O rendible (para algúns) negocio do altruismo

Se teño que describir o sentemento que agora mesmo domina dentro de min e, sen dúbida algunha, o rexeitamento, un rexeitamento enérxico e rotundo, ademais dunha mágoa enorme, a mágoa que produce confirmar que, unha vez mais, a falta de escrúpulos, o crerse con dereito a todo, desvirtúa a labor que se supón se fai de xeito desinteresado, e por xente que cre nela, e a que non guía outro tipo de fins, que poden ser calquera cousa menos altruistas.

Estou a referirme a decisión adoptada, semella que por propia iniciativa, por dúas asociacións, Asociación Andaluza de Estudios Penales e a Asociación Clara Campoamor, de persoarse como acusación particular no caso de Gabriel Cruz, o neno asasinado pola parella do seu pai hai case  tres meses, unha iniciativa que a propia nai do neno, tanto no seu nome como no do pai, prega que non se leve a cabo e que non é escoitada, xa que, polo menos no caso da asociación Clara Campoamor, a presidenta do colectivo,  Blanca Estrella Ruiz, manifesta a súa intención de continuar adiante, esgrimindo, entre outros argumentos, estar aceptados polo Tribunal, e os fins da  asociación, recollidos nos seus estatutos.

Non son eu ninguén para dubidar da legalidade da súa iniciativa, nin de que a lei a apoie, pero o que si pregunto é, quen se cre esta señora que é para desoir a vontade dos únicos que teñen todo o dereito do mundo a decidir sobre o proceso do asasinato do seu fillo, e de todo canto atinxe a súa persoa, os pais de Gabriel?.

Como pode afirmar que vela polos dereitos do menor, nin polos de ninguén, se non é quen de respectar, nin siquera mínimamente, os de quen lle está pidindo, con toda lexitimidade, que se retire?.

Saberá moito de leis, seguramente, pero sospeito que, no que a sentementos atinxe, é un tanto ignorante.

Vaia por por diante o meu respecto polo traballo desta asociación, así como polo do resto de colectivos, pero a para min mais que cuestionable actuación desta señora, fixo que me viñeran a memoria algunhas reflexións respecto a súas accións que me veño facendo desde hai algún tempo, e que teño que admitir que me rechían un tanto.

Eu non son, obviamente, ningunha autoridade no eido do activismo, nin levo moito tempo nel. Por outra banda, a líña de actuación do colectivo de axuda a vítimas de violencia de xénero  que  dirixo, Si, hai saída, pon de manifesto, como todo o mundo sabe, que non somos unha asociación mediática e  que estamos totalmente centradas no noso traballo,  pero, ainda así, non nos pasa desapercibido o feito de que a asociación Clara Campoamor semella estar moi a miudo presente naqueles casos que  adquiren relevancia informativa e aparecen, por tanto, nos medios de comunicación, coa conseguinte sona que isto lle reporta, algo que dista moito do que se supón debería ser un traballo no que os intereses e o afán de notoriedade non ´figurasen entre as súas prioridades, algo inherente,  aos colectivos que levan a cabo tarefas de voluntariado e co único afán de axudar.

A figura da Sra. Ruiz semella ser un elemento fixo nos casos que  copan os titulares dos medios de comunicación, o que, lóxicamente, revirte no seu beneficio, lembrando a súa figura mais a de quen dirixe unha empresa que a da cabeza visible dunha asociación altruista.

E isto non é o mais grave. O  peor de todo,na miña opinión, é o xeito no que no caso que agora nos ocupa, o do asasinato de Gabriel, ignora totalmente a vontade dos pais do neno, e leva a súa por riba de todo.

E esa a empatía que emprega habitualmente?. Acaso cre a Sra. Ruiz que ela ten a potestade para decidir donde intervir, sen importarlle en absoluto os sentementos  daqueles que están a vivir a traxedia na súa pel e son, ademais, os únicos que teñen dereito a tomar tales decisións?.

Non é de estrañar que, ante actuacións semellantes, se nos mire moitas veces aos colectivos con recelo, e mesmo se nos rexeite, como tampouco é raro que moita xente pense que cantos formamos parte de algunha asociación, por moito que o fagamos de xeito desinteresado, atopamos no activismo un verdadeiro choio que nos enche os petos e nos procura notoriedade.

É totalmente intolerable que alguien que se considere, xa non activista, senón humano, pase por riba dos sentementos, da dor, con tal de, unha vez mais, situarse no punto de mira, ben preto dos focos e das cámaras que, unha vez mais, contribuirán ao ensalzamento da súa persoa e da súa labor.

Gustaríame preguntarlle a Sra. Ruiz como se sentiría se alguien querido para ela, ou ela mesma, estivese a vivir unha situación semellante a dos pais de Gabriel, eso, claro está, se é quen de facer tal exercicio de empatía, cousa bastante dubidosa, vendo como funciona.

Se realmente quere axudar, que comece demostrando un mínimo de sensibilidade, e gustaríame lembrarlle que a axuda de corazón non ten que ser precisamente de dominio público.

Quen realmente ten vontade de tender unha man, de tentar aportar un chisco de paz a quen está a sufrir, non utiliza a súa dor no propio beneficio, e menos ainda tentando facer ver que o fai para favorecer aos demais, cando a realidade é mais que obvia, por moito que se tente maquillar.

Hai moitos xeitos de medrar e de tentar ficar no candeleiro sen valerse dos sentementos, da dor allea.

Insisto, non son ninguén para dar sentenzas, pero entendo que a principal premisa de quen dí querer axudar, e, ademais da vontade sinceira, a discreción, a menos, claro está, que a intención sexa outra.

E, de ser así, aemais de evidenciar unha considerable dose de insensibilidade, ten un nome: Negocio.

En calquera caso, Sra. Ruiz, esta é tan só a opinión de alguien que forma parte dun colectivo con unha única pretensión: Axudar.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.