanía residente e visitante como un parque de uso público. Mais fronte ao proxecto feito polos servizos municipais para estas actuacións, o goberno do PP en Compostela, imputado en ampla maioría (10 concelleir@s), desbotou este documento e encargoulle a actuación a un arquitecto, que foi concelleiro do PP nos anos 80 do pasado seculo, xunto con Conde Roa. Esta obra, en execución nestes días, xa destruiu parte dos valados orixinais, e tamen as construcións de traballo na finca, e asemade especies de plantas e árbores; asemade está a realizar obras de urbanización, saneamento, beirarrúas, desmontes, etc., que sentan as bases de futuras operacións de barbarie residencial e outras.
Esta obra, en execución nestes días, xa destruiu parte dos valados orixinais, e tamen as construcións de traballo na finca, e asemade especies de plantas e árbore
Este comportamento destrutivo é tanto mais grave en tanto que Santiago dispón de exemplos de conservación e uso público de fincas privadas singulares, tratadas de xeito exemplar, como é o caso da Finca Vista Alegre, ou Finca Simeon, onde a preservación de construcións existentes, de arborado, xardineria etc..., e dicir, de todos os elementos que gardan a memoria patrimonial, puideron preservarse a acometer as novas actuacións sen destruír nada do anterior. Cando o patrimonio de Santiago de Compostela se destrúe bárbara e gratuitamente, toda Galiza é un chisco máis pobre.