Vacinas si... Vacinas non

*Dr. José Mª Dios Diz e Claudia Alonso Bermejo

Só unha administración irresponsable (exministra Ana Mato) non tivo en conta as consecuencias deste feito, producíndose a morte de persoas, en particular dous nenos, un en Arteixo e outro en Boiro, por non poñer a vacina da meninxite B

Últimamente está en cuestión o tema das vacinas. Determinados colectivos están en contra de que se usen determinadas vacinas. Outras persoas, sabendo da súa eficacia, as retiran: só unha administración irresponsable (exministra Ana Mato) non tivo en conta as consecuencias deste feito, producíndose a morte de persoas, en particular dous nenos, un en Arteixo e outro en Boiro, por non poñer a vacina da meninxite B (actualmente e a vista do sucedido, a vacina da meninxite B, suministrarase en farmacias galegas a partir do 1 de outubro do 2015). Outras 3 persoas no estado español, morreron,  pola retirada da vacina da varicela. Alguén terase que facer responsable da morte de persoas por unha decisión administrativa e economicista.

Definimos a vacina como unha preparación biolóxica que proporciona inmunidade adquirida activa, ante unha determinada enfermidade. Unha vacina conten un axente que se asemexa a un microorganismo causante da enfermidade e a menudo faise a partir de formas debilitadas ou mortas do microbio, as suas toxinas ou unha das suas proteínas de superficie. As vacinas son sempre para administrar de forma voluntaria. Non existe ningunha vacina obrigatoria.

A vacinación é o método máis eficaz de previr as enfermidades infecciosas

A vacinación é o método máis eficaz de previr as enfermidades infecciosas; a inmunidade xeneralizada debido a vacinación é en gran parte responsable da erradicación mundial da viruela e a restricción de enfermidades como a poliomielite, o sarampelo e o tétanos, na maioría de paises do mundo. A Organización Mundial da Saude (OMS) informa: que as vacinas autorizadas, están dispoñibles actualmente, para previr ou contribuir a prevención e control de veinticinco infeccións: Hepatite, Difteria, Polio, tétanos, Tos ferina, H. Influenzae B, Neumococo, Meningococo C, Sarampelo, Rubeola, Parotidite, Papiloma, etc.

En 1798 Edward Jenner, biólogo inglés, descubreu que inoculando material das lesións de viruela das vacas (de aquí o nome de “vacuna”) en humáns, éstos se inmunizaban (creaban defensas) contra a viruela humán.

No Estado español, existe a “LIGA para la libertad de la vacunación”, un movimento naturalista que máis que a liberdade, promulga a antiinmunización. Encabézao o médico Xavier Uriarte, que en 2003 publicou Los peligros de las vacunas (Ática Salud). Él, xunto co seu colega Juan Manuel Marín Olmos, autor de Vacunaciones sistemáticas en cuestión (Editorial Icaria, 2004), son seguramente as perosas máis significativas do movimento antivacinas no estado español. No libro de Uriarte, escribe: “Ante calquera das enfermidades, tanto eruptivas […] como non eruptivas (difteria, tos ferina, polio, gripe, hepatite...)  a actitude máis axeitada é deixar transcurrir o proceso natural da enfermidade”.

Federico Martiñón, Pediatra do CHUS e coordinador do grupo de Genética, Vacinas e Infeccións, afirma “a non vacinación é unha intervención tan activa ou máis que a sua contraria; os riscos reais de non vacinar son moi superiores os mínimos riscos teóricos que poden supoñer a vacinación”. E tamén dí: “Os grupos antivacinas, son uns charlatáns....ísto debe facer replantearse as consecuencias da non vacinación”; o descrito, vale para estos grupos de irresponsables, pero tamén para unha administración que só mira as cuestións economicistas, en lugar de mirar pola saúde pública xeral da TODA a sociedade.

A morte en Olot (Catalunya) dun neno de 6 anos por Difteria, por unha enfermidade perfectamente controlable pola vacinación, mostrou da forma máis dura posible as consecuencias da non vacinación

A morte en Olot (Catalunya) dun neno de 6 anos por Difteria, que os seus pais non quixeron vacinar, en xuño do 2015, por unha enfermidade perfectamente controlable pola vacinación, mostrou da forma máis dura posible as consecuencias da non vacinación. Pero non pasa só no estado español: en EEUU acaba de morrer unha muller por sarampelo, un días despois de que as autoridades endurecesen as suas leis de inmunización, nun intento de frear a expansión de colectivos antivacinas.

No tema da vacina da varicela, o sucedido é sangrante. Primeiro retírase por parte do ministerio de sanidade (Ana Mato), logo sucede o d@s nen@s mort@s.......... e en agosto do 2015: volve incluirse no calendario vacinal! Quén se fai responsable do sucedido? Valeu a pena, por cuestións economicistas, deixar de ter esta vacina no calendario?  A SESPAS (Sociedad Española de Salud Pública y Administración  Sanitaria) dí: “adoptar decisións sobre vacinas, sin a información científica suficiente, é arriscado e non é unha política de saúde sensata. Non existen estudos solventes, de coste-efectividade e de coste-oportunidade, que avalen a decisión do Ministerio”.

Pode unha administración facerse cargo de 4-5 mortos o ano, e non introducir unha vacina que sabemos salva vidas?

A pregunta é obvia, qué fan cos seus fill@s? @s vacinan sin ter informes de coste-efectividade, ou pasan deste tema? É responsable, basarse neste tipo de informes para introducir ou non, unha vacina que se sabe da súa eficacia? Pode unha administración facerse cargo de 4-5 mortos o ano, e non introducir unha vacina que sabemos salva vidas? Contradecindo a SESPAS, a  AEP (Asociación Española de Pediatría) dí: “pasar a varicela, crea inmunidade, pero un porcentaxe non despreciable de nen@s, sofre complicacións derivadas, e aínda que non é frecuente, cada ano temos algunha morte. A AEP considera que a vacina si é coste-efectiva e explica que a inmunidade da vacina da varicela, é de larga duración”.

Cómo explicamos @s cidadáns esta contradicción? Por qué son @s máis débiles @s que sofren as decisións da administración?

Por qué son tan fortes c@s débiles e tan débiles c@s fortes?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.