Os efectos colaterais da guerra en Ucraína

A guerra está a provocar que se incremente aínda mais a inseguridade alimentaria e se dispare o risco de fames negras no mundo CC-BY ONU

A guerra en Ucraína, orixinada por unha acción criminal do goberno ruso que preside Vladimir V. Putin, a maiores da dor e o sufrimento que está causando ao pobo ucraíno (ao día de hoxe: 6,6 millóns de refuxiados/as, 4.000 civís mortos/as e 4.600 feridos/as), da brutal desfeita que está provocando tanto no sistema produtivo (fábricas, granxas.....) como nas infraestruturas básicas (hospitais, escolas...) e viarias (carreteiras, aeroportos, pontes....) ten efectos colaterais dos que apenas se fala pero que son dunha enorme importancia tanto a nivel nacional como internacional.

A guerra en Ucraína vai afectar moi negativamente ao cambio climático. A suba nos prezos da enerxía e os carburantes está facilitando un freo na descarbonización do planeta

A guerra en Ucraína vai a afectar moi negativamente ao cambio climático. A suba nos prezos da enerxía e os carburantes está facilitando un freo na descarbonización do planeta pois cada vez son mais os países que ven afectados os seus subministros, por caso, de gas (Alamana depende nun 55% do gas ruso). Como resposta a esta crise, derivada da guerra de Ucraína e da presión alcista dos mercados, tanto occidente (USA, Alemaña...) como oriente (China) están apostando por incrementar a produción de carbón (no que vai de ano duplicouse a produción de electricidade con carbón) e polo uso de combustibles fósiles. Unha estratexia que provocará un incremento substancial das xa moi elevadas emisións de gases que están sendo a principal causa do quecemento atmosférico.

Activistas de Greenpeace bloqueando descargas de carbón © Greenpeace

A guerra de Ucraína está a provocar que se incremente aínda mais a inseguridade alimentaria e se dispare o risco de fames negras no mundo

A guerra de Ucraína está a provocar que se incremente aínda mais a inseguridade alimentaria e se dispare o risco de fames negras no mundo. Rusia e Ucraína están entre os países principais exportadores de trigo e outros cereais. Unhas importacións que en moitos países do Sur (por caso, o chamado corno de África importa o 90% do seu trigo de Rusia e Ucraína) constitúen a base fundamental da súa alimentación. Un mercado alimentario que si xa viña sendo vítima da especulación e do cambio climático agora con esta guerra incrementará os desaxustes entre a oferta e a demanda ameazando, aínda mais, a alimentación no mundo con incrementos históricos da fame (sobre 1.700 millóns de persoas podían pasar fame) e a desnutrición (que xa ameaza a mais de 13 millóns de persoas).

A guerra en Ucraína tamén está servindo de xustificación a moitos gobernos occidentais para incrementar substantivamente o gasto público en armamento

A guerra en Ucraína tamén está servindo de xustificación a moitos gobernos occidentais para incrementar substantivamente o gasto público en armamento (a maioría dos estados da OTAN xa anunciaron cifras récords). Un incremento que en España foi do 5,75% para o ano 2022 -con mais de 1.500 millóns de gasto extra dende que se iniciou a guerra en Ucraína- e que no conxunto da Unión Europea se aproximará ao 2% do PIB. Un incremento que como resulta fácil de supoñer irá en prexuízo do gasto público social pero que xa lle está reportando ganancias récord en bolsa as grandes empresas de armamento que aumentaron a súa cotización nun 14,5% de media.

Claro que o risco maior está no posibilidade certa do estalido dun conflito nuclear: sería definitivo. O que debera parecer unha tolemia, un imposible.... é, hoxe por hoxe, un perigo real entre outras razóns por que cada día que pasa resulta mais evidente que en sectores moi poderosos de Washington a guerra nuclear non so se contempla como unha opción viable senón tamén desexable por que "están convencidos de gañala" e de provocar a derrota total de Rusia. Unha tolemia criminal.

Envío de armas a Ucraína dende os EUA CC-BY-SA Mauricio Campino

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.