Rajoy láiase do cambio de nome da rúa Salvador Moreno
O presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, laiouse nunha conversa con militares en Costa de Marfil de que "agora" en Pontevedra lle "quitasen a rúa ao almirante Salvador Moreno", na que residiu, algo que sucedeu "non se sabe por que". A denominación da rúa foi remudada a pasada década pola de 'Rosalía de Castro' para que o rueiro deixase de homenaxear o devandito militar, que participou no golpe de Estado de 1936 e foi ministro da Mariña con Franco. As súas verbas foron captadas pola Cadena SER.