Terrorismo imperialista. Galicia na xeopolítica do petrodólar

Donald Trump asina ordes executivas no Despacho Oval o pasado 10 de febreiro © The White House

No ano 2000, Saddam Hussein tomou unha decisión que pasou case desapercibida para os grandes medios occidentais: anunciou que Iraq comezaría a vender o seu petróleo en euros, e non en dólares estadounidenses. Tres anos despois, Estados Unidos invadiu o país

No ano 2000, Saddam Hussein tomou unha decisión que pasou case desapercibida para os grandes medios occidentais: anunciou que Iraq comezaría a vender o seu petróleo en euros, e non en dólares estadounidenses. Tres anos despois, Estados Unidos invadiu o país. Saddam Hussein foi executado. Nunca apareceron as famosas armas de destrución masiva e, casualmente, o petróleo iraquí volveu cotizarse en dólares.
En 2009, Muamar el Gadafi foi máis lonxe. Propuxo a creación dunha moeda africana apoiada en ouro: o dinar de ouro. Isto permitiría aos países africanos comerciar con petróleo e materias primas sen pasar polo dólar. En 2011, Libia foi “liberada” pola OTAN por razóns supostamente humanitarias. Gadafi foi asasinado. O dinar de ouro desapareceu. O petróleo libio regresou ao mercado do dólar.
Non son feitos illados. Hai un patrón claro.

E para entendelo, cómpre retroceder a 1971, cando o presidente Nixon desvinculou o dólar do patrón ouro. A moeda estadounidense deixou de estar respaldada por algo tanxible e pasou a sosterse unicamente sobre a confianza. Segundo a lóxica histórica, aquilo debería ter provocado o colapso do dólar. Mais non aconteceu.
Por que?

Para entendelo, cómpre retroceder a 1971, cando o presidente Nixon desvinculou o dólar do patrón ouro. A moeda estadounidense deixou de estar respaldada por algo tanxible e pasou a sosterse unicamente sobre a confianza

Porque en 1974 Henry Kissinger asinou un acordo clave con Arabia Saudita: os saudís venderían petróleo exclusivamente en dólares, e a cambio recibirían protección militar dos Estados Unidos. A partir dese momento, todo país que quixese enerxía precisaba dólares. Non era libre mercado: era unha orde monetaria imposta pola forza. Un sistema de chantaxe xeopolítica que só funciona mentres exista un exército capaz de facelo cumprir.
E que ocorre cando alguén desafía ese sistema?
Siria proxecta gasodutos fóra do dólar: guerra civil.
Rusia esixe rublos polo gas: sancións, acoso e guerra.
Irán tenta vender petróleo sen dólares: décadas de sancións, bloqueos e ameazas.
Europa tenta manter unha mínima autonomía enerxética: o gaseoduto do mar do Norte rebenta e a UE acaba comprando gas máis caro aos Estados Unidos mentres se empurra o conflito en Ucraína.
E agora Venezuela.
Non se trata de gobernos bos ou malos. Trátase do castigo sistemático a quen ameaza o sistema do petrodólar.
SWIFT, o sistema internacional de pagos, non é unha ferramenta neutral. É unha arma. Quen queda fóra de SWIFT queda fóra do comercio mundial. :
Irán ,Cuba , Rusia , Venezuela…
Ideoloxías distintas, mesmo resultado.
Estados Unidos non envía soldados a morrer pola liberdade; envíaos para defender o status do dólar como moeda de reserva mundial. A moeda financia o exército; o exército garante a moeda. Así funciona dende hai moitas décadas o imperio estadounidense.

Galicia

Galicia non é un actor soberano, pero si unha peza nun taboleiro que non controla. Exportadora de enerxía eléctrica, dependente de combustibles fósiles importados, territorio de sacrificio para a ubicaciòn de infraestruturas estratéxicas para a indústria armamentistica da OTAN, mais sen capacidade de decisión

