Desde os anos setenta, as traballadoras sexuais migrantes e autóctonas, o feminismo post-colonial e outros grupos comezaron a cuestionar o papel central do tráfico de mulleres, as leis elaboradas para o combater e os modelos de goberno da prostitución que emerxen tanto da “protección dos dereitos humanos” como dunha particular visión do que significa a “violencia contra as mulleres”. Un instrumento que cristaliza algunhas das reivindicacións destes movimentos é a Declaración dos Dereitos Humanos d@s traballador@s do sexo presentada en 2005 ante o Parlamento Europeu.
@s trabalhador@s do sexo preséntanse como nov@s actor@s polític@s que desafían as divisións entre inclusión e exclusión
Tanto a movilización como a presentación deste documento perante o Parlamento Europeu representan un desafío á cidadanía entendida nos termos políticos e normativos da UE. @s trabalhador@s do sexo preséntanse como nov@s actor@s polític@s que desafían as divisións entre inclusión e exclusión. A Declaración é unha ferramenta para a apropiación dos dereitos humanos por parte do colectivo e unha forma de intervención política na linguaxe dos dereitos humanos aceptada polas institucións europeas.
Excede os límites da cidadanía europea: dereito ao traballo, á libre elección do emprego, liberdade de movemento, tanto para os cidadáns como para os non-cidadáns e, portanto, intensifica a “universalidade” implícita nos dereitos humanos
O relevante deste documento é que excede os límites da cidadanía europea: dereito ao traballo, á libre elección do emprego, liberdade de movemento, tanto para os cidadáns como para os non-cidadáns e, portanto, intensifica a “universalidade” implícita nos dereitos humanos. Asemade, ao contrario do que acontecía na década de oitenta, este colectivo non só inclue mulleres senón que se amplía a homes e transexuais que se dedican ao traballo sexual. Isto como estratexia para desprazar a atención das cuestións de xénero e vitimización e pór o acento tónico no traballo.
As persoas que traballan na industria do sexo non gozan do dereito de movemento, con independencia do estatus de cidadanía. @s trabalhador@s do sexo con nacionalidade de algún Estado da UE poden ser privad@s da súa liberdade de movemento mediante a criminalización do traballo sexual e a falta de consideración deste último como parte da economía de servizos ou do ámbito laboral. Así mesmo, @s traballador@s do sexo estranxeir@s tampouco gozan da liberdade de movemento debido ao control migratorio, mais tamén, como reflexo das condicións impostas polo marco da loita contra o tráfico de persoas, que as considera vítimas de exploración sexual.
As reivindicacións do movemento de traballador@s sexuais encamíñanse portanto a conseguir que o traballo sexual sexa aceptado como un intercambio económico máis
As reivindicacións do movemento de traballador@s sexuais encamíñanse portanto a conseguir que o traballo sexual sexa aceptado como un intercambio económico máis dentro do contexto da UE, e diríxense a transoformar e desafiar o imaxinario europeu. Neste sentido, se ben o estigma da puta establece a separación entre unha feminidade normal e outra desviada, negando os dereitos desta última, estas políticas cobran forza ao descartaren a “prostitución” como unha forma de ser e reivindicaren ao mesmo tempo o traballo sexual como unha profesión. Esta postura é unha ferramenta para sortear o típico esquema do axente-vítima tan proprio da perspectiva de xénero que asumen as políticas contra a “violencia de xénero”, non só no ámbito europeu.
Por todo isto, a constitución deste colectivo como suxeito político encarna o que se ten denominado a movilización da movilidade. O feito de pór a énfase en que o traballo sexual sexa considerado unha actividade económica leva a descartar tamén aquelas visións que afirman que a prostitución é a consecuencia de problemas físicos, psicolóxicos, e o resultado de abusos previos. Por outra parte, proporciónanse argumentos que describen o traballo sexual con elementos comúns a outras formas de traballo, en particular entre migrantes, e outras formas de traballos mal remunerados na economía globalizada.
A emerxencia dunha nova subxetividade política que desafía as limitacións institucionais acerca do traballo sexual va gañando espazo no eido social e discursivo nos últimos meses coa constitución en Francia do Sindicato de Trabalhador@s do Sexo (STRASS) e em Portugal a través do lanzamento dunha campanha dirixida pola Rede sobre Trabalho Sexual para denunciar a discriminación deste colectivo e promover o recoñecemento desta actividade como un traballo.