Resposta ás mocións presentadas por PP e PSOE sobre as pensións

Quero dar as grazas, porque por fin as corporacións municipais comecen a poñer enriba da mesa a poblemática más universal dos seus cidadáns como é o Sistema Público de Pensións. Aínda así, véxome na necesidade de aclarar determinados puntos que constan nas mocións  que se están a presentar por ambos partidos.

Na moción do PP, igual que na do PSOE o que queda claro é que a Seguridade Social é un dos piares básicos do Estado de Benestar, cousa que defendemos e estamos de acordo, seguindo a decir que o seu mantemento e sustentabilidade forma parte dos grandes consensos nacionais articulado a través do Pacto de Toledo. E que en todo caso un partido (PSOE) acusa o outro da vulneración de dito pacto social.

Pois neste caso teño que recordar a ambos partidos que é unha pena que se considere que o Pacto de Toledo non se debe vulnerar cando ambos partidos así o fixeron.  No 2010 o Goberno de José Luis Rodriguez Zapatero  anuncia unha reforma sin consultar os partidos representados na comisión do Pacto de Toledo, e reforma que aproba coa firma de CCOO, UGT, CEOE y CEPYME. E o PP aínda que criticou esa postura, e grazas a prometer na súa campaña eleitoral si gañaba iba a derogar dita Lei, gañou as eleccións e non só non derogou dita lei senón que tamén leva a cabo unha reforma a Lei 5/2013 que non pasa nin por cámara nen  polo Pacto de Toledo. Polo que un Pacto Social que os partidos poden saltar a torera sempre e cando lles pareza e que agora nos digan que ten que ser o referente,

O PSOE na súa moción  fala do expolio realizado polo PP no Fondo de Reserva da Seguridade Social, e que dito fondo foi creado no Pacto de Toledo en 1989 polo gobernó socialista coa intención de equilibrar as tensións xeracionais sobre o sistema. Cousa que  é real, pero o que non se dí é que a dito fondo deberían haber ido todos os superávits das cotizacións unha vez aboadas as pensións do momento. E decimos todos pois tanto PSOE como PP entre a data de creación do Fondo   e o 2013 nin ingresou todas as cuotas sociais recadadas e ademáis fixo un uso incorrecto do propio fondo.

Aboáronse  pensións  asistenciais  ou non contributivas, complementos a mínimos que tiñan que ir a cargo dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) por valor según un Informe da Intervención Xeral da Seguridade Social de 72.371,5 millóns de euros, ademáis a utilización do Fondo de Reserva para cubrir as necesidades de financiación do Estado mediante a compra masiva de deuda pública española durante a crisis, incumplindo con elo o principio de prudencia que debería rexir na xestión de dito Fondo.

O Partido Popular, non só non correxiu esas políticas, senon que as incrementou, no 2016 a Seguridade Social deixou de ingresar 2.100 millóns/€ e 2.600 millóns/€no 2015 …polas tarifas planas, bonificacións como medida de estímulo a contratación laboral. Contratación laboral da que se fala na moción do PP, onde se presume de que a tasa de desempleo disminue, digamos correctamente, temos unha tasa de desempleo do 16.3 % ¿ pero de que tipo de contratación? Tasa de temporalidade dun 27% , traballos precarios, salarios mínimos malas condicións laborais que fan que non se recaude para a Seguridade Social.

E aínda así siguen retirando cartos do fondo para aboar cousas como os afectados polo  terremoto de Lorca, víctimas de incendios u outras catástrofes naturales…todas esas partidas que terían que haber sido a cargo dos Orzamentos  Xerais do Estado e non a cargo da Caixa da Seguridade Social.

Se os gobernos de turno non fixeran un uso impropio dos cartos das cotizacións sociais podríamos estar falando de que o Fondo de Reserva tería en estos momentos o redor de medio billón de euros  e non os 8.095 millóns actuais. O Estado, os PGE e o Ministerio de Facenda non están facendo préstamos a Seguridade Social para facer fronte as pensións; están devolvendo unhas cuantías que xa pertencían por dereito o propio Sistema.

