Sempre no canto do relato

“La escritura es el arte de la elipsis”.
Severo Sarduy.

“Aunque para el placer bastan los bordes-Lacan se lo explico un día”.
Severo Sarduy.

Sempre no canto do relato. O resto, os ollos de John Berger.
*
Sempre no canto do relato. O resto, a espuma da imaxinación.
*
Sempre no canto do relato. O resto, as gafas ben graduadas de Manuel de Lorenzo.
*
Sempre no canto do relato. O resto, un verso.
*
Sempre no canto do relato. O resto, hipérbole tapageuse, rocoó abracadabrante, exageración sin coto (vedado?).
*
Sempre no canto do relato. O resto, pura contemplación da vida.
*
Sempre no canto do relato. O resto, Gladys Night cantando Every Little bit hurts.
*
Sempre no canto do relato. O resto, confesión.
*
Sempre no canto do relato. O resto, a casa da Commaraccia Secca de Strada-Giulia
*
Sempre no canto do relato. O resto, historias do bar Tappeto Verde.
*
Sempre no canto do relato. O resto, as sobras dos Reis Magos.
*
Sempre no canto do relato. O resto, ist Shlamperei.
*
Sempre no canto do relato. O resto, non se sabe moi ben que.
*
Sempre no canto do relato. O resto, un relato de François Pierre Lajoie.
*
Sempre no canto do relato. O resto, xogos florais de Amsterdam.
*
Sempre no canto do relato. O resto, os diarios de Ricardo Piglia.
*
Sempre no canto do relato. O resto, soños ineditos da COBRA.
*
Sempre no canto do relato. O resto, derradeiras palabras.
*
Sempre no canto do relato. O resto, chamadas do silencio.
*
Sempre no canto do relato. O resto, tanatorio.
*
Sempre no canto do relato. O resto, adxectivo.
*
Sempre no canto do relato. O resto, papel de agasallo do AUTOR.
*
Sempre no canto do relato. O resto, ti, LECTOR.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.