Por que Juan Guaidó?

Intervención pública de Juan Guaidó, líder da oposición venezolana Dominio Público Voice of America

Moitos son os partidos que agrupaba a defunta MUD opositora, moitos son os líderes que teñen pugnado teimudamente polo seu liderado interno, contrapostas son as estratexias que líderes e partidos teñen proposto nos últimos anos.

Por que catapultar un perfil político asociado sempre as teses opositoras máis extremas? Aí están as súas fotos nos disturbios con máscaras de gas profesionais

O electo para autoproclamarse -coas bendicións anticipadas das superpotencias continentais do norte e do sur- non foi nin o máis coñecido, nin o máis valorado pola poboación, nin o contrincante a Maduro, decidido en primarias internas da MUD, nin pertence a ningún dos partidos con maior implantación…

Entón, por que escoller para Juan Guaidó? Descoñecido para a maioría, recibiu o bautismo opositor en maio de 2007, nas intensas protestas estudantís na rúa, contra da non renovación da licenza Radio Caracas TV, unha canle de TV que participara activamente no Golpe de Estado de abril de 2002. Protestas que xa tiveran un marcado perfil de “Kale Borroka” violenta fronte a sede de CONATEL (regulador de telecomunicacións), e acabara con 14 policías feridos. Os estudantes recolleran o testigo opositor dos belixerantes medios de comunicación (Globovisión, RCTV...) e obtiveran un significativo éxito, ao infrinxirlle ao goberno, seis meses máis tarde, a primeira derrota electoral a Hugo Chávez, no referendo constitucional

Por que catapultar un perfil político asociado sempre as teses opositoras máis extremas? Aí están as súas fotos nos disturbios con máscaras de gas profesionais. Cofundador de Voluntad Popular, o partido de posicións duras, que en 2014, activou e fracasou, a violenta estratexia denominada “Operación Salida”, pola que propugnaba a paralización e bloqueo das vías de comunicación país, ata que Nicolás Maduro abandonase a presidencia. 

Venezuela é un peón importante non só polas reservas de Petróleo que acubilla, senón porque as outras superpotencias mundiais (China e Rusia) levan tempo estendendo alí os seus tentáculos

Varias son as razóns.

A primeira é que a unha significativa parte dos opositores dálles igual saír de Maduro pola porta do ceo, que pola porta do inferno. Pola porta das eleccións, que pola porta dun Golpe de Estado. Da man de Trump ou da man de Bolsonaro. Por medio dunha mediación internacional ou por medio dunha invasión.

A segunda é que a crise golpea duramente a toda a poboación, por tanto, hai un caldo de cultivo propicio para abrirse a propostas que prometan melloras nas condicións económicas.

O perfil que mellor sintoniza coa filosofía dos “Falcóns”, sen dúbida é Juan Guaidó, para iso o formaron e marcaron estratexia

Pero, sen dúbida, a máis importante é que a política exterior do neoliberalismo norteamericano volve estar en mans dos “Falcóns” ou lobby do exilio Cubano: Mauricio Claver-Carone, Marco Rubio ou Elliott Abrams. Perfil de políticos que profesan no unilateralismo, na vella Doutrina Monroe, sintetizada na frase “América para “os americanos”. Con longas traxectorias persoais nada comprometidas coa democracia nin coa axuda humanitaria. Venezuela é un peón importante non só polas reservas de Petróleo que acubilla, senón porque as outras superpotencias mundiais (China e Rusia), levan tempo estendendo alí os seus tentáculos. O perfil que mellor sintoniza coa filosofía dos “Falcóns”, sen dúbida é Juan Guaidó, para iso o formaron e marcaron estratexia. 

En Venezuela hai de demasiado rencor, odio e ánimo revanchista como que para pensar que sexa unha boa solución para o futuro da convivencia o ceo que deseñan os “Falcóns”

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.