O día 18 de setembro, entrou en vigor a Lei 21/2022 de 19 de outubro, que prevé a creación dun fondo de compensación para as vítimas do amianto. Unha medida que ten una especial importancia para Galicia, pois a zona de Ferrol poder ser con moito, das máis afectadas de España – senón de Europa – por enfermidades provocadas polo amianto
O día 18 de setembro, entrou en vigor a Lei 21/2022 de 19 de outubro, que prevé a creación dun fondo de compensación para as vítimas do amianto. Unha medida que ten una especial importancia para Galicia, pois a zona de Ferrol poder ser con moito, das máis afectadas de España – senón de Europa – por enfermidades provocadas polo amianto.
Cabe lembrar que a actividade dos asteleiros de Astano e Bazán foi moi prolífica ata a reconversión naval nos anos 80 e 90. Sen embargo, non é ata o ano 2002 cando se prohibe a utilización do amianto en España.
Os danos provocados pola exposición o amianto son difícilmente detectables de forma inmediata, xa que se veñen a producir tras un período de 20 a 30 anos despois da exposición. Isto dificulta con moito, a percepción de indemnización tanto polos traballadores como polos seus familiares, que reclaman a empresas que desapareceron ou ben que resultan insolventes, se son localizadas polo transcurso do tempo.
O obxecto diste fondo é indemnizar a aquelas persoas que viron afectada a súa saúde pola exposición o amianto, xa sexa no ámbito profesional ou doméstico, así como aqueles familiares de persoas que faleceron por una doenza relacionada co amianto.
O que podería ser unha norma que abarcara unha parte importante das persoas afectadas por doenzas relacionadas co amianto, tórnase unha norma difícil, resumida a supostos moi concretos e con prazos de prescrición curtos, que non darán probablemente resposta a moitos casos
Sen embargo, como tantos outros supostos, o que podería ser unha norma que abarcara unha parte importante das persoas afectadas por doenzas relacionadas co amianto, tórnase unha norma difícil, resumida a supostos moi concretos e con prazos de prescrición curtos, que non darán probablemente resposta a moitos casos.
A modo de exemplo, podería chegar a darse que unha persoa diagnosticada de incapacitada de abestose no ano 2018 por exposición ó amianto non tivera dereito a cobrar unha axuda.
Se temos en conta que os períodos de diagnose son entre 20 a 30 anos tras a exposición na gran parte dos casos, estaríase a falar de exposicións que tiveron lugar a mediados e finais dos anos 90, en momentos previos a súa prohibición.
Non debe ser obxeto de crítica a creación de este tipo de axudas, pois responden a unha necesidade axeitada dos afectados, pero quizais, reducir a prazos tan curtos os supostos deixe fora a demasiados afectados.
Por outra banda, non parece moi lóxico indicar que estas indemnizacións son incompatibles con calquera outra que poda percibir a persoa afectada. Non é un acerto, na opinión de quen suscribe, que o lexislador xeralice a totalidade dos supostos que poden darse. A modo de exemplo, nun procedemento iniciado por un traballador reclamando una indemnización por unha incapacidade podería resultar que os importes a cobrar foran menores que os que lle tocarían con cargo a este fondo. ¿Tería polo tanto que renunciar os seus dereitos laborais?
Establécense catro tipo de doenzas relacionadas coa exposición ó amianto: mesotelioma, cáncer de pulmón, cáncer de larinxe e asbestose. So os diagnósticos de esas catro enfermidades darían lugar a percepción dunha indemnización económica, que se cifra de forma fixa en función da doenza.
A norma establece un prazo de cinco anos para a reclamación da indemnización que se contarán en función do caso concreto dende a diagnose da enfermidade. Por esta razón, é posible que a norma deixe fora a un sector moi amplo dos afectados
Certo é que, polo menos, vense a contemplar que os familiares das persoas falecidas por estas doenzas – cando sexan causadas polo amianto – teñan dereito o cobro da indemnización correspondente. Tamén, que aquelas persoas que se expuxeron de forma doméstica o amianto teñan dereito a cobrar do fondo. Istes supostos pretenden dar resposta a aqueles casos nos que a exposición se daba na casa, na maior parte deles, derivados de entrar en contacto coa roupa dos traballadores.
Ainda así, a norma establece un prazo de cinco anos para a reclamación da indemnización que se contarán en función do caso concreto dende a diagnose da enfermidade, da resolución administrativa que recolle a súa incapacidade o ou ben do Auto de insolvencia que imposibilite ter dereito a indemnización algunha.
Por esta razón, é posible que a norma deixe fora a un sector moi amplo dos afectados, resumindo os dereitos a supostos moi concretos e doenzas moi tasadas de todas as que pode provocar a exposición o amianto.
Polo tanto, como parche, cabe esperar que polo menos poda ser aproveitado por moitos dos afectados.