Foi o compañeiro Paco, como doe empregar o tempo en pasado, un dos imprescindíbeis. O seu corazón sempre alentou amor e xenerosidade, ningunha causa humana de xustiza lle foi allea. Mais dous amores enchíanlle o peito e a sua vida sobor dos demais: Allariz, a sua vila, e Galiza, o seu pais
Foi o compañeiro Paco, como doe empregar o tempo en pasado, un dos imprescindíbeis. O seu corazón sempre alentou amor e xenerosidade, ningunha causa humana de xustiza lle foi allea. Mais dous amores enchíanlle o peito e a sua vida sobor dos demais: Allariz, a sua vila, e Galiza, o seu pais.
Tiña unha humanidade, un acougo e repouso que nacía e saía do seu ser, con xenerosidade e fartura. Falaba sempre con esperanza dun presente e futuro mellores. A sua voz tonal, repousada e segura aquecía a quen a escoitaba; por iso o B.N.G. empregouna en varias campañas electorais par achegar as súas mensaxes. Puido ser un moi bo locutor de radio.
Un sorriso debuxaba case que sempre o seu rostro, mesmo nos intres de maior tensión, que foron moitos, sobor de todo no seu tempo como responsábel de organización do B.N.G.
Foi un dos homes, non foron moitos naqueles tempos, que apoiou as loitas feministas, o empoderamento das mulleres e os espazos de igualdade, tanto no B.N.G coma no concello de Allariz
Entregou sempre o seu tempo, o seu traballo e o seu bon facer político e de xestión con dedicación e xenerosidade inmensas; no concello de Allariz, na Fegamp, no Bloque Nacionalista Galego, no Galeuska, representando o Bloque en congresos, encontros, etc.., onde se lle encomendara facelo.
Nos tempos de repouso e lecer gostaba das músicas e das augas; fosen do río Arnoia ou sobor de todo da ría de Muros-Noia, dese mar saudábel e vivificador.
Compañeiro e amigo Paco García, o firmamento ten unha estrela mais que brilla con luz propia, esa que ti sementaches na Galiza e nas súas xentes, por iso por sempre seguirás vivo nas memorias das persoas de ben do teu pais, Galiza, que tanto quixeches
Foi un dos homes, non foron moitos naqueles tempos, que apoiou as loitas feministas, o empoderamento das mulleres e os espazos de igualdade, tanto no B.N.G coma no concello de Allariz; lémbrome dunha conversa, non teño memoria do lugar, cecais na súa vila, na que salientou a sua felicidade e esperanza en que Allariz tivese, por fin, unha alcaldesa, como así foi por votación democrática das súas xentes.
É ben certo que tiven a inmensa sorte de traballar ao seu carón, foron moitos os espazos nos que coincidimos e, mesmo cando discrepabamos, o diálogo con conversa demorada e respectuosa, a necesidade de chegar a acordos, o sentido común e a intelixencia política sempre resolvían e o traballo facía o resto.
A derradeira vez que conversamos, outra volta en Allariz, estaba ledo, optimista e esperanzado, quería facerlle fronte á enfermidade para seguir mantendo a alegría de vivir, como sempre fixo.
Compañeiro e amigo Paco García, o firmamento ten unha estrela mais que brilla con luz propia, esa que ti sementaches na Galiza e nas súas xentes, por iso por sempre seguirás vivo nas memorias das persoas de ben do teu pais, Galiza, que tanto quixeches.