Partindo dende este punto:

  • Si compartimos a mención do PP en que os Pensionistas de hoxe e de mañá NON perdoarán que se deixe pasar a oportunidade de chegar a un consenso para garantir a suficiencia das pensións e a sostenibilidade futura do sistema de Seguridade Social,  PERO os pensionistas NON queren un consenso, queren un proxecto sostible e de longo prazo.
  • Si compartimos a mención do PSOE en que hai que  constitucionalizar o dereito a unha pensión digna e suficiente ,  PERO ubicándoa na Sección 2ª do  Capítulo 2º do Título 1º da Constitución, que conforme as previsións do seu artígo 53 goza dunha protección reforzada. A protección do individuo fronte a actuación dos poderes públicos é unha siñal de identidade indeleble do Estado de dereito. E esa protección debe extenderse canto antes os máis vulnerabeis.
  • Si compartimos a mención do PP en que o Goberno da Nación ten que seguir traballando cos Axente Sociais no diálogo social, PERO  para nós os Axentes Sociais mudaron, o que vós referides mudaron de lado e só cabe a posibilidade de que sexa a Coordinadora Estatal en Defensa das Pensións Públicas como  interlocutora válida.
  • Si compartimos a mención do PSOE na derogación  dos cambios lexislativos producidos  no  Goberno do PP , PERO  tamén pedimos a derogación da Lei 27/2011  que fixo que os pensionistas perderan un 20% do seu poder adquisitivo. Asi que derogación  de todas as Leis dende a 27/2011 ata a  Lei 23/2013.
  • Si compartimos a mención do PSOE na eliminación do factor de sustentabilidade,  PERO para iso non só se ten que derogar a Lei 23/2013, temos que recordar que a Lei que o seu partido aprobou a Lei 27/2011 xa contemplaba o Factor de Sustentabilidade coa diferenza que en vez de entrar en vigor o 01.01.2019 será o 2027 ( dentro de 8 anos). Polo que nos reiteramos na derogación de ambas leis.
  • Si compartimos a mención do PSOE sobre a eliminación da fenda salarial nas prestacións, PERO non baixo o abanico da Lei 27/2011 onde só se fala é que as viuvas maiores de 65 anos se lles subirá a pensión dun 52% a un 60%, e que dentro da idade quedan fora as que compaxinen a súa pensión de viudedade con unha propia de xubilación ou con traballo,  esas son medida de desigualdade e o que non queremos e que se segan afondando nas desigualdades do propio sistema.

E, segundo, temos que recordar que tendo en conta que a pensión de viuvez mínima para maiores de 65 anos no ano 2017 atópase en 637.70 €,  o 89% das viudad acabarán cobrando exactamente o mesmo co 60% que co 52% e o único que se busca é cargar ese 8% en vez de nos Orzamentos  Xerais do Estado nas arcas da seguridade social,  para seguir provocando máis déficit, e ter como xustificar a non sustentabilidade do sistema.

Si compartimos o de buscar saidas para o equilibrio financeiro do propio Sistema de Seguridade Social que se menciona en ambas mocións, PERO  nunca, nunca polos puntos que aquí se determinan. Nin impostos a banca, nin impostos de finalidade clara, nunca defenderemos unha confrontación social entre xeracións.

Por todo isto, o Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas do cal formo parte e como Voceira da Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións, SOLICITO que se inste o Goberno de España a:

  •  A Constitucionalización do dereito a unha pensión digna e suficiente.
  • A recuperación do poder adquisito perdido.
  • A todas as derogación do ano 2010-2013.
  • A derogación do artigo 135 CE pola cal non se actualizan as prestacións.
  • A traballar por un Sistema Público de Pensións a medio e longo prazo, de pensións dignas, suficientes e para a clase traballadora.

Seguiremos loitando por un sistema público de pensións dignas e suficientes.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.