Xogo de caloteiros

Feijóo ven de propór reducir 14 deputados do Parlamento (de 75 a 61), cun aforro neto anual de 1,25 M€. Claro é que os 14 deputados que suprime non son proporcionais, senón que se corresponden coa máis poboada Galicia atlántica (circunscricións da Coruña e Pontevedra) onde o escano valerá uns 60.000 votos,mentres que nas circunscricións luguesa ou ourensá custará só uns 28.000. Eis, esta reforma vai facer que o voto dalgúns galegos teña unha valor dupla ao doutros.

O aforro proposto podería mesmo duplicarse mantendo o mesmo número de deputados e reducindo as súas retribucións á contorna de 3300 €/mes

Velaí que a tal reforma sexa un calote que tentan pasar por inxenua medida aforradora. Porque o PP, consciente do seu inexorábel e acelerado recuar electoral, quere rachar as regras do xogo no tempo de desconto para poder tirar un penalty no minuto derradeiro.

O aforro proposto podería mesmo duplicarse mantendo o mesmo número de deputados e reducindo as súas retribucións á contorna de 3300 €/mes, cinco veces o salario mínimo interprofesional, que semella unha digna retribución para as circunstancias da Galicia actual. Ésta é a proposta de Compromiso por Galicia e habería ser ben considerada e mesmo apoiada por unha oposición parlamentaria (PSOE e BNG) que semellan absolutamente deslocados diante do calote de Feijóo.

Mais Feijóo sinalou o camiño; falemos de grandes recurtes nas estruturas administrativas. Principiando pola supresión das 4 Deputacións e dos seus 108 deputados provinciais galegos, cos seus catro Presidentes e moitos Vicepresidentes á fronte. Porque son estruturas ademocráticas, caciquís, ineficientes e absurdas desque existen as Institucións autonómicas galegas. E sigamos co Delegado do Goberno e cos 4 subdelegados do Goberno e demáis servizos da Administración periférica estatal na Galicia. Para rematarmos cos Ministerios de Sanidade e Asuntos Sociais, Educación, Cultura e Deporte, Medio Rural e Medio Ambiente e Industria e Comercio, que non teñen rol ningún que desenvolver existindo os Gobernos autonómicos e os Ministerios de Economía, Facenda ou Fomento.

A arrincadeira

A AP-9 do Atlántico conecta o noso eixo atlántico e, xa que logo, o 70% da nosa poboación. E a N-550 é impracticábel, polo que non representa  unha alternativa sen peaxe como as que ten Madrid ou as infraestruturas que a conectan radialmente co resto do Estado. Do 1 de xaneiro ao 1 de setembro a suba das peaxes na Galicia sobardará o 20%.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.