Levo 3 anos de seguimento por un proceso oncolóxico, tiven un melanoma do que fun operada en xaneiro de 2018. Dende ese momento sigo un estrito control por parte de dermatoloxía oncolóxica e de oncoloxía xeral.
Durante todo o proceso sentinme sempre moi segura e en boas mans de grandes profesionais, e son precisamente as conversas coas profesionais e a miña experiencia as que me levan a tentar trasladar, en primeira persoa, o que estou a sufrir polo desleixo que os xestores políticos están a ter sobre a sanidade pública
Durante todo o proceso sentinme sempre moi segura e en boas mans de grandes profesionais, e son precisamente as conversas coas profesionais e a miña experiencia as que me levan a tentar trasladar, en primeira persoa, o que estou a sufrir polo desleixo que os xestores políticos están a ter sobre a sanidade pública e como afecta ao meu seguimento e, por extensión, ao de innumerables galegos e galegas en situacións similares e de maior ou menos gravidade.
O que estou sentindo é medo, un medo que seguramente coñezan todas as persoas que, durante os seus seguimento oncolóxico, agardan resultados de probas que lles van dicir se pasan á seguinte fase ou sofren recaídas ou metástases.
O primeiro pao veu cando, tendo un perfil óptimo para facer o seguimento dermatolóxico coa axuda dun tipo de proba non invasiva e tremendamente precisa e útil, a dermatoscopia dixital, e despois de ter ido 2 veces ao HULA, retíranma coa promesa de que xa seguirán con ela dende a miña área sanitaria, a da Coruña.
A Dermatoscopia dixital é unha proba inocua para as e os pacientes e permite precisar nun alto grao o diagnóstico das lesións cutáneas. Esta proba diagnóstica marcou un antes e un despois no seguimento dos lunares, mellorando o diagnóstico precoz de melanoma e reducindo a práctica de biopsias e exéreses de lesións de forma innecesaria.
Minimizar o tempo de atención a doentes é a súa prioridade, dese xeito reducen o custe da contratación do persoal sanitario que precisamos para unha atención de calidade
O cribado con Dermatoscopia dixital é unha proba diagnóstica na que se observan as pencas mediante unha cámara de aumento con luz polarizada conectada a un sistema informático. Permite facer un mapa corporal de todas as lesións pigmentadas e almacénase no sistema informático, o que facilita un seguimento personalizado da evolución dos lunares en cada paciente. Ademais, permite obter unha imaxe precisa e moi ampliada das pencas e almacenar o seu aspecto para comparar nun futuro.
A dermatoscopia dixital foise implantando no sistema público galego nos hospitais de Lugo, Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela estando pendentes outros como os de Vigo e A Coruña. Pois nunca chegou á miña área sanitaria, e non só iso, senón que ás doentes que non pertencemos ás áreas citadas deixaron de derivarnos.
Non é unha proba que precise dun grande investimento, non se trata dun criterio económico, xa que o equipo non custa mais de 35000€. Trátase dunha proba necesaria para a detección precoz en doentes de alto risco a quen, a día de hoxe, vóltanselle facer as revisións das súas lesións cutáneas “a ollo”. As motivacións parecen ser mais as que teñen que ver coa necesidade de especialización dos equipos médicos e que precisan unha atención que, na primeira sesión pode estar arredor dunha hora, que se reduce considerablemente nas seguintes en función do número de lesións das persoas atendidas. Minimizar o tempo de atención a doentes é a súa prioridade, dese xeito reducen o custe da contratación do persoal sanitario que precisamos para unha atención de calidade.
Hai moitos anos que se leva advertindo á poboación dos riscos que producen enfermidades da pel como o melanoma ou carcinomas, con campañas no verán pola incidencia do sol e outras casúas medio ambientais na orixe desas enfermidades. Nalgúns casos a comunidade advirte da previsión de que o melanoma chegue converterse nunha “epidemia” nuns anos se non se mudan hábitos, non só preventivos, senón tamén de diagnose temperá para os que probas como a Dermatoscopia Dixital é imprescindible, sobre todo naqueles e aquelas doentes con alto risco de cancro de pel.
Tras a xestión da COVID departamentos imprescindibles como oncoloxía ou radioloxía, como supoño que todos os demais, acusan os recortes que os xestores políticos fan da nosa sanidade.
O segundo pao ven agora, tras a xestión da COVID, departamentos imprescindibles como oncoloxía ou radioloxía, como supoño que todos os demais, acusan os recortes que os xestores políticos fan da nosa sanidade. Tras superar con éxito 2 anos seguimentos trimestrais comunícanme que xa podo comezar facelos semestralmente, o cal alédame, aínda que o medo e a inseguridade de ter “menos control” asusta, mais, sen dubida, unha boa nova: “pasas á seguinte fase”. Isto comunícanmo en novembro do 2020, polo que a miña seguinte revisión sería en abril do 2021. Chega abril e a miña dermatóloga oncolóxica revísame as pencas e palpa aos meus ganglios, di que “aparentemente” está todo ben, non pode asegurar mais, e quedamos á espera das probas complementarias pendentes, un TAC e a analítica que encarga a miña oncóloga do Hospital Teresa Herrera. Estamos en agosto, case setembro, en lugar de 6 pasaron 9 meses e a cita segue sen chegar.
Son unha doente de alto risco oncolóxico. A Lei 12/2013, de 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias recolle no seu Capítulo II os tempos máximos de acceso e sistema de garantías, artigo 5, a fixación dos tempos máximos de acceso 45 días nas probas diagnósticas e/ou terapéuticas.
Ademais a lei fala de que o Servizo Galego de Saúde establecerá os tempos máximos dos procedementos e situacións clínicas garantidas en función da prioridade asignada polo facultativo, tendo en conta os criterios establecidos no punto anterior, e establecerá os procedementos necesarios para asegurar a súa aplicación homoxénea nos centros hospitalarios.
Temos medo de que nos nosos TAC, feitos con meses de retraso, atopen a causa do agravamento da nosa enfermidade, que pode custarnos a vida. Temos medo de que sigan recortando a sanidade que nos salva, que sigan impedindo ás e aos profesionais facer o seu traballo
Estanse publicando datos que din que unha de cada cinco persoas con cancro en España están sen diagnosticar pola pandemia da Covid-19, polo que os e as profesionais de oncoloxía temen a chegada ao sistema sanitario de tumores máis avanzados, con menos opcións terapéuticas e maior compromiso da supervivencia, segundo destacou este luns a Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM).
Temos medo de que nos nosos TAC, feitos con meses de retraso, atopen a causa do agravamento da nosa enfermidade, que pode custarnos a vida. Temos medo de que sigan recortando a sanidade que nos salva, que sigan impedindo ás e aos profesionais facer o seu traballo, que só sexamos números e euros, de que sigan antepoñendo os obxectivos económicos aos obxectivos sanitarios, a que se entenda a sanidade pública como un custe e non como unha inversión en vida.
Por suposto das reclamacións rexistradas non hai resposta… o seguinte paso… a valeduría do pobo.