O Partido Popular sigue ca súa idea de: primeiro deteriorar os Servizos Sanitarios Públicos, logo con esta disculpa: privatizalos. Xente que traballa na Pública, cómo pode poñer en mans privadas o ben máis preciado que temos: a saúde? Nos últimos meses o PP de Feijoo tivo dúas iniciativas que profundizan na privatización do Sistema Sanitario Público Galego.
En agosto deste ano elabora o Anteproxecto de Modificación da Lei Galega de Saúde, do ano 2008 (feita polo PSOE no bipartito). Esta Lei, tiña a división territorial de Galicia en 11 Áreas de Saúde; ca modificación que queren facer, pasan a ser 7; 4 Áreas Sanitarias, pasan a ser “distritos”, dependentes d@ xerent@ do hospital de cabeceira de provincia. A Lei do 2008, tiña sin desenrolar a participación cidadán e ca nova Lei desaparece ésta, e pasa a ser por decreto da Consellaría de Sanidade. Privatiza a docencia e a investigación, creando organismos ad oc o marxen da Sanidade Pública. As contratacións de persoal, xá non serán só, polo procedemento de concurso-oposición. Este anteproxecto, cómo será de malo, que leva 2.000 alegacións (a Lei de Farmacias….tivo 15).
Aproveitando o revuelo do Anteproxecto, o pp fai a segunda actuación catastrófica para o Sistema Sanitario Público Galego, é o desenrolo da chamada, “eufemísticamente”, Lei de Garantías: sí......... de garantía de que a sanidade privada faráse cos Servizos Sanitarios Públicos...e faga negocio ca saúde da xente, o ben máis preciado que temos. Propón tres formas de resolver unha situación de demora excesiva en consultas co especialista, demora nas probas diagnósticas e/ou demora nas intervencións cirúrxicas…..a primeira forma de resolvelo, según o pp, será continuar na lista de agarda dese centro que lle corresponde; a segunda sería trasladarse a outro hospital público de outra Área Sanitaria do SERGAS e a terceira (é a máis impresentable): “acudir a un centro concertado acreditado polo SERGAS na Comunidade Autónoma, que aboaría íntegramente o SERGAS”. Isto nos indica, que todo retraso na Sanidade Pública pasará, de forma legal, a ser atendido pola sanidade privada. É unha forma de privatizar a Sanidade Pública sin necesidade de “facer hospitais” como fixo Esperanza Aguirre en Madrid. En Galicia, directamente, se transfiren @s pacientes. Cál é a mellor forma de que non se cumpran os prazos, que a mesma administración do pp propón? deteriorando o Sistema Sanitario Público. E cómo? Non investindo o que corresponde, facendo recortes que teñen como consecuencia, que a Sanidade deixe de ser Universal, Gratuita, Pública e de Calidade, non substituindo o persoal sanitario e non sanitario, etc. O ter os servizos baixo mínimos, sostido polo esforzo d@s traballadores/as que se quedan a suplir @s compañeir@s, xá teñen a disculpa que necesitan para privatizalos.
A pregunta que nos facemos todos e todas, é por que non inviste o pp en Sanidade Pública e si vai pagar por servizos públicos a maiores na sanidade privada? Cáles son os intereses ocultos do pp, de investir na privada? Mal imos. Ou nos movemos ou acaban con todo.
Como dicimos dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública: esta medida supón un novo avance na privatización e descapitalización da sanidade galega. O PP acepta a esixencia da Asociación de Hospitais Privados Española, de facerse cargo das listas de agarda da Sanidade Pública. O custo desta medida suporá desviar ao redor de 100 millóns de euros de diñeiro público á sanidade privada, o que descapitalizará, aínda máis, a Sanidade Pública Galega.
Este decreto suporá un parche que non resolverá o problema das listas e agarda, que volverán a crecer irremediabelmente a medio prazo. A experiencia demostra que medidas parciais, non resolven un problema estrutural, que ten que ver coa falta de persoal sanitario e non sanitario, de camas, do baixo rendemento dos quirófanos que pechan pola tardes, da ausencia de incentivos profesionais, a dobre dedicación de médic@s e xef@s de servizo á sanidade pública e a privada violentando a lei de incompatibilidades.
Temos que defender a Sanidade Pública. É unha tarefa na que temos que estar implicados todos e todas, dende @s asegurad@s, @s medios de comunicación e as organizacións sociais e sindicais. Tamén ós partidos políticos. Na defensa da Sanidade Pública, vainos o futuro.