Violencia de xénero. Descubrindo a pólvora, como case sempre, tarde e mal

CC-BY-SA Praza Pública

Cando hai cinco anos botaba a andar Si, hai saída, a asociación de axuda a vítimas de violencia de xénero da que formo parte, tiñamos moi claro que unha parte fundamental e básica do noso traballo ía ser tentar paliar no posible unha das eivas mais grandes que existían na atención as mulleres que sufren malos tratos: O acompañamento cando acuden a denunciar e no proceso posterior, tan duro ou mais que o momento da denuncia.

Acometimos esa labor desde o minuto cero, e fumos conscientes do importante que era, e segue sendo, obviamente, a nosa compaña para as vítimas.

O medo, o estado de confusión no que chegan a comisaría, a incerteza ante o seu futuro e, en moitos casos tamén o dos seus fillos, o descoñecemento do proceso que lles agarda despois de denunciar, unidos a unha, as veces, cuestionable atención, ou non todo o boa que sería de desexar, xa que a empatía e a sensibilidade non sempre están presentes neses despachos onde, diante dunhos policías que, en moitas ocasións, por moita formación que teñan, algo que non poñemos en dúbida, non son quen de amosar un mínimo de comprensión, de agarimo, limitándose a levar adiante unhos trámites de xeito mecánico, frio, sen decatarse de que teñen diante a unha muller, a un ser humano, totalmente destrozado, fan que esa tarefa, unidas ao asesoramento que lles prestamos, cobre unha especial relevancia.

Nun tempo case récord non só teñen que contar a súa historia unha e outra vez, unha historia que, agás contadas excepcións, ven de moi atrás, e arrastra moita dor, moito sufrimento, e que culmina con ese episodio mais grave ou mais violento que as levou a es comisaría, se non que deben tomar decisións, dar respostas a cuestións que, nin coñecen na maioría das ocasións, nin están en condicións de facelo coherente e obxectivamente, o que pode implicar graves e tal vez irremediables consecuencias para as súas vidas.

E eso no mellor dos casos, porque non son raras as ocasións nas que se sinten cuestionadas, xulgadas e mesmo non cridas.

Esgotadas física e emocionalmente, unha man que colla a súa e que lles faga sentir que non están soas é fundamental.

E non remata ahí.

O noso contacto coa vítimas continúa unha vez que saen desa comisaría, e non estou a referirme tan só ao feito de acompañalas ao Xulgado, que, por suposto, é algo que tamén facemos, se non que se fai extensivo a estar con elas cando teñen que acudir, por exemplo, a entregar aos seus fillos ao Punto de Encontro Familiar, a prestar declaración diante do xuiz, etc, etc.

O seguemento que, desde que chegan a nos, iniciamos, pasa a convertirse nunha constante, xa que son moitos os momentos nos que lles xurden dúbidas, temores, nos que precisan falar, que alguien as tranquilice, que lles dea unha man, ou que levante un teléfono e as escoite e lles diga que vai estar ao seu carón, que vai loitar con elas., 

Ese contacto pode durar mesmo anos, porque un proceso de violencia de xénero non é un catarro, para o que tomes unha Aspirina e desaparezca. 

Hai moitos atrancos no camiño, moitas idas e vidas, e non se pode baixar a garda, hai que estar ahí cando te necesitan


Tamén vixiamos de xeito especial que a protección que se lles debe prestar a aquelas mulleres e menores que a precisan por atoparse nunha situación de risco se leve a cabo do xeito correcto, dando a voz de alarma se isto non se fai, e mesmo suplíndoa as veces.

Para Si, hai saída non hai días festivos, nin vacacións, nin pontes. O mesmo da que sexa verán ou inverno.

Sempre, do mellor xeito posible, dado que nos mesmas somos os nosos propios recursos, tentamos estar ahí , porque nunca se sabe cando imos ser precisas, e a axuda a vítimas da violencia machista non pode ser doutro xeito. 

Non ten datas, nin horarios, nin vacacións, porque tampouco o maltrato os ten. 

De feito, adoita estar mais presente nas datas de lecer, algo que sempre se debería ter presente, xa que precisamente nelas, cando mais o precisan, a súa desprotección é maior, por mor das vacacións e a falta de persoal.

Non descuidamos tampouco o asesoramento legal, que un equipo de profesionais, sen remuneración algunha, lles ofrecen todas as veces que precisen, aclarándolles cantas dúbidas lles xurden, que, como é ben doado de entender, son moitas e contínuas.

Sabemos moito de noites sen durmir, de horas e mais horas nunha comisaría ou nos pasillos dun xulgado, de chamadas de madrugada, de choros, de pánico, de ansiedade.

Tamén, e eso non podemos esquecelo, algo imposible, nin obvialo, de agarimo, de agradecemento, de apertas que o dín todo, de mensaxes de supervivintes que che dan os folgos para seguir loitando ata onde faga falta, de bicos de pequerrechos para os que somos a imaxe da esperanza.

Eso é impagable, e non o cambiaríamos por nada!. 

Todo isto, por suposto, compatibilizando a nosa actividade o mellor que podemos cos nosos respectivos traballos, porque nos non vivimos da asociación, ninguén nos financia, algo, que quede claro, polo que optamos.

