Terra queimada, fauna abrasada

Tiña que pasar, é duro pero desgraciadamente certo. Cando se poñen trabas e fan recurtes aos medios que tiñan a tarefa de garantir que as lapas non se estendan cando se declara un incendio, intencionado ou non, as crises ecolóxicas pasan. O caso das Fragas do Eume é unha demostración máis de que ao goberno non lles interesan unas cantas árbores e arbustos, por moita declaración de Parque Natural e por moita declaración de Lugar de Importancia Comunitaria que haxa detrás.

Só importa a demagoxia, a ausencia da Xunta de Galicia non lugar do crime, as declaracións de conselleiros afirmando que os medios eran suficientes. Porque neste momento, coas fragas das terras abrasadas, pouco ou nada importa

Que estas terras, agora queimadas, albergaron o fogar de centenares de animais, que agora morreron abrasados e intoxicados, fosen unha auténtica xoia biodiversa tampouco importa. Só importa a demagoxia, a ausencia da Xunta de Galicia non lugar do crime, as declaracións de conselleiros afirmando que os medios eran suficientes. Porque neste momento, coas fragas das terras abrasadas, pouco ou nada importa.

É tempo de mobilización, despois de anos de advertencias o desastre xa está consumado e temos que traballar para que non se repita. Debemos apoiar iniciativas que promovan a penosa e longa restauración das Fragas do Eume, impedir que os animais que sobrevivan ou fuxisen do parque poidan ser abatidos delimitando novos espazos libres de caza e deixar de lamentarnos, para facer bandeira da protesta activa e dura contra aqueles que facilitaron que indesexables queimaran as nosas terras, o noso monte e o noso patrimonio ecolóxico.

Debemos apoiar iniciativas que promovan a penosa e longa restauración das Fragas do Eume, impedir que os animais que sobrevivan ou fuxisen do parque poidan ser abatidos delimitando novos espazos libres de caza

As fotos de Feijoo cunha mangueira son parte do pasado dos medios de comunicación, pero tamén do presente colectivo. E refliten a política da austeridade, porque este home podería aparecer cunha mangueira dunha brigada forestal, ou mesmo co casco das persoas que traballan extinguindo o lume. Pero non, apareceu cunha mangueira de Monte Pío.

Ata cando permitiremos que se rían de nós?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.