A Unión Europea ven de tomar dúas decisións que afectan a España e que fan que nos preguntemos: que intereses defenden realmente as elites políticas europeas? Unha pregunta a que non podemos por mais que responder que indiscutiblemente non son os da maioría
A Unión Europea ven de tomar dúas decisións que afectan a España e que fan que nos preguntemos: que intereses defenden realmente as elites políticas europeas?. Unha pregunta a que non podemos por mais que responder que indiscutiblemente non son os da maioría.
As decisións a que fago referencia son, por orden cronolóxico, a que afecta a OPA lanzada polo BBVA sobre o Banco Sabadell e a relativa as medidas aprobadas polo Goberno español de quenda (PSOE/Sumar) co gallo de poñer freo aos continuados abusos das liñas de baixo custo, en especial de Ryanair, cos usuarios dos seus voos.
A OPA do BBVA sobre o Banco Sabadell
En relación coa OPA lanzada polo BBVA sobre o Banco Sabadell e ante a decisión do Goberno español de quenda (PSOE/Sumar) de aprobar unha moratoria de tres anos a Comisión Europea decidiu abrir un procedemento de infracción ao considerar que con esa decisión se vulneraba a lei de defensa da competencia europea. O comunicado di exactamente que “a Comisión considera que determinadas disposicións da lexislación bancaria española en materia de competencia outorgan ao Goberno español poderes ilimitados para intervir en fusións e adquisicións de bancos.... vulnerando así as competencias do Banco Central Europeo.....non coñecemos ningunha razón que puidera xustificar o rechazo ou o bloqueo da operación”.
Empecemos dicindo que resulta difícil identificar este comunicado cunha entidade pública europea que está obrigada a exercer as súas funcións con absoluta independencia e en interese xeral da Comunidade (Art. 211.2, Tratado Constitutivo da Comunidade Europea) por que esta decisión non vai en función do interese xeral senón en beneficio da grande banca e, mais en concreto, do BBVA. Un banco que segundo os seus directivos ocupa o primeiro lugar entre a banca europea pola súa rendibilidade. Asemade esta decisión vai en contra do que proclama defender: a competencia (Titulo Vi. Capitulo I. TCCE), pois favorece a creación dun oligopolio bancario algo que nada ten que ver con favorecela competencia -tres bancos controlarán o 70% do negocio bancario-. Vai supor ademais un prexuízo tanto para as familias como para as pequenas e medianas empresas xa que, con toda seguridade, terán maiores dificultades para acceder aos créditos e un peor servizo por desapareceran un grande número de sucursais e haberá recortes de persoal.
As decisións a que fago referencia son, por orden cronolóxico, a que afecta a OPA lanzada polo BBVA sobre o Banco Sabadell e a relativa as medidas aprobadas polo Goberno para poñer freo aos continuados abusos das liñas de baixo custo, en especial de Ryanair, cos usuarios dos seus voos
Pero poida que o mais grave sexa que con esta decisión a Comisión Europea parece ignorar (?) as causas e consecuencias da grande crise bancaria de 2008-2009, e das sucesivas crises financeiras. Ignorar que a existencia de grandes bancos facilita que estes, conscientes do seu enorme poder e influencia, se embarquen en operacións especulativas de moi elevado risco creando enormes burbullas que rematan estourando e deixando ao descuberta graves crises bancarias que, pola dimensión de estas entidades rematan derivando en crises sistémicas. Dado o seu enorme tamaño (“too big to fall”) e o seu grande poder de influencia conseguen que nestes casos as administracións públicas acudan veloces ao seu rescate destinando unha enorme cantidade de recursos públicos a sanealos seus balances. Recursos públicos que se detraen doutros destinos con maior incidencia social (emprego, benestar, medio ambiente).
Con estes precedentes resulta lóxico asegurar que estimulando operacións como esta OPA do BBVA sobre o Sabadell a Comisión Europea está favorecendo a existencia de grandes bancos e a creación de situacións financeiras de moi elevado risco que conducen sempre a crises sistémicas. Un comportamento que nada ten que ver coa defensa da competencia bancaria e si moito con favorecer practicas bancarias corruptas que van en contra do interese xeral. En contra do interese xeral e do propio mercado bancario xa que ao concentrarse este nun número menor de bancos faise tamén menos eficiente, presta menos servizos e, como sinalaba anteriormente, dificulta o acceso ao crédito das familias e as pequenas empresas o que remata afectando negativamente a economía.
As autoridades europeas autorizando esta operación van a provocar, ademais, que en España se dea unha situación que, practicamente, non ten parangón na eurozona: que tres grandes bancos teñan un volume de activos superior ao PIB español.
