Viaxe a unha praza

Isto é exactamente o que  nos sucedeu. Non é a historia rusa; é simplemente unha historia rusa.

John Steinbeck

Na  miña biblioteca non abundan nin os libros de viaxe nin os libros de viaxe de superficie (ela esta ocupada por libros, propios dun home inmóbil, que hoxe X. L. Méndez Ferrín non incluiría no que el chama literatura universal de superficie) e por iso cando decido a onde ir en vacacións sempre dubido.

Porén este ano non hai dúbida. Unha praza de Ourense na que sentar a beber un viño do Ribeiro e observar e observar e logo anotar no meu caderno gris toda a xente que pasou por diante dos meus ollos sen necesidade de inventar a ninguén.

*

Lugar: Praza de Paz Nóvoa . Café Vincent.
Viño: San Clodio.

*

Cando decido a onde ir en vacacións sempre dubido, porén este ano non hai dúbida. Unha praza de Ourense na que sentar a beber un viño do Ribeiro e observar e observar e logo anotar no meu caderno gris toda a xente que pasou

Durante oito días e sete noites sentei na praza do famoso avogado ourensán a tomar un viño e a observar e observar e logo anotar no meu caderno toda a xente que pasou por diante dos meus ollos sen necesidade inventar a ninguén. Un ex-presidente da Deputación inhabilitado cunha escritura notarial debidamente grampada debaixo do brazo e que podía pasar sen ningún tipo de problema como un exemplar dunha novela a enviar ao premio de novela Blanco Amor, un xadrecista, un avogado retirado experto en facer .., un opositor a policía local, un militante socialista furioso porque non recibiu unha chamada do gabinete do presidente do goberno, un ex-porteiro do Ourense, tres aspirantes a poeta da ourensanía, unha Miss Ourense que parecía saída da novela de Bieito Iglesias, un detective que de canto parecíase a Horacio Dopico, un parvo, unha profesora miña do Colexio Curros Enríquez, un home duns corenta anos e  de bo ver que levaba un vinilo dobre de Johnny Halliday, un procurador dos tribunais en bicicleta, un turista guatemalteco cunha camiseta branca dun dinosaurio, unha notaria que sabe que a única maneira de precipitarse ao fondo da alma humana é lendo Almas Mortas de Gogol e LP de Lois Pérez, Juan Tallón e o seu diario do mundial, un dj que pon sempre a mesma hora a mesma canción de New Raemon, un axente de seguros que estaba comentando ao seu mellor cliente se non lera o último artigo no Progreso de Lugo de Manuel de Lorenzo, unha xubilada que reitera que segue estando cañon, o alcalde da cidade e un rentista sen rentas (a espera de herdar como Paul Auster e así poder escribir dunha vez a gran novela da Avenida da Habana da que ten xa o título: Os camiños máxicos da Avenida da Habana)...

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.