Temos unha lousa enriba de nós e non somos conscientes. Unha lousa inexplicable, nun país con medios, con infraestruturas e con, pese ao noso empeño por menosprezamos, recursos humanos en canto á Animación Sociocultural se cadra dos máis poderosos e envexados de todo o Estado. Pero somos así. Gústanos premiar a mediocres. Gústanos sacarnos fotos como se de verdade estivésemos a facer algo importante.
Temos que conseguir transmitirlle que cremos na democratización da cultura, que estamos convencidos e convencidas de que a cultura nace de nós, por e para nós
Pero xa está ben, temos que conseguir explicarlle á cidadanía que é a Animación Sociocultural, que busca, e como se está a malgastar na nosa terra. Temos que conseguir transmitirlle que cremos na democratización da cultura, que estamos convencidos e convencidas de que a cultura nace de nós, por e para nós, e que temos que ter acceso libre a ela sempre.
Temos que conseguir encher casas da xuventude, centros cívicos, colexios en fin de semana ou pavillóns deportivos porque son nosos
Temos que conseguir encher casas da xuventude, centros cívicos, colexios en fin de semana ou pavillóns deportivos porque son nosos, porque nós somos a esencia da vida na rúa, e non queremos que nos digan o que nos gusta, queremos dicilo nós e facelo sen a súa axuda. Nin tan sequera queremos que veñan a felicitarnos. “Nós construímos, nós participamos, nós disfrutamos” esta é a nosa máxima.
Fartos de que a Animación Sociocultural sexa canalizada. Ata as narices da excesiva e incomprensible burocratización das nosas iniciativas
Fartos xa de que nos compren, fartos de que non escoiten iniciativas, que non escoite ideas … Fartos de que a Animación Sociocultural sexa canalizada. Ata as narices da excesiva e incomprensible burocratización das nosas iniciativas. Pois non, non é así. Nós queremos actividades que nos motiven, que nos fomenten a capacidade creativa. E non as queremos feitas, queremos construílas, queremos velas nacer, queremos ser artífices e protagonistas, non simples espectadores.
A Casa da Xuventude de Ourense foi un gran exemplo durante os anos 80. Fomentou un espazo de encontro no que cada asociación ou grupo informal tivera a palabra, e tivera a posibilidade de atopar a súa motivación intrínseca
A Casa da Xuventude de Ourense foi un gran exemplo durante os anos 80. Permitiu nacer a cultura, a través de cómics, fotografías, etc. Fomentou un espazo de encontro no que cada asociación ou grupo informal tivera a palabra, e tivera a posibilidade de atopar a súa motivación intrínseca. Tampouco falo dun mundo sen discusións … abofé que non!! Pero os conflitos son bos, sempre e cando sexamos canalizalos e resolvelos gañando todos/as. Estábase a facer Animación Sociocultural. Estábase a participar de xeito activo. Estábase a permitir a opinión e a crítica …
Falaba o gran Benito L. Losada, director durante máis de 35 anos da Casa da Xuventude, que a Administración ten que dotar á mocidade de medios, aínda sabendo que ía a ser criticada… Soamente deste xeito conseguiríamos unha sociedade máis crítica e, polo tanto, máis revolucionaria.
Non comparto ese discurso fácil que nos di que a mocidade está durmida. Para nada. Conseguímola durmir, pero todos sabemos que se trata dun sono lixeiro
Hoxe non comparto ese discurso fácil que nos di que a mocidade está durmida. Para nada. Conseguímola durmir, pero todos sabemos que se trata dun sono lixeiro. Estou convencido de que vai espertar, de que vai a dar un golpe na mesa para dicir basta. Esta é a Animación Sociocultural que queremos, que buscamos, especialmente dende o mundo da Educación Social … probade a abrirnos os coles en fin de semana; probade a deixar de condicionarnos, manipularnos ou amedrentarnos; parádevos a pensar que a cidade é nosa, e non para o estres e o consumismo despiadado. A ver que acontece entón...