Os continuos abusos das aeorolineas de low cost
Estamos diante dunha compañía reincidente nas prácticas irregulares polas que, so en España, ten recibido unha ducia de sancións nos derradeiros sete anos. Practicas relativas ao non cumprimento da lexislación laboral, a cancelación indebida de voos, ao mal comportamento cos usuarios, a lesión dos seus dereitos e a fixación arbitraria de gastos extras
Si escandaloso é que a Comisión Europea defenda e estimule a operación anterior, non menos escándalo provoca o seu anuncio de que iniciou un procedemento de infracción contra España pola multa de 179 millóns de euros que o Goberno español de quenda (PSOE/Sumar) impuxo a Ryanar, Vueling Easyjet, Norwegian e Volotea por cobrar suplementos pola equipaxe de mano ou reservar asentos contiguos para acompañar a persoas dependentes.
Con esta decisión a Comisión Europea, unha vez mais, pon de manifesto que intereses realmente defende xa que, como acertadamente subliña o ministro español de Consumo, (Pablo) Bustinduy, “ignora e da as costas aos dereitos dos consumidores europeos, aos que nin sequera escoita”. En relación a isto último compre subliñar que o Comisario de Transportes, Apostolos Tzitzikostas, para tomar esta decisión xuntouse antes cos responsables de Ryanair que co ministro español.
Si ben esta decisión da Comisión Europea non é vinculante xa que a última decisión está en mans do TJUE (Tribunal de Justicia da Unión Europea) quen pode desestimar a demanda da Comisión si considera que non ten base a decisión daquela non deixa de seren un despropósito mais e unha nova proba de que intereses defende realmente que neste caso non son os dos consumidores senón os das aerolineas multinacionais. Algo que estas saben e que lles leva como , por caso, sucede con Ryanair, a declarala guerra comercial a un pais europeo soberano, neste caso España. Algo que por outra parte non debera sorprender si se coñece a súa traxectoria na que abondan as ameazas e os ultimatos que utiliza para conseguir axudas públicas sen que estas nunca lle parezan suficientes.
Unhas axudas públicas que Ryanair consegue a pesares, por caso, de incumprir sistematicamente os dereitos laborais dos traballadores e de manter constantes abusos con os seus consumidores. En relación a isto último subliñar que esa compañía é famosa polas súas recargas polo equipaxe de man e por reservas do asento contiguo para acompañar a persoas dependente ou menores así como por outras infraccións que levaron a que tanto o Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda como a propia Junta de Andalucia lle teñan sancionado por infraccións que se consideran especialmente graves. Sancións que no caso do ministerio recibiron o apoio das Organizacións de Consumidores e que se estenderon a outras aerolineas de baixo custo como Vueling, Easyjet, Norwegian y Volotea.
Volvendo a Ryanair resulta oportuno subliñar que estamos diante dunha compañía reincidente nas prácticas irregulares polas que, so en España, ten recibido unha ducia de sancións nos derradeiros sete anos. Practicas relativas ao non cumprimento da lexislación laboral, a cancelación indebida de voos, ao mal comportamento cos usuarios, a lesión dos seus dereitos e a fixación arbitraria de gastos extras.
Estamos así diante de dous casos paradigmáticos tal que poñen en evidencia como a Comisión Europea con demasiada frecuencia non defende realmente os intereses da maioría senón os dos grandes bancos e oligopolios varios. Un comportamento que non pode por menos que ser cualificado de corrupto
Prácticas que son posibles por razóns varias. A primeira pola posición de dominio e hexemonía que ten no sector aéreo europeo. A segunda polos privilexios e axudas (como, por caso, nas taxas aeroportuarias) que ven recibindo de continuo por parte das distintas administracións públicas polas súas políticas de vos baratos e de apertura de rutas con aeroportos que outras compañías se negan a cubrir: so en España ascenden a unha media anual de 80 millóns de euros. A estas razóns habería que sumar as vantaxes fiscais que lle supón ter a residencia en Irlanda pois isto lle permite (“double Irish”) trasladalos seus beneficios a paraísos fiscais e así reducir notablemente o pago de impostos (“elisión fiscal”). Practicas todas elas que, de ningures son cuestionadas pola Comisión Europea, a pesar de ir contra a libre competencia que esta afirma vixiar e defender, como tampouco se lle cuestiona o xa citado incumprimento das normativas laborais o que lle permite obter vantaxes competitivas por menores custos.
Estamos así diante de dous casos paradigmáticos tal que poñen en evidencia como a Comisión Europea con demasiada frecuencia non defende realmente os intereses da maioría senón os dos grandes bancos e oligopolios varios. Un comportamento que non pode por menos que ser cualificado de corrupto.