Reforma da reformada Lei Galega de Saúde: saúde ou castigo

Feijóo e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no hospital de Burela o 23 de outubro de 2020 CC-BY-SA David Cabezón / Xunta

“Así como cen coellos no fan un cabalo, cen presuncións non constituen unha proba.” Crime e castigo  de Fiódor Mijáilovich Dostoyevski: Moscú 1821, San Petersburgo 1881.

Cando o señor Feijóo, co apoio do seu grupo e en contra de todos, reformou a Lei Galega de Saúde (LGdeS) do 8/2008 coa Lei 1/2018, moitos xa pensabamos que o facía para seguir co desmantelamento do Sistema Sanitario na Galiza e, entre outras cousas, retirar catrto Áreas Sanitarias: O Barco, O Salnés, Monforte e A Mariña, así como impedir a participación cidadá coa non posta en marcha do Consello de Sáude de Galiza e os Consellos de Saúde de Área. 

A privatización da sanidade na Galiza seguía a folla de ruta deseñada, dende os tempos en que dirixiu o Insalud e pasou a ser o maior privatizador no País. Decía o señor Puy Fraga, en sede parlamentaria para defender o indefendible, que a nova reforma intentará “cubrir lagoas e carencias da lexislación vixente para loitar contra a pandemia”. E moitos preguntmonos: sé o señor Feijóo leva gobernando 11 anos en Galiza, estas eivas débense exclusivamente a el e aos seus gobernos. Ten que deixar de botar as culpas a todo o que se move ao seu redor e facerse, dunha vez, responsable das deficiencias.

Que quere facer coa nova Lei? Pretender que a “vacina sexa obrigatoria”, algo, que aparte de inconstitucional, a propia OMS aclara “que non se debe obrigar, senón convencer”, algo que a Feijóo non lle fai gracia, claro. Os seus gobernos, son moi dados a dicir: “Imos facer" e non a dicir “fixemos”. Por que será?

Intentou modificar a Lei de Saúde do Estado español: nin caso lle fixeron, por suposto. E, en troques, volve modificar unha Lei xa modificada para “sancionar” todo o que el e os seus consideran sancionable, con multas desproporcionadas e totalmente cohercitivas. Se o que quería era aplicar unha “Lei de Orden Público" en Galicia, o mecanismo de reformar a LGdeS, non parece o máis apropiado. En 53 páxinas do texto, utiliza a palabra “sanción” 71 veces… A modificación sairá aprobada pola maioría absoluta do PP, pero temos que recodarlle que pode ser lexítima, pero en ningún caso xustifica o despropósito de modificar a LGdeS só para “sancionar a poboación”, que espera dun gobernante solucións aos seus problemas e dende logo, a xestión da pandemia na Galiza non é un derroche de boa actuación: 1.500 mortos, a metade nas tesidencias de maiores... E coma sempre dirán que noutros lugares do Estado están peor, pero isto non xustifica o que está pasando no País.

Utiliza a figura de proposición de lei presentada polo PP, en lugar de como goberno da Xunta, para evitar “o informe preceptivo sobre a legalidade, o acerto e a oportunidade” do anteproxecto elaborado. Non parece razoable, nin sensato, a estratexia de cambiar continuamente a LGdeS, para afrontar de maneira específica os problemas de saúde que se vaian presentando ao longo do tempo. Non establece uns límites temporais na vixencia e aplicación desta “Lei de Excepción”, que parece destinada a perpetuarse no tempo. Pretende utilizar a alarma social da pandemia para socavar os dereitos dos cidadáns…Outra vez! 

Escribía eu nun artigo o 18/01/2018: "O señor Feijóo dixo na fin de ano de 2018: 'O modelo sanitario galego garante a unidade, o benestar e a solidariedade en momentos dramáticos coma estes". E non chegara a pandemia! Non é certo o que di, coma sempre, e os feitos desménteno cos actos dos gobernos do PP. Fixemos a manifestación do 4 de febreiro do 2018 en Compostela coa asistencia de 40.000 persoas onde lle dixemos ao PP que non queríamos unha nova LGdeS que prexudique os cidadáns e que si queríamos, e queremos, o desenvolvemento democrático e por consenso da Lei Galega de Saúde do 2008.

Para mellorar a saúde dos galegos é necesario reforzar o sistema sanitario público, (e non de boquilla), convocar as prazas que fan falta, diminuír as listas de agarda e deixar dunha vez por todas de privatizar o Sergas. Potenciación da Atención Primaria, xa. O día 21 de xaneiro do 2021 teremos a xuntanza do Consello Técnico de AP de Galicia. Bo escenario para isto.

De Feijóo depende. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.