Cada acto que cada unha de nós realizamos diariamente ten un impacto brutal no total da poboación mundial. Pode non parecelo, pero o acto que racionalmente unha fai buscando a paz e o equilibrio, é o mesmo que loxicamente poida facer outra persoa. E así, xuntamos milleiros.
Israel é actualmente un país que viola sistematicamente os Dereitos Humanos de toda unha poboación: do pobo palestino. Falamos de masacres que levan máis de medio século tendo lugar
Pero a apatía, a comodidade e o “hai máis cousas que tamén están mal” adoitan ser máis fortes e levarnos vantaxe. Por ese exacto motivo, debemos remar máis forte e berrar máis alto.
Son estes os motivos que me levaron a ser activista. Creo no ser humano e na súa Humanidade sobre moitas cousas e creo que, ao mesmo tempo que somos quen nos está destruíndo, somos os únicos que nos podemos salvar. Con toda a complexidade que leva a conxugar esa frase.
Falando de Humanidade, apatía e salvar, non podo evitar pensar no que acontecerá esta noite en Israel, o seu maior lavado artístico de cara a Europa. Israel é actualmente un país que viola sistematicamente os Dereitos Humanos de toda unha poboación: do pobo palestino. Falamos de masacres que levan máis de medio século tendo lugar. E non pretendo eu facer unha labor xornalística aquí falando da situación palestina actual, pero unha vez somos conscientes dos bombardeos, da ocupación e da apartheid que sofren, podemos chegar a entender o que estou intentando transmitir.
Cada vez que me toca falar de violacións masivas de Dereitos Humanos fago unha analoxía co Terceiro Reich. Recorrente, pode que repetitiva, pero infalible aos meus ollos. O Holocausto é visto na actualidade como a maior masacre da historia. Non lle vou poñer máis ferro nin quitarlle un pouco. Vouno comprar como vén.
Unha das preguntas que máis se repite cando unha enfronta un tema como este é: por que a xente non fixo nada? Por que o mundo non puxo freo?
Unha das preguntas que máis se repite cando unha enfronta un tema como este é: por que a xente non fixo nada? Por que o mundo non puxo freo?
Por apatía, queridos. Apatía, comodidade e “hai máis cousas que tamén están mal”.
Ah, “e ti soa non podes arranxar o mundo”.