Obama, Grecia e a OTAN

A inesperada intervención nas últimas semanas do presidente estadounidense Barack Obama instando á Unión Europea a acordar un consenso con Atenas a fin de evitar a súa hipotética saída do Euro, nun contexto determinado polos esforzos do primeiro ministro grego Alexis Tsipras por equilibrar unha serie de presións externas sobre o seu goberno, dá a entender que detrás da crise grega existen variables xeopolíticas de maior calado. Estas variables veñen determinadas pola estratéxica posición grega como país membro da OTAN, xeograficamente próxima a escenarios de conflito (Ucraína, Siria, Libia), doutros socios da Alianza Atlántica que adoptan posicións autonomistas cada vez mais distantes dos intereses occidentais (Turquía) e principalmente polos recentes achegamentos de Tsipras cara actores incómodos para Washington (Rusia, China), que lle permitan abrir alternativas ante a asfixiante presión dunha “troika” claramente derrotada polo voto popular no recente referendo grego.

Estas variables veñen determinadas pola estratéxica posición grega como país membro da OTAN, xeograficamente próxima a escenarios de conflito (Ucraína, Siria, Libia)

Estas variables definen en que medida os imperativos intereses de Washington e dos seus aliados da Alianza Atlántica oriéntanse cada vez mais a manter a Grecia na súa órbita. Un aspecto chave destes intereses ten que ver coa situación do sector militar ante a crise económica e financeira grega. Como igualmente fixeran os anteriores gobernos en Atenas, Tsipras coida de non reducir substancialmente o gasto militar nun sector estratexicamente importante para a OTAN. No 2014, aínda sen Tsipras no poder, o gasto militar grego ascendeu ao 2,3% do seu PIB, mais de 4.000  millóns de euros, toda vez as Forzas Armadas gregas posúen o índice mais alto de efectivos a nivel europeo: 12,9 soldados por 1.000 habitantes (datos do Stockholm International Peace and Research Institute).

 

O peso do sector militar grego

Estas variables definen en que medida os imperativos intereses de Washington e dos seus aliados da Alianza Atlántica oriéntanse cada vez mais a manter a Grecia na súa órbita

Despois de EUA e Gran Bretaña, Grecia posúe o maior orzamento militar dentro da OTAN así como ocupa o segundo lugar como maior comprador de armas dentro deste organismo. Entre os seus principais vendedores de armas, en especial no sector naval militar, están Alemaña e Francia, o eixe xeopolítico da UE que igualmente gravita como baluarte da “troika” para esixir a Atenas o cumprimento dos seus pagos. Toda vez, a importancia estratéxica grega para a Alianza Atlántica vese consolidada pola presenza de bases militares da OTAN en Tesalónica, Larissa, Preveza e Souda Bay, cunha efectiva capacidade operativa ante calquera misión bélica, como foron os casos da guerra de Iraq (2003), a intervención en Libia (2011) e o actual conflito sirio contra o Estado Islámico.

Despois de EUA e Gran Bretaña, Grecia posúe o maior orzamento militar dentro da OTAN así como ocupa o segundo lugar como maior comprador de armas dentro deste organismo

A pesar da dramática situación socioeconómica grega, cunha débeda pública que supera o 180% do seu PIB, gravemente acelerada nos derradeiros meses pola punitiva presión das medidas de austeridade impulsadas pola “troika”, cuxos móbiles políticos semellan orientados a desestabilizar (ata agora infrutuosamente) ao goberno de Tsipras e do Syriza a favor dun goberno de cariz mais tecnocrático e proclive a ser tutelado, Washington e os seus aliados europeos observan cada vez con maior atención os escenarios que se abren en Grecia e, particularmente, a partir dun eventual novo equilibrio de forzas no Mediterráneo Sur e na súa órbita xeopolítica cara o Magreb, Oriente Medio, os Balcáns e o Mar Negro.

En abril pasado, a visita de Tsipras a Moscova intensificou os temores na Alianza Atlántica dunha eventual capacidade rusa para ampliar a súa esfera de influencia de cara ao Mediterráneo Sur a través de Grecia

En abril pasado, a visita de Tsipras a Moscova intensificou os temores na Alianza Atlántica dunha eventual capacidade rusa para ampliar a súa esfera de influencia de cara ao Mediterráneo Sur a través de Grecia. Estes temores amplíanse ante a consolidación da anexión rusa de Crimea (marzo de 2014) e a ruptura de feito de Ucraína en esferas de poder controladas por Occidente e Rusia, abrindo unha hipotética ampliación do radio de influencia do Kremlin cara un país da OTAN como Grecia.

Non se debe esquecer que nesta ecuación está incluída Turquía, que desde 2012 mantén un cada vez maior achegamento cara Rusia. Turquía é outro país estratéxico membro da OTAN, cuxo goberno islamita en mans do presidente Recep Tayyip Erdogan ven adoptando posicións autonomistas de achegamento cara Rusia, China e Irán e de distanciamento cara os seus aliados tradicionais (EUA, Europa e Israel), a pesar da concordancia de intereses militares entre a Alianza Atlántica e Ankara para atacar as posicións do Estado Islámico entre Siria e Iraq.

