O secuestro do sentidiño

Donald Trump, nun mitin en 2024 CC-BY-SA Gage Skipmort

Durante o seu segundo discurso de investidura, Donald Trump proclamou unha "revolución do sentido común". A fórmula non é nova. Marine Le Pen leva anos enarborando o "bon sens" francés fronte ás "elites desconectadas" de París. Javier Milei fala de "lóxica esmagadora" e “obviábel”. No Estado español, Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy fixeron do "sentido común" a súa bandeira, 

Durante o seu segundo discurso de investidura, Donald Trump proclamou unha "revolución do sentido común". Días despois, cando se lle preguntou sobre as causas do accidente aéreo do Potomac —a colisión entre un avión comercial e un helicóptero militar que matou a 67 persoas—, o presidente culpou sen evidencias ás políticas de diversidade demócratas. Cando un xornalista lle preguntou como chegara a esa conclusión sen investigación oficial, respondeu: "porque teño sentido común, de acordo?". A fórmula non é nova. Marine Le Pen leva anos enarborando o "bon sens" francés fronte ás "elites desconectadas" de París. Javier Milei fala de "lóxica esmagadora" e “obviábel”. No Estado español, Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy fixeron do "sentido común" a súa bandeira, presentándoo como antídoto contra as "obsesións doutrinarias" rivais. O populismo global atopou no sentido común unha arma retórica poderosa e perigosa para a deliberación democrática.

Esta estratexia opera como mecanismo de lexitimación que converte opinións particulares en verdades universais. Segundo o estudo de Ipsos sobre populismo 2025, tres de cada catro entrevistados estiman que os políticos non se preocupan pola xente común, creando o caldo de cultivo perfecto para aqueles que prometen devolver o poder ao "pobo" armados de sentido común. 

O "sentidiño", esa suposta sabedoría práctica atribuída ao noso carácter nacional, é instrumentalizado por actores de signo oposto para lexitimar estratexias contraditorias. Mentres o BNG o invoca para xustificar a defensa da lingua e a cultura como expresión natural da identidade popular e o PSdeG para defender un galeguismo federal compatible coa España plurinacional, o PP galego equipara "sentidiño" con moderación, converténdoo na súa marca distintiva

Lonxe de ser unha ferramenta neutral, o sentido común opera como o que a historiadora Sophia Rosenfeld chama "arma ideolóxica", evidenciando ata que punto pode empoderar ou silenciar. O concepto naceu no Londres posterior á Revolución Gloriosa de 1688 e cobrou forza co panfleto de Thomas Paine “Common Sense” en 1776, sendo sempre polémico, xa que o que presenta como obvio agacha posicións particulares. A súa natureza controvertida evidénciase no xeito en que diferentes actores políticos invocan o mesmo sentido común para defender posicións antagónicas.

En Galicia, esta dinámica maniféstase, a modo de exemplo, nas tensións entre galeguismo-soberanismo e españolismo-centralismo. O "sentidiño", esa suposta sabedoría práctica atribuída ao noso carácter nacional, é instrumentalizado por actores de signo oposto para lexitimar estratexias contraditorias. Mentres o BNG o invoca para xustificar a defensa da lingua e a cultura como expresión natural da identidade popular e o PSdeG para defender un galeguismo federal compatible coa España plurinacional, o PP galego equipara "sentidiño" con moderación, converténdoo na súa marca distintiva. Figuras como Fraga, Feijóo ou agora Rueda teñen presentado esta suposta sensatez como alternativa tanto ao "radicalismo" nacionalista, convertendo o pragmatismo nunha ideoloxía en si mesma. Este paradoxo ilustra como o sentido común funciona menos como reservorio de sabenza colectiva que coma significante baleiro susceptible de ser enchido con contidos ideolóxicos segundo conveniencias políticas.

Ante estas narrativas para simplificar e polarizar o debate, resulta urxente recuperar unha concepción máis rica que recoñeza a sabedoría práctica sen renunciar ao rigor analítico. Isto implica desenmascara as operacións discursivas que transforman opinións particulares en verdades universais. Só así evitaremos que o secuestro do sentido común acabe tamén socavando a democracia.

O populismo contemporáneo converteu o sentido común na súa principal ferramenta de persuasión, presentando como naturais actitudes que responden a específicos liñamentos políticos. Os líderes populistas celebran o saber do "pobo chan" fronte ás elites intelectuais, mediáticas e políticas, construíndo unha narrativa onde unha maioría virtuosa se enfronta a minorías privilexiadas que impoñen os seus valores desde o poder. Esta dinámica transcende ideoloxías e, desde Chávez ata Trump, pasando por Podemos ou a Liga de Salvini, políticos de diversa orientación recorren á mesma fórmula. O mecanismo é sempre idéntico: construír un "pobo virtuoso" fronte a unha "caste política corrupta" que traizoou os valores auténticos. O "sentido común" devén un concepto abondo ambiguo para que diferentes grupos se recoñezan nel, permitindo que líderes populistas se apropien da súa definición e o presenten como sabedoría natural fronte a teorías de expertos.

O éxito populista non reflicte tanto unha transformación da opinión pública como unha evolución táctica daqueles que aspiran ao poder. A trampa do sentido común populista reside na súa capacidade para presentar como "natural" o que son decisións ideolóxicas, utilizando unha "epistemoloxía lega" —coñecemento baseado en experiencia directa, emocións e intuición— presentada como superior á evidencia empírica. A resposta non é menosprezar o sentido común popular, senón disputar a súa definición mediante estratexias comunicativas que revelen os mecanismos retóricos subxacentes. Ante estas narrativas para simplificar e polarizar o debate, resulta urxente recuperar unha concepción máis rica que recoñeza a sabedoría práctica sen renunciar ao rigor analítico. Isto implica desenmascara as operacións discursivas que transforman opinións particulares en verdades universais. Só así evitaremos que o secuestro do sentido común acabe tamén socavando a democracia.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.