O valor da política

“Tod@s son iguais, tod@s están en política para roubar”. Nunca me gustou xeneralizar, porque normalmente cométense inxustizas coa maioría ao tender a xulgar tod@s polo comportamiento duns pouc@s. É verdade que nos últimos meses asistimos abraiad@s ao “destape” de casos de corrupción, que os sobres de Bárcenas cabrean o cidadán de a pé que paga relixiosamente os seus impostos, pero…son tod@s iguais? inmediatamente veñen á miña cabeza a imaxe de moit@s compañeir@s que compatibilizan a súa actividade profesional coa súa paixón pola política, @s concelleir@s que saen “disparad@s” a horas intempestivas das súas casas porque rompeu una tubería na súa vila, @s militantes incansables que están “ás duras e as maduras” que en ocasiones sacrifican as súas vacacións para colaborar nunha campaña electoral, ou @s altos cargos que permanecen nos seus despachos cando xa caeu a noite. Eles/as tamén “están en política”.

Certo é que as organizacións políticas teñen que cambiar moito para volver a ser respetadas pol@s cidadáns, que non sempre actuaron coa suficiente contundencia ante os casos de corrupción, que as veces se confunde lealtad con servilismo, que se fala moito e se escoita pouco, e que en ocasións se tomaron decisións que beneficiaban a uns pocos e non a sociedade no seu conxunto. Pero coidado! Quere decir esto que debamos prescindir da política como motor de cambio da sociedade na que vivimos? Dase o paradoxo de que ante a “ruptura” entre a política e @s cidadáns xurden partidos deses que non son “nin de dereitas nin de esquerdas”, que din en cada “praza” o que o seu público quere oír, que se autoproclaman como salvadores/as. A esquerda está caendo de manera irremediable nesta trampa, nunha emboscada que nos está tendiendo a dereita más rancia para desacreditar a política. Porque se os partidos son todos iguais, entón chegan os populismos que baixo a súa careta esconden o fascismo. Compre recordar que un dos métodos do franquismo era precisamente ese, inculcarnos as “maldades” da política, e que ata o mismísimo Hitler ascendeu ao poder durante un período de crise económica, social e política.

A clave para rexenerar o valor da política e da democracia é a recuperación da confianza. Pero @s cidadáns non volverán confiar ata que non se lles faga partícipes da mesma, ata que non se “desterre” a@s que se serviron do seu cargo para roubar e se esixan actuacións contundentes da xustiza, ata que non perciban que a política non é un problema, senón a ferramenta para mellorar a súa calidade de vida.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.