Orzamentos mentireiros na sanidade pública galega

“De cando en vez dí a verdade, para que te crean cando mintes” Jules Renard (1864-1910). Escritor e dramaturgo francés.

Con motivo da presentación dos orzamentos do 2024, a bombo e platillo, o ínclito señor Conselleiro de Sanidade, mentindo unha vez máis, dí que para o ano 2024, disporemos para a Sanidade de 5.165 millóns de euros (70,4 millóns de euros menos que no 2023, descontando a inflacción). Como sempre, fánse trampas a eles mesmos, pero á cidadanía xa non a enganan. Propoñen un orzamento, menor que o existente no ano 2009 (pois durante este tempo, tense que ter en conta o IPC e o aumento das consultas polo envellecemento da poboación e a maior demanda por temas tan importantes como a Pandemia). O gasto en AP vai ser de 1.582 millóns de euros. No 2009, foi de 1.909, unha vez sumada a inflacción acumulada (33%). A Sanidade Pública na Galiza, fica á cola do Estado en investimento por habitante (1.727 euros por habitante no 2022: 43 euros por baixo da media estatal, só por diante de Madrid: qué casualidade…).

Con respecto a falta de persoal, verdadeiro problema da Sanidade Pública Galega, sábese que 433 médicos/as de Atención Primaria superarán a idade de xubilación en 2023, o que supón máis do dobre das novas prazas ofertadas (200). É dicir, si non hai un cambio estratéxico na política de persoal do PP, seguirán as reduccións de persoal facultativo neste nivel asistencial. A Consellaría de Sanidade destinará 60 millóns en 2024 á creación de novas prazas en AP (o que representa tan so o 1,1% do orzamento sanitario) das que 200 serán de persoal médico (...si 433 médicos/as de AP superarán a idade de xubilación en 2023, supón máis do dobre das novas prazas). Según datos do Ministerio de Sanidad o número de persoal médico de AP que traballa na Galiza é de 2.768, o que representa un incremento de tan so un 7%, pese ás grandes necesidades do sistema tras os recortes dos últimos anos do PP. 

Foi en febreiro de 2017, hai sete anos, cando Alberto Núñez Feijóo anunciaba 

que “construiría unha nova residencia de maiores en cada unha das sete cidades galegas, que sumarían máis de 900 novas prazas”. Galicia está á cola de todalas comunidades autónomas en número de prazas públicas por persoas maiores de 65 anos. E cal é a realidade: “sete anos despois, recepcionáronse por parte da Xunta, dúas residencias (a de Santiago a finais de outubro e a de Lugo en breve) pero: “executadas pola Fundación Amancio Ortega”. Cero Residencias de maiores construídas por Feijoo: o que dicimos, minte máis que fala! Pero é máis: a Xunta acaba de licitar á empresa privada, a xestión das 2 residencias... doadas por Amancio Ortega á Xunta! Incrible pero certo. As pondrá en mans dos herdeiros do antigo modelo de beneficiencia clasista, beata e “sen ánimo de lucro”. Na Galiza, temos no ano 2022, 409 residencias de maiores: 213 están en mans privadas (52%) e 90 residencias en Públicas (20%). Temos outras 106 (26%) de Iniciativa Social: Fundación San Rosendo, Acolle, etc. 

Iso sí, nun estado laico como o español, Sanidade aumenta o gasto en capeláns (católicos...) nos hospitais públicos: serán 770.000 euros en 2024. Ademáis o Sergas destina 3,7 millóns a sufragar persoal relixioso (católico, claro).

Con respecto o gasto sanitario público, en concertos coa bollante empresa privada, aumentará no vindeiro ano, ata os 227 millós de euros. A maiores, fará o PP unha suba de 13,2 millóns, nun maior desembolso na privatización das Ambulancias, Hemodiálise e no concerto singular de Povisa. Como sabemos, primero se deixa de invertir no Sistema Sanitario Público, logo éste se deteriora e como consecuencia “o privatizamos”. Estratexia neoliberal que lles funciona, pois a xente, sabéndoo, os sigue votando!

É incongruente que o estado español, sexa o país da UE no que menos persoas acoden ó seu médico/a de familia: ocupamos o último lugar da lista, co 20,9% de utilización media, fronte ao 32,5% europeo... e tamén estamos nas últimas posicións en consultas á especialistas con 9,5% por habitante ao ano, fronte ao 19,5% da media europea. 

En conclusión, a Xunta do PP, non ten ningunha vontade de solucionar as graves deficienzas da Sanidade Pública Galega e continua ca súa estratexia de mentiras, propaganda e confusión.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.