A metade dos incendios forestais de España prodúcense en Galicia. No período de 2000-2010 morreron nove brigadistas nas labores de extinción e arderon un total de 288.469,97 ha, o equivalente á extensión da provincia de Áraba. Estes desalentadores datos, que arrubían a calquera, empeoran co paso dos anos e así cada verán, e ultimamente nas demais estacións do ano, volvemos ver as avionetas contraincendios entre as columnas de fume e a preguntarnos porqué arden os nosos montes.
O apoio das Administracións públicas é imprescindible para dinamizar o rural. Pois ben, o Goberno de Feijoo fai xusto o contrario, bota máis gasolina presentando unha Lei de Montes que frea as políticas de desenrolo rural e da barra libre á forestación de terras agrarias
A existencia de mans negras con forma de billete, os repoboamentos con especies arbóreas de ciclo corto, os intereses persoais…, o certo é que pode que xunto con estas, a problemática dos nosos montes vaia moito máis aló e se fundamente na propia “desordenación” do noso territorio. Galicia conta con case mil cincocentos núcleos rurais abandonados e unha dispersión da poboación tal, que fai que na nosa comunidade se asente o 50% dos núcleos poboacionais de España. Os nosos montes están ateigados de miles de parcelas de irrisorio tamaño, con nulo aproveitamento forestal, que en moitos casos pertencen a propietarios pantasma que viven en Alemaña ou Suíza e que descoñecen a súa existencia. Ante esta situación, o apoio das Administracións públicas é imprescindible para dinamizar o rural. Pois ben, o Goberno de Feijoo fai xusto o contrario, bota máis gasolina presentando unha Lei de Montes que frea as políticas de desenrolo rural e da barra libre á forestación de terras agrarias.
Asistimos polo tanto a materialización dunha nefasta política forestal, que fai que nos dous últimos anos arderan tres dos nosos seis parques naturais ante un Feijoo impasible e insensible cara o noso medio natural.
A incompetencia do actual goberno da Xunta na materia non remata aquí. O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) deste ano contempla unha escandalosa redución de contratacións de persoal mentres a Xunta privatiza as brigadas heliotransportadas, e oculta as cifras do número de hectáreas calcinadas e a súa afectación aos espazos protexidos nos últimos meses.
Asistimos polo tanto a materialización dunha nefasta política forestal, que fai que nos dous últimos anos arderan tres dos nosos seis parques naturais ante un Feijoo impasible e insensible cara o noso medio natural. Actitudes estas, que todo sexa dito, non debería ser propias dun Presidente da Xunta.
Soamente nos queda mirar cara o ceo esperando que chova, porque a verdade é que de non ser así, o golpe á sustentabilidade do noso medio pode ser letal
Así, cando aínda podemos recordar as imaxes dos montes negros, de animais mortos e de moitos outros que perderon o seu refuxio e as súas familias, de veciñ@s con caldeiros tentando afastar as lapas das súas casas, dos ourensáns e ourensás chorando ao último heroe morto mentres loitaba contra o lume, temos que afrontar outro verán que pode volver a ser negro. Soamente nos queda mirar cara o ceo esperando que chova, porque a verdade é que de non ser así, o golpe á sustentabilidade do noso medio pode ser letal.