O Ministro de Interior, Fernando Grande Marlaska, e a Ministra de Igualdade, Ana Redondo, presentaron hai uns días, o que dín é o novo modelo de resposta policial a violencia de xénero, denominada VioGén 2
O Ministro de Interior, Fernando Grande Marlaska, e a Ministra de Igualdade, Ana Redondo, presentaron hai uns días, o que dín é o novo modelo de resposta policial a violencia de xénero, denominada VioGén 2, que ven sendo, dito sen tanta retórica e tan florida coma a que eles empregan, a creación, segundo eles, dunha nova plataforma do test de valoración de risco para as vítimas de violencia machista, porque a xa existente, que nos venderon, ata agora, pouco menos que coma a panacea, de puro perfecta, xa non admitía mais reformas, e da que, cantos traballamos coas vítimas cada día, vimos alertando desde hai anos e anos da case total inutilidade e ineficacia da mesma, e do xeito de levala a práctica, como é o caso, desde hai xa mais dunha década de Si, hai saída, o colectivo de axuda a vítimas de violencia de xénero do que formo parte, e do que hai tráxicas evidencias, mais que suficientes, que se traducen na cantidade dantesca de mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas, así como dos menores vítimas da violencia vicaria.
Non vou debullar aquí todos os puntos desta suposta reforma, e falo, obviamente, como voceira do colectivo ao que represento, e, porén, baseándonos, como sempre o facemos, en casos e feitos reais, moi reais, lamentablemente, porque non me chegaría o espazo, pero non esaxero se digo que poderíamos tumbar, unha por unha, todas esas “melloras” que nos están a vender dun plumazo.
A existente, que nos venderon ata agora pouco menos que coma a panacea, de puro perfecta, xa non admitía mais reformas. Cantos traballamos coas vítimas cada día, vimos alertando desde hai anos e anos da case total inutilidade e ineficacia da mesma
Vou tentar resumir.
O que se nos está a vender é, basicamente, un lavado de cara do test que xa existía, incidindo nalgúns puntos, como pode ser a desaparición do nivel de risco “Non apreciado”, polo que os niveis existentes a partir de agora serán “Baixo”, “Medio”, “Alto” e “Extremo”, o xeito de proceder das unidades policiais e, especialmente, no tratamento específico dos casos de especial relevancia con menores, con agresores persistentes, ou con vítimas remisas a intervención policial ou moi vulnerables, e, falan moito, eso si, de algoritmos, de interconexión, software, etc, etc, porque, canto menos entendamos, mellor. Menos poderemos rebater.
Afirman, ademais, que, con este novo sistema, redúcese o risco de que se produzan fendas de seguridade e que se abordan cuestións que afectan ao traballo diario das unidades policiais, e as medidas de protección de obrigado cumprimento segundo cada nivel de risco, e, chegados a este punto, de non ser porque estamos a falar dunha realidade moi tráxica, sería para botarnos a rir ata as bágoas, e agora explicarei por que digo isto.
De entrada, hai que ter moita cara ou moi pouca vergoña, ou ambas cousas, para vir presentando como “o non vai mais” unhas medidas que son pura obviedade, e que, para chegar a isto, fora preciso deixar atrás un regueiro inmenso de sangue de mulleres e menores, que, non sabemos se en todos os casos, pero si en moitos deles, se puido evitar.
Para continuar, a pregunta que lles faríamos a os Sres Ministros (de feito, desde Si, hai saída xa lla transmitimos por escrito ao Sr. Grande Marlaska hai tempo e aínda estamos agardando a resposta), de que nos serve tanta plataforma, tanta reforma, en definitiva, tanta palabrería, se a base real do problema continúa sen abordarse?.
Qué pasa, sen ir mais lonxe, con esas Ufam baleiras nos períodos vacacionais, cando mais risco corren as vítimas de violencia machista e os seus fillos, o mesmo que nas fins de semana, días festivos, pontes, etc, etc?.
