Somos fillos da memoria. A frase non é miña –xa me gustaría-, é de Julio Anguita, pero gústame especialmente por que esas catro palabras recollen toda unha declaración de intencións, unha áncora á cal aferrase para estar centrados e ter as chaves con que interpretar o mundo que nos toca vivir. Somos fillos da memoria...
Somos fillos da memoria. A frase non é miña –xa me gustaría-, é de Julio Anguita, pero gústame especialmente por que esas catro palabras recollen toda unha declaración de intencións. A memoria lévame ao meu barrio, Coia, a finais dos anos 60 e principios dos 70
A memoria, tras ler nos diarios que o paro supera os seis millóns de dramas persoais, que a policía volve a cargar nas facultades, que a liña que separa os políticos dos empresarios e dos narcos é cada vez máis difusa,... como dicía, a memoria lévame ao meu barrio, Coia, a finais dos anos 60 e principios dos 70.
Daquela, como consecuencia das políticas de desenvolvemento industrial do goberno franquista, máis de cinco millóns de persoas en todo o Estado emigraron do campo á cidade co fin de seren utilizadas como man de obra do incipiente tecido industrial. O réxime, nun esforzo por superar o tradicional papel autárquico e agrario da nosa economía, pretendía achegarnos ao resto das nacións occidentais.
Deste xeito, as cidades tiveron que adaptarse a marchas forzadas para acoller aos novos habitantes procedentes do mundo rural: novos barrios, cidades-dormitorio, etc, foron velozmente construídos, levantándose da noite á mañá servizos urbanísticos onde ata había pouco tempo só existían descampados. A ausencia de dotacións culturais, sanitarias, ou incluso as básicas urbanísticas (redes semafóricas, beirarrúas, saneamentos,...) foi un dos principais problemas cos que se toparon os novos veciños.
Coia non foi allea a este contexto xeral. En a penas unha década, pasou de ser unha das tantas parroquias rurais do Val do Fragoso a un barrio urbano construído a toda velocidade
Coia non foi allea a este contexto xeral. En a penas unha década, pasou de ser unha das tantas parroquias rurais do Val do Fragoso a un barrio urbano construído a toda velocidade, onde as insuficiencias dotacionais constituíron un problema de primeiro orde que chegaron a causar trastornos de saúde ou mesmo mortes.
Dende as administracións, o barrio que daba os seus primeiros pasos era observado con receo e desconfianza. Así, en xaneiro de 1975 o Ministerio de Gobernación, no seu documento interno Plan Barrios, cataloga como “perigoso e subversivo“ o barrio de Coia –xunto aos tamén barrios vigueses de Calvario e Ribadavia-.
En xaneiro de 1975 o Ministerio de Gobernación, no seu documento interno Plan Barrios, cataloga como “perigoso e subversivo“ o barrio de Coia –xunto aos tamén barrios vigueses de Calvario e Ribadavia-
Nese ambiente de desamparo e abandono, a veciñanza atopou un camiño de saída: facer sinerxías (daquela esta palabra inda non estaba de moda) e loitar. De forma inconsciente –probablemente-, fixeron seu un lema que a coordinadora Balabre contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión hoxe acertadamente utiliza: Xuntos a calquera parte, sós a ningunha. Ben a través de asociacións de veciños, ben a través doutro tipo de plataformas (Movemento Veciñal O Noso Barrio, Asociación de Mulleres Dorna,...), pretendeuse que o barrio fora un suxeito activo do seu propio desenvolvemento integral. A veciñanza foi un suxeito histórico vivo na construción do barrio do Coia. As súas loitas, relacións, vínculos e protestas dende principios dos anos 70, conformaron o espazo que para ben ou para mal, hoxe ocupamos e habitamos.
De forma inconsciente –probablemente-, fixeron seu un lema que a coordinadora Balabre contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión hoxe acertadamente utiliza: Xuntos a calquera parte, sós a ningunha
Corenta anos despois, moitas das loitas seguen a estar presentes. Posiblemente estamos nunha época moi semellante á dos anos 70: desmembramento de vellas estruturas socioeconómicas (ogallá!), altos índices de pobreza, cifras de paro insoportables,... Quizais poidamos apelar a esa memoria colectiva, e ante problemas semellantes, buscar saídas semellantes: Xuntos a calquera parte, sós a ningunha. Somos fillos da memoria.