Pensionistas de todo o Estado encontraranse en Compostela para compartir e reflexionar conxuntamente sobre a estratexia de defensa dun Sistema Público de Pensións seriamente ameazado, e tamén sobre a permanencia e vertebración do propio movemento
Pensionistas de todo o Estado encontraranse en Compostela para compartir e reflexionar conxuntamente sobre a estratexia de defensa dun Sistema Público de Pensións seriamente ameazado, e tamén sobre a permanencia e vertebración do propio movemento. No último encontro do grupo colaborativo “A Voz das Plataformas”, en Cantabria, propúxose Compostela como lugar de celebración deste IV Encontro en 2026 e a Plataforma Pensionistas Compostela como organizadora do mesmo. Asumímolo como unha oportunidade de promover un debate necesario e un espazo no que se poida construír, tanto o movemento como as súas estratexias e obxectivos.
Sempre foi prioritario para a nosa Plataforma a unidade de acción desde Galiza. Coordinarnos con outras plataformas do Estado pero con unha voz galega. Por esta razón, propuxemos a MODEPEN e ao resto de plataformas locais de Galiza non integradas nesta, crear unha comisión organizadora na que todas estivesen representadas, que fose o Movemento Galego o anfitrión e organizador deste encontro. Houbo unha amplísima aceptación e, en consecuencia, os dias 2 e 3 de marzo de 2026 celebrarase o Encontro en Compostela, organizado polo Movemento Galego de Pensionistas.
Formúlase un Encontro a modo de xornadas de reflexión, coa intervención de persoas expertas para enmarcar e desenvolver os temas, seguido dun debate aberto do que pretendemos extraer conclusións. As persoas que introducirán os temas serán: Xavier Pérez Davila, Antón Losada Trabada e Cristina Gómez Román
Como se fai sempre coas persoas que convidamos á nosa casa, queremos mostrárllela. Veñen a Galiza, concretamente a Compostela, a súa capital. Un País con cultura, lingua e identidade propias. Un país que, malia estar gobernado por unhas elites descastadas que desprezan todo o noso patrimonio cultural e natural, aínda que non se reflicta na representación política, como sucede en moitos pobos, existe unha sociedade civil moi activa e creativa que mantén viva a nosa cultura e a nosa identidade. Ademais do obxectivo do Encontro, que é reflexionar sobre as estratexias para defender o Sistema Público de Pensións e os Servizos Públicos, imprescindibles para garantir o dereito a unha vellez activa e digna, queremos mostrarlles o pobo que as acolle. Agradecemos pois a oportunidade de ser anfitrións deste encontro e esperamos que sirva para fortalecer o Movemento de Pensionistas.
Sen melancolía nin nostalxias, sen ceder ao desencanto, conscientes de que a loita é permanente e de que as plataformas cidadás son sempre diversas e coa paciencia reflexiva das persoas maiores, afrontamos o reto de establecer obxectivos s e estratexias imaxinativas para romper o ostracismo dos Medios de Comunicación e de manter as Plataformas activas con vocación de permanencia
Desde 1992 co Acordo de Maastricht e o establecemento do Mercado Único Europeo en 1993, reforzouse a competencia entre as empresas europeas e os salarios convertéronse nun factor determinante da competitividade. Ademais coa moeda única impuxeron a restrición do deficit orzamentario e a redución do gasto público. Tamén en 1993, o Banco Mundial impuxo un criterio económico segundo o cal o financiamento das pensións por repartición é considerado como unha perda de investimento. (redución das Pensións Públicas e introdución dos Plans de Pensións Privados). Este é o paradigma desde o que se exerce a presión constante para orientar as reformas. A ameaza permanente do Sistema Público de Pensións.
O Movemento de Pensionistas, que ten a súa xénese na contestación ás políticas de recortes do PP, no 0,25% de triste recordo que estableceu Fátima Bañez, seguimos na rúa desde entón, vai xa para 9 anos, concentrándonos cada mes nas prazas de todo o Estado. Nin o horizonte curtopracista, nin a autoridade difusa, nin a narrativa fragmentada que caracteriza a nova economía, poden desviarnos da realidade. Os Servizos Públicos e Universais, non só son máis xustos socialmente, son a única posibilidade do benestar xeral.
Trátase de coñecer as ameazas e estratexias de defensa do Sistema Público de Pensións, analizar e construír unha acción unitaria do Movemento de Pensionistas e a participación social nas contornas máis inmediatas. Pois nas loitas por todo o que constitúe o dereito a un envellecemento activo en espazos amables e coidados dignos, atopamos tamén o alicerce para construír cada día a vida e a permanencia das Plataformas. En consecuencia formúlase un Encontro a modo de xornadas de reflexión, coa intervención de persoas expertas para enmarcar e desenvolver os temas, seguido dun debate aberto do que pretendemos extraer conclusións. Esperamos que esas conclusións se convertan en referenciais no futuro para todo o Movemento.
Queremos explicarlle á mocidade que defendemos fundamentalmente as pensións do futuro. Que as Pensións son un dereito. Que a loita polas Pensións non é máis nin menos que a loita de sempre, a loita histórica polo reparto equitativo e xusto da riqueza
A defensa do Sistema Público de Pensións e dos Servizos Públicos que afectan especialmente ás persoas pensionistas, a dinámica das Plataformas Locais, que constitúen base do Movemento, e as estratexias de comunicación, concrétanse nos seguintes temas: 1) O Sistema Público de Pensións, ameazas e estratexias de defensa. 2) Estratexias de comunicación. O Movemento de Pensionistas, análise e construción con pragmatismo dunha acción unitaria. 3) A participación social nas contornas máis inmediatas, na loita por un envellecemento activo en espazos amables, construíndo a vida e permanencia das Plataformas. E as persoas que introducirán os temas serán: Xavier Pérez Davila, Antón Losada Trabada e Cristina Gómez Román.
Sen melancolía nin nostalxias, sen ceder ao desencanto, conscientes de que a loita é permanente e de que as plataformas cidadás son sempre diversas e coa paciencia reflexiva das persoas maiores, afrontamos o reto de establecer obxectivos s e estratexias imaxinativas para romper o ostracismo dos Medios de Comunicación e de manter as Plataformas activas con vocación de permanencia. Necesitamos unha estratexia de comunicación para chegar á sociedade, especialmente ás novas xeracións, e combater a intoxicación permanente que se exerce coa ameaza da insustentabilidade do Sistema, coa perversa confrontación que sementan de cote entre Pensionistas de agora e do futuro. Queremos explicarlle á mocidade que defendemos fundamentalmente as pensións do futuro. Que as Pensións son un dereito. Que a loita polas Pensións non é máis nin menos que a loita de sempre, a loita histórica polo reparto equitativo e xusto da riqueza.