Lembrámoslles que, sen ir mais lonxe, desde comezos do mes de Decembro do 2024, pola ponte da Constitución, ata o 7 de Xaneiro do 2025 as vítimas de violencia machista estiveron desprotexidas practicamente de todo durante case un mes
Lembrámoslles que, sen ir mais lonxe, desde comezos do mes de Decembro do 2024, pola ponte da Constitución, ata o 7 de Xaneiro do 2025 as vítimas de violencia machista estiveron desprotexidas practicamente de todo durante case un mes.
Non vemos que isto se teña en conta para nada.
Como tampouco se tivo, se ten, nin, polo que vemos, se terá, o mais importante, no que radica todo: O factor humano.
Cando se van revisar os criterios de selección dos axentes encargados da protección e asistencia as vítimas, deixando de basearse única e exclusivamente en méritos policiais?.
Cando se vai ter en conta a sensibilidade, a humanidade, a empatía, imprescindibles nos axentes seleccionados para encargarse de asistir a estas mulleres?.
Cando se vai facer unha valoración psicolóxica en condicións de todos e cada un deles, evitando, deste xeito, que se dean circunstancias, como se dan con moita mais frecuencia da que se poida supoñer, que un axente que é un maltratador na súa vida privada, se encargue de tomarlle declaración a unha vítima de violencia de xénero, ou, peor aínda, se lle asigne a súa protección e, tal vez, a dos seus fillos?.
Porque, e non nos cansaremos de repetilo, os galóns, por moitos que se teñan, non garanten en absoluto a calidade humana.
Cando se van revisar os criterios de selección dos axentes encargados da protección e asistencia as vítimas, deixando de basearse única e exclusivamente en méritos policiais? Cando se vai ter en conta a sensibilidade, a humanidade, a empatía, imprescindibles nos axentes seleccionados para encargarse de asistir a estas mulleres?
Cando se van tomar as medidas pertinentes nos casos nos que unha vítima a que se lle debera estar a facer un seguimento, é agredida ou mesmo asasinada porque os axentes encargados de protexela non estaban nin se lles agardaba?.
E esta é a razón pola que dicía antes que, de non estar a falar de algo tan dramático e tan real, sería para rir ata as bágoas.
Que vai pasar cando, como tantas veces, soe o dispositivo dunha vítima alertándoa de que o seu agresor está cerca e a patrulla que debería persoarse de inmediato non chegue nunca?.
Porque, ata onde nos sabemos, o Centro Cometa funciona razoablemente ben. O problema ven despois, unha vez se pasa ao chanzo seguinte, ou, o que é o mesmo, a resposta policial, principalmente se isto sucede, reitero, en períodos vacacionais.
Queren que sigamos?.
Porque estas cousas, e moitas mais, pasan, Sres. Ministros, malia que, desde os despachos non teñan noticia delas, ou, se a teñen, prefiren ignoralas.
O novo programa VioGén 2 é como aplicar unha nova capa de maquillaxe nunha pel danada que non se reparou. Mais tarde ou mais cedo, vaise quebrar, e iso no mellor dos casos, de que chegue a funcionar nalgún momento
Pasan malia que non queiran escoitar aos que de verdade vivimos o día a día das vítimas, e, cando se dan ocasións coma a da presentación deste novo sistema, tan so se recabe a testemuña dalgún colectivo dos de “elite”, cuxo traballo respectamos, por suposto, pero que, obviamente, non van a morder as mans que lles dan de comer, e tan ben que se poden permitir mesmo “delicatessen”.
A loita contra a violencia de xénero, Sres. Ministros, é, o dixemos moitas veces, coma construír unha casa.
Non serve de nada que se empreguen materiais de primeira calidade se a base é de area. Irremediablemente acabará por caer.
O novo programa VioGén 2 é como aplicar unha nova capa de maquillaxe nunha pel danada que non se reparou.
Mais tarde ou mais cedo, vaise quebrar, e iso no mellor dos casos, de que chegue a funcionar nalgún momento.
De momento, tal como están as cousas, imposible.
Oxalá, e de todo corazón o dicimos, o tempo nos quite a razón.