O luns 10 de xullo non pensaba ver o debate entre Pedro Sánchez e candidato do Partido Popular. O meu voto está decidido dende hai tempo, e a dereita nunca é unha opción, sequera a valorar como hipótese. Pero o luns deixeime convencer.
Mais alá de quen gañou o debate o que alí nos atopamos, foi un Pedro Sánchez descentrado ante un Alberto Núñez Feijóo que en Galicia xa coñecemos. Dende 2009.
Durante as intervencións do líder da oposición, tivemos a sensación de estar revivindo unhas formas e uns enganos que daquela lle foran efectivos. Feijóo ao descuberto, sen máscara, na súa plenitude, tal e como é: sen principios, sen ética, sen memoria, utilizando a mentira, e mentindo, con toda a calma do mundo. Mentiras grosas sen rubor...
Durante as intervencións do líder da oposición, os que, en 2008 e 2009, viviamos a política galega con intensidade tivemos, sen dúbida, a sensación de estar revivindo unhas formas e uns enganos que daquela lle foran efectivos. Feijóo ao descuberto, sen máscara, na súa plenitude, tal e como é: sen principios, sen ética, sen memoria, utilizando a mentira, e mentindo, con toda a calma do mundo. Mentiras grosas sen rubor...
Falou Feijóo dos Falcon, mercados por José María Aznar, como antes falara en Galicia dos Audi oficinais, mercados por Manuel Fraga; falou de despilfarro do goberno Sánchez, como antes falara de suntuosas cadeiras e mesas hiperbólicas nos despacho de Emilio Pérez Touriño, aínda que a residencia de Monte Pío fora mandada construír para solaz de Manuel Fraga, que sempre se pensou presidente eterno. Falou dun concelleiro socialista condenado por violencia de xénero, pero esqueceuse de Ismael Álvarez e o acoso a Nevenka Fernández, esqueceuse da aptitude do Partido Popular naqueles momentos..., esqueceuse de Ignacio García Latorre, edil popular de Costur (Castellón) condenado por golpear á súa muller, esqueceuse de Matías González Cañón, candidato da Illa de Arousa, ídem de ídem... e de a José Manuel Barreiro Jardón, nas listas do PP en Os Blancos, condenado a 20 meses de cadea por maltrato. O líder do PP afeou a Sánchez ter sido conselleiro en Caja Madrid (aínda que na realidade era membro dunha multitudinaria asemblea xeral, sen capacidade executiva), pero non lembra a desfeita, uns anos despois, do seu compañeiro de partido, e ministro con M. Rajoy (si, si, Mariano Rajoy), en Bankia, desfeita á que o FMI responsabilizou, en boa parte, do rescate á banca que tanto lle costou aos españoliños e españoliñas de a pé. Miles e miles de millóns. Feijóo total, sen escrúpulos.
Das intervencións do candidato popular chamoume unha a atención de forma especial, mais que nada pola falta de resposta por parte do presidente Sánchez. Foi cando Núñez “vido arriba”, como se di coloquialmente, acusou ao seu rival de chamar aos policías (e supoñemos que tamén aos gardas civís) “piolíns”. Unha terxiversación dunha frase do presidente, que foi sacada de contexto por parte do PP e por organizacións e medios de extrema dereita.
Das intervencións do candidato popular chamoume unha a atención de forma especial, mais que nada pola falta de resposta por parte do presidente Sánchez. Foi cando Núñez “vido arriba”, como se di coloquialmente, acusou ao seu rival de chamar aos policías “piolíns”
Rememoremos. Estamos en 2017 e o independentismo catalán convoca un algo, que eles chaman referendo (cada un lle chama ás cousas como quere...), para o 1 de outubro. O goberno de Mariano Rajoy, sendo ministro do Interior Juan Ignacio Zoido, vai tentar facer todo o posible para impedir a votación. Nas semanas anteriores ao 1 de outubro desprazan a Cataluña a arredor de 10.000 policías e gardas civís, en boa parte pertencentes ás Unidades de Intervención Policial e aos GRS, Grupos de Reserva e Seguridade.
Para aloxar a toda aquela xente o goberno vai improvisando, sobre a marcha: algúns van para hoteis, outros ao Cuartel do Bruc, unhas instalacións anticuadas, e improvisando e volvendo improvisar a alguén se lle ocorre arrendar uns barcos de pasaxe, que atracan nos portos de Barcelona e Tarragona. Son o cruceiro Azzurra, e os ferris Rhapsody e Moby Data, este último con todo o casco cuberto por imaxes de coñecidos debuxos animados: O Coiote, o gato Silvestre e Piolín. Os axentes pasaron neste último barco case dous meses, o que serviu como inspiración ao xornalista Guillem Martínez para poñer título a un dos libros nos que narra o chamado “procés”: 57 días en Piolín (imprescindible para entender o que naqueles días por Cataluña adiante sucedeu).
O trato que o goberno do Partido Popular, Mariano Rajoy, dispensou aos axentes desprazados deixou moito que desexar. Hoxe internet, como antes as hemerotecas, é temible para os mentireiros.
Unha rápida procura nun buscador tráenos abundantes titulares, dos medios mais diversos.
O trato que o goberno do Partido Popular, Mariano Rajoy, dispensou aos axentes desprazados deixou moito que desexar. Hoxe internet, como antes as hemerotecas, é temible para os mentireiros
O 24 de outubro “El Mundo”: “Os axentes do Piolín”: “Non hai ningunha garantía de hixiene na comida”. O 3 de novembro en OKdiario (que moi de esquerdas non é!): “A carta dun garda civil farto do Piolín: “Sacádenos deste suplicio”. A entradiña da nova se estende na explicación: “ A comida dos policías aloxados no “Piolín” en Cataluña: peixe con anisakis e tortilla empanada”. RTVE, a de 2017, controlada polo PP, o 26 de decembro facíase eco das protestas dos policías aloxados na altura no Rhapsody polo xantar de Nadal: spaghettis cun mexillón e croquetas. O ministerio do Interior tivo que abrir unha información reservada para calmar os ánimos. Outros medios ao longo dos meses foron facéndose eco das lamentables condicións dos aloxamentos, recollendo declaracións anónimas de axentes: lixo, sen ventilación, sen espazo. Os sindicatos policiais, o SUP, a UPF, a AUGC, presentaron multitude de protestas.
De todo isto esqueceuse o candidato Feijóo. Debería darlle vergonza ao candidato encherse a boca falando da policía e da garda civil cando o seu goberno, o do seu amiguiño M. Rajoy, os tratou como se foran “lacaios”, como se foran animais que so merecían despoxos.
O debate do luns pasado si tivo algunha utilidade é para lembrarnos que o día 23 debemos encher as urnas de votos. Votos contra a mentira. Votos contra a volta ao pasado
Non deberíamos esquecer tampouco, todos e todas como cidadáns, pero moi especialmente policías e gardas civís, como durante os gobernos de Rajoy as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado perderon mais de 12.000 efectivos. A Policía Nacional case un 10% do total, a Garda Civil mais dun 6%: diminuíndo a capacidade destes corpos para garantir a seguridade da xente, sobre todo dos mais necesitados, pero tamén poñendo en risco aos propios axentes. Todo elo, sen dúbida, para beneficiar ás empresas privadas de seguridade.
O debate do luns pasado si tivo algunha utilidade é para lembrarnos que o día 23 debemos encher as urnas de votos. Votos contra a mentira. Votos contra a volta ao pasado. Votos contra a política sen principios de Alberto Núñez Feijóo.