Non saímos nas fotos, prácticamente ninguén se fai eco do noso traballo, pero estamos ahí, calada pero constantemente, porque o noso si é vocacional, porque realmente cremos no que estamos a facer e ningunha outra motivación nos move.

Por qué estou a contar todo isto?.

Pois moi sinxelo. Porque levo días tentando dixerir e mesmo comprender unha nova medida, ou polo menos o xeito de plantexala, que a Xunta anunciou hai pouco mais dunha semana é que é como mínimo, e con todo o respecto o digo, indicativa de que, en cuestión de violencia de xénero, como desde Si, hai saída repetimos tantas e tantas veces, a realidade de quen a sufre é unha auténtica descoñecida, e así pasa o que pasa. Non pode ser doutro xeito.

Por mor dun acordo asinado co Colexio de Traballo Social, e vaia por diante o meu respecto por este colectivo e polos seus integrantes, un grupo de profesionais ao que a prensa define como un “pequeno pero poderoso exército”, van instaurar un “turno de oficio” que se vai a encargar, básicamente, de acompañar as vítimas a comisaría, previo aviso, por mor dun protocolo, desde a propia comisaría ou o xulgado, e terán o cometido, din, de detectar as necesidades da vítima e de apoiala na súa toma de decisións, así como nas xestións posteriores e informalas dos recursos a dos que poden dispoñer. 

Dito doutro xeito, o que levamos facendo os demais moitos anos, e non necesitamos, ademais, tanto tempo para decatarnos do necesario que é, nin, desde logo, lle demos tanto bombo.

Din tamén que van concienciar aos Corpos de Seguridade, porque fan o seu traballo, pero non sempre están sensibilizados ou teñen toda a información.

Perdón?????.

Canto tempo levamos alertando as que si vivimos o día a día das vítimas desta realidade? Ou acaso é algo que comezou a suceder últimamente?.

E o colmo dos colmos é que afirmen que “os axentes non teñen por qué saber facer ese traballo”.

De traca!!!.

Anos loitando para que a Policía teña a formación necesaria para exercer a súa función coas vítimas, pero agora, de súpeto, resulta que non é preciso, que o mesmo da que o policía encargado estea formado e teña unha elemental e mínima empatía ou sexa un “garrulo”, con perdón, de marca maior, e con sensibilidade cero, que para eso chega ese “exército”, que, francamente, non sei por qué non comezaron a exercer antes os seus milagres e que, polo que se ve, asumirán tamén as eivas, se é que as hai, e as labores policiais.

Igual así, esa lista arrepiante de mulleres asasinadas era un chisquiño mais curta.

Aclaran, eso sí, que non van facer seguemento.

Home claro, faltaba mais!

Estar alí, na comisaría, que te vexan, que cobres por eso, porque supoño que o seu traballo será remunerado, e se non é así pido desculpas, está moi ben, pero xa despois, ter que estar pendente cada vez que a muller lle xurde unha dúbida, cada vez que hai que acompañala porque teme cruzarse co seu agresor, ou cando a ansiedade a afoga e se aferra ao teléfono desesperada para que a escoiten, a calquera hora do día ou da noite....eso xa é outro cantar, porque ocupa moito tempo, e altruismo si, pero sen pasarse!. 

Pero o que mais rechía de todo é que tivéramos que chegar ata aquí, ata o ano 2019, cunha lista arrepiante de vítimas da violencia machista, para que se descubrira a pólvora, ou, o que é o mesmo, a necesidade dese apoio.

Non é de estrañar, visto o visto, que a violencia de xénero medre e medre sen parar.

Se estamos así a estas alturas, mellor nin imaxinar o que nos agarda.

Ogallá ese “exército” poida paliar o feminicidio que nos asola. 

De verdade que non o digo por dicir, Como tampouco digo por dicir que a teoría está moi ben, e é unha cousa, pero a práctica, o vivir a dor, a impotencia, o medo, destas mulleres, dos seus fillos, sobre o terreno, día a día, outra moi diferente. Eso non hai universidade que o ensine. 

Hai que vivilo.

Se a finalidade é a que se dí, se realmente se quere construir e non acadar méritos, a voz, a colaboración, a interactuación, cos que realmente coñecemos o que é a violencia de xénero, sería non importante, se non fundamental, ademais dun xesto de cortesía, todo hai que dicilo, porque, ao fin e ao cabo, ese oco que semellan acaban de descubrir, hai anos que nos o estamos enchendo, ou polo menos, facemos todo canto está nas nosas mans para que así sexa.

Un chisquiño de humildade, e recoñecer que a nosa labor, malia que non ten tanta sona, nin estea tan recoñecida social e políticamente, e mesmo moleste moitas veces, de algo serve, podería ser un primeiro e importantísimo chanzo para iniciar unha loita conxunta que sería o único xeito de avanzar e tentar que a nos, as mulleres, aos nosos fillos, deixen de matarnos.

E guste ou non guste admitilo, ninguén, agás quen o vive de primeira man, poderá dar unha información mais veraz, e que redundaría no beneficio das vítimas, que se supón é do que se trata.

Porque isto non vai de levarse méritos. Ou si?.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.