Pola municipalización do servizo da auga en Ferrol

A iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e o saneamento de Ferrol entregaralle o próximo día 23 de xuño ao novo alcalde Jorge Suarez as sinaturas acadadas pola Proposta dunha iniciativa popular para a realización dunha consulta para a remunicipalización da auga e o saneamento.

Esta iniciativa ten a súa orixe no debate social que se ten producido en Ferrol en torno o modelo de saneamento que se esta implantar e o seu modelo de xestión. Este modelo consiste nun proxecto moi custoso que unicamente vai incrementar o beneficio empresarial da empresa mixta que vai xestionar o sistema. Ademais, o modelo obsoleto e desfasado que se está a impoñer vai provocar vertidos contaminantes a ría e vai incrementar as tarifas polos seus altos consumos enerxéticos. Modelos similares a este teñen provocado que en Vigo a Xunta de Galicia alerte dos indicios de vertidos contaminantes que se producen polo seu mal funcionamento.

O modelo obsoleto e desfasado que se está a impoñer vai provocar vertidos contaminantes a ría e vai incrementar as tarifas polos seus altos consumos enerxéticos

Preténdese ademais, un modelo administrativo semiprivado de xestión, outorgando dunha forma que vulnera as premisas básicas da contratación pública a sua xestión a empresa mixta Emafesa. Isto vai supor que se vai primar o beneficio empresarial sobre o benestar social. E vanse incrementar a suba dos recibos. Con este sistema que ten apoiado a administración saínte non se busca o mellor para todos e todas, senón outras prioridades.

Outro dos prexuízos do modelo foi o convenio asinado en xullo do 2012 por augas de Galicia e ACUAes cos concellos de Ferrol e Narón que conleva que será a veciñanza destes concellos as que van ter que pagar durante 50 anos a parte correspondente o Estado, inhibíndose este de asumir o custe, mais non o control que vai exercer a través de ACUAes España.

A veciñanza da ría de Ferrol ten dereito a un saneamento integral e real da sua ría. Non podemos renunciar a este obxectivo inescusábel para o futuro económico da comarca. Non esquezamos que nestes momentos viven xa sobre 500 mariscadores directamente  da ría de Ferrol. Hai que ter en conta tamén que a directiva Marco da Auga do ano 2000 obriga a diminuír a niveis aceptables a contaminación dos ecosistemas acuáticos a fin de protexer o medio e a saúde humana.

A veciñanza da ría de Ferrol ten dereito a un saneamento integral e real da sua ría. Non podemos renunciar a este obxectivo inescusábel para o futuro económico da comarca

Un dos grandes problemas que ten esta obra é que inclúe -aparte do colector xeral- os famosos "tanques de tormenta". A sua función lóxica sería a de ademais de evitar as inundacións en caso de choiva, a de separar as augas pluviais das sucias. Mais o que vai acontecer é que os "tanques de tormenta" van mesturar as augas residuais coas pluviais, e van envialas todas xuntas ao colector xeral para ser depuradas, impedindo deste xeito a súa reutilización e incrementando os custes do bombeo. Esta mestura vai ser derivada a ría provocando vertidos contaminantes, que como se di nun informe técnico; "es muy clarividente que el sistema unitario que tan sólo  consiga gestionar las aguas residuales en tiempo seco, sin considerar la gestíon de la contaminación en tiempo  de lluvias  provocara el imcuplimiento de calidad.... por lo cual  dicho sistema podrá calificarse de ineficaz e ineficiente". Ou como moi ben resume o experto da UDC Joaquín Suarez; "O saneamento unitario non é sostible, xera impacto ambiental e supón un elevado custe medioambiental".

Cómpre pois que o novo goberno encabezado por  Jorge Suarez replantexe o sistema de saneamento escollido  para a ría de Ferrol, e que se proceda a un estudo para a introdución paulatina de melloras técnicas que non supoñan a paralización e se proceda a un estudo para a introdución paulatina das melloras que viabilicen a obtención dun sistema máis idóneo de depuración das augas. E ir así o tantas veces demandado saneamento "integral da ría".

Mais para poder adoptar outro modelo en función dos intereses do común e para  que non se volvan a producir episodios tan vergonzosos como a suba xeneralizada das taxas, sería primordial municipalizar o servizo de augas de Ferrol.

Para poder adoptar outro modelo en función dos intereses do común e para  que non se volvan a producir episodios tan vergonzosos como a suba xeneralizada das taxas, sería primordial municipalizar o servizo de augas de Ferrol

Cidades europeas como París ou Berlín xa o fixeron ou o están a facer, con grandes melloras no servizo e rebaixas substanciais para os seus aboados. Este tipo de xestión non mercantil permite tamén a realización das inversións necesarias que o sector privado non esta disposto a realizar e, en algúns casos, unha redución da tarifa pagada polos usuarios que como no caso de Paris ou Arteixo se rebaixaron nun 8%. Nestes tempos de precariedade económica a rebaixa das tarifas nos servizos básicos é algo fundamental.

A auga e o saneamento non son mercadorías, son dereitos humanos básicos e o novo goberno de Ferrol vaino  entender asi. Ferrol non debe aceptar máis control nin máis abusos sobre servizos que foron públicos e que se privatizaron,  non polo ben común, senón para favorecer a uns poucos.  O debate social fica aberto.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.