Os trapeiros, apalpadores, reis...

Os Reis Magos, o Papá Noel, o Santa Klaus, todos importados de culturas de fóra, cecais Os Reis con máis tradición pola cultura cristiana imperante no occidente, pero a cultura comercial fai tambalear tradiccións en funcion de intereses económicos que nin os monarcas resisten por moi magos que sexan...

O Apalpador parece consolidarse como unha alternativa ao colonialismo exterior, emerxe cómo unha figura autóctona e agarimosa, con imaxe propia

Recuperar a tradición sempre está ben, poñer en valor e fomentala mellor, e o Apalpador parece consolidarse como unha alternativa ao colonialismo exterior, emerxe cómo unha figura autóctona e agarimosa, con imaxe propia.

Apoio o Apalpador nacido das cumes do Courel, ese Carboeiro sanador... E dito esto, na Chaira, temos o noso propio apalpador, a nosa figura admirada e redentora, sanadora e simbólica, agardado, traedor de novas, agasallos, novidades, alegrías, sanador, contador de contos e de utensilios de valor e de alegría: o Trapeiro, e concretamente o Trapeiro dos Vilares.

Para min, o Apalpador, o Trapeiro, representan o mesmo, pero como chairego dinme moito os trapeiros e na tradición da Chaira aínda é recente a memoria desta figura que recorreu aldeas de Galiza e que foi cantada por poetas e músicos

Ese trapeiro que era curandeiro, proveedor de materiais que.melloraban a calidade de vida, novas no illamento, barbeiro, furafor de orellas, xoguetes para os cativos e acompañado dun burro que cumpría máis e mellor que ningún reno coa función desta encomenda de felicidade.

Para min, o Apalpador, o Trapeiro, representan o mesmo, pero como chairego dinme moito os trapeiros e na tradición da Chaira aínda é recente a memoria desta figura que recorreu aldeas de Galiza e que foi cantada por poetas e músicos, Marica Campo, Luis Foxo ou Fuxan os Ventos en concreto coa figura representativa de Pedro Trapeiro.

Para min na Chaira, o meu Noel, o meu Klaus, o meu Rei, o meu Apalpador é o Trapeiro, e porque non, Pedro Trapeiro...

Ben puidera ser un carboeiro, un trapeiro, ou outro oficio humilde, itinerante, que levara aos fogares esas novidades e alegrías tan escasas en tempos, pero en calquer caso, dos nosos, do país, e para min na Chaira, o meu Noel, o meu Klaus, o meu Rei, o meu Apalpador é o Trapeiro, e porque non, Pedro Trapeiro...

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.