AENA é a Administración aeroportuaria máis centralizada e ineficaz da Europa. Compre pois, a transferencia á Xunta dos aeroportos, reservándose o Estado o control do tránsito aéreo no marco da UE
Os aeroportos galegos son un bo exemplo de como esa catástrofe chamada AENA xera ineficiencia e división entre galegos. AENA é a Administración aeroportuaria máis centralizada e ineficaz da Europa. Compre pois, a transferencia á Xunta dos aeroportos, reservándose o Estado o control do tránsito aéreo no marco da UE.
Mais a futura Administración aeronáutica galega non poderá incorrer no mesmo erro de AENA. Hai que descentralizar a xestión aeroportuaria. Os servizos (aparcadoiro, handling, restauración...) poderíanse xestionar por tres Consorcios público-privados autónomos, liderados pola Xunta e cadanseus concellos e nos que se integren os axentes sociais principais de cadansúa área urbana.
A captación de voos debería ser coordinada. E as subvencións haberían ser decididas pola Xunta co sentido de país e equilibrio de servizos, por proposta dos concellos e operadores económicos e evitando contraprogramacións suicidas
Dende estes alicerces, a captación de voos debería ser coordinada. E as subvencións haberían ser decididas pola Xunta co sentido de país e equilibrio de servizos, por proposta dos concellos e operadores económicos e evitando contraprogramacións suicidas. Neste contexto sería posíbel certa especialización aeroportuaria, sempre que nos decatemos que os tres aeroportos están comunicados deficientemente co resto do territorio galego. Xa que logo se decidimos, por exemplo, que o aeroporto “x” monopolice a interconectividade galega coas Illas Británicas, ha existir, coma en Irlanda, un servizo frecuente de bus-lanzadeira que comunique ese aeroporto coas outras cidades, sexa cal for a remuda normativa que cumprise.
Se decidimos, por exemplo, que o aeroporto “x” monopolice a interconectividade galega coas Illas Británicas, ha existir, coma en Irlanda, un servizo frecuente de bus-lanzadeira que comunique ese aeroporto coas outras cidades
Os aeroportos serven para conectar Galicia co resto da Europa, nomeadamente para garantirmos unha ampla e conveniente achega de turismo destes países e do resto do mundo. Cumpriría decatármonos que este, o turismo, é o obxectivo principal e non, pola contra, as conveniencias do pequeno grupo de galegos que usan decote os aeródromos.
Nos aeroportos, como en tantas outras cousas, o problema chámase centralismo. E o centralismo chama polo localismo e pola ineficiencia. Galicia ten que xestionar a súa política aeroportuaria e esta basearse nos seus tres-si, tres- aeroportos.