Se ben a crise grega foi levemente discutida durante o VII cumio dos BRICS celebrado entre o 9 e 10 de xullo en Ufa (Rusia), os mecanismos que este organismo impulsa no cometido e configurar unha nova arquitectura económica e financeira global (Novo Banco de Desenvolvemento, Acordo de Reservas de Continxencia) que paulatinamente substitúa á estrutura establecida en  Bretton Woods (1944), suxire  a perspectiva de adoptar unha actitude política firme contra a presión constante os organismos multilaterais (neste caso da “troika”) cara países en risco de default financeiro (Grecia).

 

Un novo equilibrio no Mediterráneo Sur

Non está oficialmente garantida unha eventual asistencia financeira por parte dos BRICS, así como tampouco por parte de China ou Rusia cara Grecia que lle permita a Tsipras conseguir novos acredores financeiros que diminúan a asfixiante presión

Con todo non está oficialmente garantida unha eventual asistencia financeira por parte dos BRICS, así como tampouco por parte de China ou Rusia cara Grecia que lle permita a Tsipras conseguir novos acredores financeiros que diminúan a asfixiante presión e a constante tutela da “troika”, resulta evidente que o achegamento grego cara Moscova e Beijing vía BRICS supón unha alteración do equilibrio de intereses occidental no Mediterráneo Sur.

Esta perspectiva ven igualmente ampliada pola rede de distribución enerxética dende o Mar Caspio ata Europa, que pasa precisamente por Turquía e Grecia, e na que Rusia e Occidente posúen importantes intereses estratéxicos. Paralelamente, as exploracións de gas natural na plataforma marítima do Mediterráneo Sur, especialmente en torno á zona marítima contigua entre Chipre, Grecia e as costas mediterráneas sirias, traduce o pulso dunha serie de intereses que involucran a empresas enerxéticas de EUA, Rusia, Europa, Turquía e Israel, entre outros.

A ecuación de Washington pasaría por tanto en evitar que a eventual inestabilidade socioeconómica grega recree un desequilibrio estratéxico para os intereses da OTAN, onde Rusia podería saír potencialmente en ganancia. Velaí a prudente actitude de Tsipras por evitar que a austeridade toque os intereses dun sector militar grego politicamente poderoso e sumamente dependente dos intereses occidentais.

A ecuación de Washington pasaría por tanto en evitar que a eventual inestabilidade socioeconómica grega recree un desequilibrio estratéxico para os intereses da OTAN, onde Rusia podería saír potencialmente en ganancia

Por tanto, a eventual caída grega na órbita de influencia doutros actores como Rusia sería, por tanto, unha alteración dun estratéxico puzzle xeopolítico que Washington non estaría disposto a permitir. Convencido da lexitimidade política adquirida por Tsipras e do Syriza no recente referendo grego, así como da capacidade dun país periférico do contexto global para rexeitar abertamente ás presións (con non menos carácter de chantaxe) establecidas polos poderes mundiais a través da “troika”, a estratexia de Obama moi probablemente pasaría por instar á “troika” a tentativamente “suavizar” as condicións dun terceiro rescate financeiro para Grecia e evitar un default que implique a súa eventual saída do Euro.

 

Reordenando o mapamundi

A estratexia de Obama moi probablemente pasaría por instar á “troika” a tentativamente “suavizar” as condicións dun terceiro rescate financeiro para Grecia e evitar un default que implique a súa eventual saída do Euro

Na recta final do seu mandato presidencial, Obama tenta deseñar unha estratexia de estabilidade dos seus intereses dentro do hemisferio occidental, que lle permita afrontar o maior reto estratéxico para a seguridade nacional e a política exterior estadounidense: China e Asia-Pacífico.

Os cada vez mais firmes pasos na distensión e normalización das relacións diplomáticas con Cuba, a eventualidade dun fin de conflito armado en Colombia e a (re) definición dun novo momento de relación con Brasil, tal e como se observou coa recente visita a Washington da presidenta brasileira Dilma Roussef, explican diversas variables desta estratexia, basicamente focalizada na recuperación de esferas de influencia.

Obama tenta deseñar unha estratexia de estabilidade dos seus intereses dentro do hemisferio occidental, que lle permita afrontar o maior reto estratéxico para a seguridade nacional e a política exterior estadounidense: China e Asia-Pacífico

Dentro deste contexto hemisférico latinoamericano, a ralentización do avance político das esquerdas comeza a definir escenarios de eventual “final de época” de cara a próximas citas electorais, con especial incidencia na eventualidade de observar escenarios de post-chavismo en Venezuela e post-kirchnerismo na Arxentina, así como na pulsación do momento político brasileiro a tenor das presións contra a presidenta Rousseff, en particular ante as expectativas opositoras por avanzar nun impeachment político. Washington tampouco esquece observar o contexto andino (Ecuador, Perú e Bolivia), particularmente ante os próximos comicios presidenciais peruanos (2016) e ecuatoriano (2017).

No contexto de Oriente Medio, a táctica apertura cara Irán significaría para Washington establecer un novo equilibrio rexional con consecuencias incertas, tomando en conta as friccións que este escenario mantén con aliados tradicionais como Arabia Saudita e Israel. En todos estes escenarios, a necesidade de Washington de manter un equilibrio acorde cos seus intereses cobra maior intensidade na medida en que se redefine un novo sistema internacional. E Grecia supón unha variable estratéxica, sexa de forma directa ou colateral, nesta redefinición de equilibrios e órbitas de influencia.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.