Galicia  non é un actor soberano, pero si unha peza nun taboleiro que non controla. Exportadora de enerxía eléctrica, dependente de combustibles fósiles importados, territorio de sacrificio para a ubicaciòn de infraestruturas estratéxicas para a indústria armamentistica da OTAN, mais sen capacidade de decisión. Pagamos a enerxía a prezos globais mentres producimos localmente; sufrimos os impactos ambientais de industrias de enclave ,  estratéxicas para os intereses das elites extractivas, mentres os beneficios marchan fóra. Somos periferia dentro da periferia europea, atrapados nun sistema monetario e enerxético deseñado lonxe de aquí.
Cando falamos de Venezuela, de América do Sur ou de Groenlandia, falamos tamén de nós. Porque a mesma lóxica que nega soberanía a Caracas nega capacidade de decisión a Galicia . A mesma orde que impón sancións a países rebeldes impón pobreza enerxética, precariedade industrial e dependencia estrutural aos territorios perifericos e sen Estado.
Neste contexto, a presidenta de México, Claudia Sheinbaum, cualificou a ONU de “parásita”, denunciando a súa inacción fronte á escalada de agresións contra Venezuela e a súa submisión aos poderes hexemónicos. Advertiu de que o silencio internacional pode abrir a porta a unha violencia rexional de consecuencias imprevisibles. E ahí estamos nos.
Galicia non é un estado soberano, pero é un territorio profundamente afectado por esta orde monetaria e enerxética. Somos produtores netos de enerxía eléctrica, con encoros, parques eólicos e capacidade exportadora. Porén, pagamos a electricidade a prezos fixados en mercados internacionais alleos á nosa realidade produtiva. Exportamos enerxía barata e a importamos a prezos caros. A diferenza tradúcese en beneficios para grandes corporacións e en custos para a poboación galega.
Esta contradición non é accidental: é estrutural. Galicia ocupa unha posición periférica nun sistema que non controla. As decisións sobre infraestruturas, modelos enerxéticos, prezos e mercados tómanse en Madrid, Bruxelas ou Washington. Aquí quedan os impactos ambientais, a fragmentación do territorio, a precariedade industrial e a perda de soberanía económica.
A mesma lóxica que sanciona e invade Venezuela por defender os seus recursos impide a Galicia decidir sobre os seus. A mesma orde que castiga a Rusia por cuestionar o petrodólar nega a Galicia calquera capacidade de política enerxética propia. Non precisamos sancións nin intervención militar: abonda con excluírnos da toma de decisións.
Galicia funciona así como unha colonia enerxética interna da Unión Europea. Sen moeda, sen exército, sen política exterior, pero plenamente integrada nun sistema que extrae valor e exporta dependencia. A nosa falta de soberanía non nos libra das consecuencias do conflito global: inflación enerxética, empobrecemento, perda de industria, migración xuvenil…

O que estamos a ver por parte do goberno Trump non é diplomacia coercitiva: é a Doutrina Monroe rearmada. Ataques financeiros, mediáticos e ameazas e accions militares para quebrar soberanías. Mentres tanto, a comunidade internacional mira cara a outro lado. E Galicia, coa connivencia dun goberno cómplice co sostemento da sua condición de território de sacrifício , paga… e cala

Por eso as palabras de Sheinbaum non son un exceso retórico. Son un aviso. Denuncian un sistema internacional onde as institucións son fortes cos débiles e submisas cos poderosos, onde a legalidade internacional se suspende cando entra en conflito cos intereses hexemónicos.
Sheinbaum advirte de que o silencio internacional pode abrir a porta a un escenario de violencia rexional. Esa advertencia non se limita a América Latina. A normalización da violencia económica, financeira e política como ferramenta de control acaba afectando tamén ás periferias europeas, aos pobos sen estado, aos territorios dependentes.
E o noso país  non está á marxe deste proceso. Está dentro del, soportando os seus efectos sen capacidade de resposta. Comprender o funcionamento do petrodólar non é un exercicio teórico: é unha condición necesaria para entender por que producimos riqueza e sofrimos dependencia, por que temos recursos e sufrimos precariedade, por que a enerxía sae da nosa terra mentres a factura segue subindo.
O terrorismo imperialista non so usa a forza militar . Ás veces , case sempre , usa as sancións, os mercados, os tratados e os silencios.
E Galiza coñece ben ese tipo de violencia.
O que estamos a ver por parte do goberno TRUMP non é diplomacia coercitiva: é a Doutrina Monroe rearmada. Ataques financeiros, mediáticos e ameazas e accions militares para quebrar soberanías. Mentres tanto, a comunidade internacional mira cara a outro lado.
E Galicia , coa connivencia dun goberno cómplice co sostemento da sua condición de território de sacrifício , paga… e cala.

Ata cando?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.